quarta-feira, 28 de julho de 2010

Carod celebra la prohibición porque es "una tortura" por más "celebración catalana" que sea

Como sempre, a anos luz da Meseta e as suas colónias....

El Parlament de Catalunya ha aprobado prohibir las corridas de toros por 68 votos a favor, 55 en contra y 9 abstenciones, en una votación en la que no ha participado sólo uno de los 135 diputados. La modificación de la Ley de Protección de Animales entrará en vigor el 1 de enero del año 2012.

http://www.xornal.com/artigo/2010/07/28/sociedad/cataluna-prohibe-toros/2010072811435000732.html

terça-feira, 27 de julho de 2010

Incidentes em Santiago no Apostolo

Piden sancións para un policía que ameazou unha moza por falar galego
O BNG demanda medidas disciplinarias contra este axente e denuncia intimidacións por portar bandeiras galegas

A actuación de varios policías antidisturbios durante a pasada fin de semana en Compostela desatou a polémica. Segundo denuncia El País, un axente advertiulle a unha xornalista andaluza do mesmo medio que podía levar “unhas hostias” despois de agarrala polo brazo e de lembrarlle que en Santiago “no hay nada que se llame Pescadería Vella”. “Se llama Pescadería Vieja y tú, que eres de fuera, deberías saberlo”, díxolle o policía a unha periodista que preguntou a un viandante como chegar a esta praza, para o que utilizou o seu nome oficial, en galego.

Pouco despois, o axente, que vixiaba na Alameda unha concentración de mozos independentistas, convidou a agredida a marchar antes de cargar contra os manifestantes. “Corre, no vaya a ser que te demos unas hostias”, advertiulle, segundo asegura o propio medio. Pouco despois, varios mozos provocaron desperfectos no mobiliario urbano e nun coche da Radio Galega.

Non foi a única denuncia. Outro medio, o dixital Galiciae, asegura que outra xornalista –que ía acompañada doutras catro rapazas– foi intimidada por un axente que preguntou ao grupo se tiña algún problema por que el non falase galego. “A ver si camináis tan lento cuando vaya detrás de vosotras; tú, con lo gorda que estás, seguro que debes de andar cerca de los noventa kilos”, disque lle dixo o axente ás mulleres entre risas.

Non quedou todo aí. Segundo asegura o BNG, A Mesa e varias persoas anónimas, foron varios os policías nacionais que impediron o acceso de moita xente a distintos puntos da cidade compostelá por portar bandeiras galegas.

Por todo isto, o portavoz do Bloque no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que demanda ao Goberno que adopte medidas disciplinarias contra o a axente que intimidou a xornalista “por ser respetuosa e utilizar a denominación oficial da Praza da Pescadería Vella”. “Sobran palabras para describir a violencia, o odio e a agresividade do axente policial”, asegura o deputado nacionalista, que pide a apertura inmediata dunha investigación e que se adopten as medidas pertinentes.

O mesmo solicita A Mesa pola Normalización Lingüística, que pide a Interior “unha investigación seria, transparente e profunda sobre os repetidos casos de criminalización da lingua galega e dos símbolos galegos por parte da policía”. Carlos Callón, presidente da entidade, cre que actuacións como as denunciadas son unha “tentativa deplorábel e antidemocrática de criminalizar o idioma propio”.

Tanto a entidade a prol da lingua galega como o BNG denunciaron tamén que a Policía Nacional “impediu a moitas persoas o acceso a distintos puntos da cidade por portar bandeiras galegas no Día da Patria”. “Incluso houbo axentes que puxeron impedimentos para acceder con bandeiras á manifestación do Bloque na Praza da Quintana”, asegurou Jorquera, que pregunta ao Goberno central se vai investigar os feitos e se vai tomar medidas contra o antidisturbio que ameazou a xornalista andaluza.

segunda-feira, 26 de julho de 2010

chuza! fechou :((

Tal como foi anunciado chuza! pechou as súas portas o domingo 25 de xullo de 2010 ás 23:59 logo de máis de 4 anos de funcionamento. Se fuches usuario, visitante ou tes curiosidade polo seu futuro agardo que esta información che sexa de utilidade.
Onde vai a comunidade?
Pois estas úlitmas horas antes do peche houbo dúas propostas por parte de varios membros da comunidade:
A primeira é mudarse á rede social de novas portuguesa DoMelhor, aló foron varios usuarios e xa teñen actividade no sitio.
A outra proposta xurdiu por parte doutro grupo de usuarios e propón darlle continuidade ao proxecto creando un novo chuza xestionado pola comunidade, para organizarse hai estas dúas páxinas:
Unha idea na plataforma de crowdsourcing Galegolab que de momento está moi incompleta á falta de máis definición.
Un grupo en Google Groups como método de comunicación entre a xente interesada en continuar co proxecto
Que vai pasar agora
Nos próximos dias anunciarase a apertura do arquivo estático de chuza para a súa consulta online.
Calquera novidade a maiores será anunciada nas seguintes páxinas que polo momento siguen funcionado:
A wiki de chuza
A conta de twitter @chuza
O grupo de Facebook
Que máis?
Darvos as grazas por todos estes anos de colaboración. Agardo que esta comunidade non desapareza e atope o seu acubillo aló onde se sinta máis cómoda.
Eu paseino moi ben. Vémonos.
–Berto Yáñez (bertez@gmail.com)

http://chuza.org/

sábado, 24 de julho de 2010

Fecha Vieiros :(

Até sempre
Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.

Lois Rodríguez - 00:00 24/07/2010
Nacemos cando a rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante.

Vieiros foi desde o comezo unha iniciativa aberta e independente, que pretendeu abeirar a toda a comunidade de galegos alí onde estiveren, na crenza de que Galiza non é só un territorio, senón tamén un espazo de comunicación. E nese espazo, Vieiros converteuse no cerne de múltiples proxectos, tanto propios como alleos. Do seu impulso xurdiu o primeiro especial electoral on-line (Eleccións Galegas de 1997), a primeira ciber-charla cun persoeiro (Isaac Díaz Pardo), o primeiro vocabulario sexual realizado coa colaboración dos lectores, a primeira experiencia de creación literaria en rede (Por conto alleo, de Camilo Franco), ou a creación de ‘A Polo Ghit’, o primeiro concurso da canción galega do verán.

Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo . Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia.

Mais foi o labor informativo diario o que consolidou Vieiros como medio de referencia da Internet galega, sobre todo a partir do Prestige, cando -cun esforzo informativo sen precedentes- acompañamos a resposta social diante da catástrofe mentres a meirande parte dos medios maioritarios miraban cara a outro lado.

Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado.

En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza.

Este proceso levou ao peche da outra empresa e de forma inmediata deseñouse xunto cos traballadores un plan de viabilidade para salvar Vieiros, cousa que non foi posible dada a gravidade da situación, á que houbo que sumarlle o duro golpe da crise económica.

Foi pois un ano moi difícil no que empresa e traballadores intentamos de todos os xeitos manter acesa a estrela de Vieiros, pero chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable.

Foi un pracer. Até sempre.

Lois Rodríguez, editor de Vieiros

http://www.vieiros.com/nova/80362/ate-sempre

Eu digo: Pero nom poderám com NÓS. Co povo que ainda tem consciéncia e se nega a ser rabanho mal guiado. Resistiremos!

Já é um clásico

Pero dadas as circunstáncias, volve a estar de moda...
Substituam "paco vazquez" por "feijoo" e já está.

quarta-feira, 21 de julho de 2010

Ochentada, como mola!!!

Tema mítico dos 80. O cantante parece o doble de Patrick swyze (como se escriba!). Ay, omá que rico!!!! É o típico das portadas da "Superpop". Que volta a adolescencia!!! Hehehe, pero o vídeo é bastante orixinal :)

sexta-feira, 16 de julho de 2010

Hai moito tempo, nunha galaxia moi lonxana...






Lembranzas ZangallaMangalleiras

Non teño moito tempo para elaborar moito o "post"

Só que onte foi 15 de xullo de 2010 e exactamente se cumprían 10 anos da participación de Zángalla Mángalla na primeira edición do "Escenario Runas" do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira... aaaaaaaaai, está claro que calquera tempo pasado... foi anterior! ;D

Bicos e apertas "atutiplén"

sábado, 10 de julho de 2010

Desde Melide, pertinho de Compostela.

Muito car@s amig@s!

O caminho chega ao fim. Estou em Melide, apenas a 50 km. de Santiago, a segunda estou ai. Mas nom vou parar, vou tirar até Fisterra, como na origem desta velha aventura, onde o home nos seus albores procurava o fim do mundo, ali onde o sol afogava. Irei com os meu companheiros de viagem, os amigos que fum atopando, com os que continuo a coinzidir. Parez que hai anos que partím da casa pra começar caminhar, porém o tempo correu e amanhá levarei trinta dias de caminhada. Estou mui a desgosto com o caminho na nossa Terra, inçado de negócios, de feismo e de gente; gente que nem é caminhante nem nada, parez que vam de feira, em grupos de deceas de persoas, sem mochila, com carro de apoio, montando ruido, arrasando com todo, emporcando, e acaparando as pousadas pra os que levam caminhando já ha muito tempo. Em fim, agora o caminho aqui já é outra cousa.

Continuo a conhezer gente, mas nom tanta nem tam interesante coma antes. Continuo a coinzidir com o meu amigo Takumi; os outros, ou vam por diante ou vam por trás. Eu conto voltar a Santiago pro 16 deste mês, pra ir cear com varios de-les e logo leva-los de festa. Conto com todos vós esse di pra que nos acompanhedes!!

Os pês?! Pois curados do todo, com as marcas das bochas e as dores dos passos, mas tam afeitos a caminhar que nom haveria problema pra regresar a Roncesvalles desde Santiago, se puidera faria-o sem pensa-lo. Seria muito, nom?

Aqui vos deixo pois este meu último post do caminho, aguardo ver-vos pois! Que gostedes das fotos.

Um abraço!

P.S: Por certo Foncebadón nom está nos Ancares leoneses, está um pouco antes. Perdom!


Gato leonés.
Subindo ao Cebreiro.
Rubias galegas.
Desde o Cebreiro.
Os meus respeitos pra Terra.
Alborada desde o Alto do Poio.
Mais alborada.
Antes de Palas de Rei.
Refrigério.
Entrada a Melide.

quinta-feira, 8 de julho de 2010

Reflexión futboleira


O de onte foi unha bofetada ao centralismo. Explícome: 6 xogadores da canteira da Masía; os de Madrid (quitando a Casillas e Torres) da canteira vasca (sobran comentarios) e do Sevilla (un equipo que xa leva un tempiño facendo ben as cousas e traballando cos rapaces). Outro máis da canteira asturiana (Sporting, penso) e a Capdevila non o teño fichado pero con ese apelido...
Os comentaristas de Cuatro desfacíanse en halagos ao xogo xenuinamente español, con estilo propio, inimitable, inigualable, marca da casa... da casa de Cruyff e Guardiola. Por riba o gol marcouno un tal Puyol, iso si, grafía alterada no seu apelido (isto é outra historia filolóxico-política).
E aínda os hai que nos bares increpan aos que apoian ao Barça porque "non son españoles" (léase co españolismo e con acento de Cacheiras).
Eu prefería non ser español e que o Arenteiro fose campión de Europa con 8 rapaces do Carballiño. Vós non?

5a sinfonia de Beethoven

... en plan salsa!!

sábado, 3 de julho de 2010

Unha pregunta zangalla-mangalleira

¿Sería posible recopilar todas as fotos e videos de Zangalla Mangalla nun DVD?. Gustaríame que ese tesouro se puidese compartir. Apenas teño as fotos dos concertos, e faltame algun, non te digo os videos. Se os vexo agora botaría unhas boas risas, molaríame. Un vaise facendo maior e verse ahí de crio, hehehe....

Teñenme dito que as fotos e negativos as ten Maika e nunca as devolveu, creo que sería hora de pedirllas seriamente e se as perdeu que o diga, aing! inda que haxa que contratar aos cobradores do frac ese...(Eu non teño inconvinte en acosala se alguén me da o seu numero de telefono :P).
Pois iso que me molaría ter todo ese material, ¿Que opinades?

sexta-feira, 2 de julho de 2010

Mesagem institucional de Rajoy para o dia o orgulho gay

quinta-feira, 1 de julho de 2010

Desde Foncebadón, nos Ancares leoneses, a case 1.500 metros de altitude.

Vidrieiras da Catedral de León.
Bar Hippy-guay! Em Reliegos, León.
Palácio episcopal de Astorga desenhado por Gaudí.
Pelegríns X.
Boneco feito por pelegrín.