terça-feira, 1 de abril de 2008

A Revista Retranca


Boas a todos,
brevemente, porque tenho algo de presa...

Ponho no vosso conhecemento a Revista Retranca: publicaçom mensual de humor gráfico galego. Cómo nom, retranqueiro. Todos sabemos que o humor é umha cousa moi séria. Máis informacíon, aqui.

Colaboram dende Miguel Anxo Prado até Pinto & Chinto. Se alguem dos que estades em Galiza mercades algum número, ja me comentaredes que tal está o asunto. Penso que temem um se pode susbcreber por correio, eu tentarei-no. "El Jueves" a verdade é que últimamente ja nom me fazia rir moito...

Velaqui vos deixo uns videos da apresentaçom da revista:






Graças Gon pola informaçom!!!
Vou-me que estou num descanso dumha conferéncia!!!!

6 Comments:

Marta said...

Eu xa coñecía a existencia da revista,pois algún que outro colaborador da mesma, como Añberto Guitián, forma parte da asociación de ilustradores galegos na que estou.
Non tiven a oportunidade de vela aínda,pero ten moi boa pinta. A ver se a atopo nalgún quiosco. A verdade e que o Jueves debería renovarse. Leva moito tempo coas mesmas seccions e a mesma fórmula que xa aburre. Que xubilen ao doctor cojonciano, xa (A clarita que a deixen que me gusta).

Marta said...

Bueno, pois xa conseguín un exemplar da revista, o nº 5 "O cambio climático". É unha revista de pequeno formato e non excesivamente saturada de información nin de cómics. Léese rápido. Non está mal, ten cousas moi coñeras.
Como xa a lin, e hai que reciclar, se queres podo mandarche este exemplar por correo, non abulta nada colle nun sobre A5 (a metade dun folio), so pásame a tua dirección ao meu e-mail. Se che mola podes suscribirte a ela, vale 2,20. Se cha mando xa me imaxino aos ianquis, pasandoa por raios x, ou abrindoa e crendo que se trata de propaganda terrorista...Uf!, estoumo pensando...

O'Chini said...

Hei!!! Si! Por suposto! Amanhá che mando um emilio co meu endereço. Moitas graças!! Se merece a pena suscribirei-me, hai que apoiar estas iniciativas para que durem algo, que se nom....

Marta said...

Boa noticia: A revista retranca acaba de levar o premio do público á millor revista, no recente saló do comic de barcelona!

Marta said...

Boas, que saibas que xa te mandei onte a revista por correo normal, non sei canto tardará en chegar. Igual 15 días. A ver se te mando tamén a que merquei este mes. Apertas...

O'Chini said...

Ui! Que bem! Tam pronto chegue ja ponho um chiste no blog!! Gracas Marta!!!