terça-feira, 22 de abril de 2008

Xa eran Horus!

Diante das inúmeras peticións (en realidade 2 ou 3), velaí van algúns retallos das miñas recentes vacacións pola ribeira do Nilo. O conto é que a María tiña que coller unha semana de vacacións obrigada pola súa empresa, e xa que ir en 7 días a Rumanía a visitar un primo de María era moito lío de "rayaneres", aeroportos, trenes, aduanas e demáis, finalmente atopamos unha oferta interesante para viaxar ata Exipto (oxalá todas as violacións dos dereitos laborais de María sexan tan de proveito coma esta!). A viaxe foi espectacular, pero iso si, foi unha viaxe arquetípica de guiri, con axencia de viaxes e paquete turístico incluído, con cruceiro polo Nilo e con hoteis de escándalo no Cairo. Se cadra é cousa de irse facendo vello, pero ás veces tamén presta aparcar a mochila, os albergues xuvenís, e sacrificar parte do encanto da viaxe por algunha que outra comodidade. Xa non me lío moito máis, así que abaixo tendes imaxes por un valor aproximado de máis de 9.000 palabras, segundo os baremos clásicos nisto do troco imaxe-palabra.
(En calquera caso, se pasades o rato por riba das fotos podedes ler un pequeno comentario)

2 paisanos exipcios traballando

O templo de Karnak (as pedras do fondo á esquerda, o resto é un autoretrato)

As pirámides de Gizeh (si, o do fondo, o outro é o segundo intento de autoretrato)

O noso taxi favorito (o conductor era Tutmosis III en persoa)

Cousas da globalización

As pirámides por fora ¡Vivan os tour-operadores

As pirámides por dentro

Cachimbeando en Fishawi's Cafe, un garito imprescindíbel

Estes rapaces, ¿porque se sacan fotos connosco? e o profesor porqué sorrí así? NOTA: O edificio rosa hortera do fondo é o indescriptíbel Museu Exipcio do Cairo

6 Comments:

Marta said...

Caray Edu, parece que os anos non pasan por ti, tes a mesma pinta de criajo que fai sete anos ou é o photoshop? A foto que máis me mola e a das tumbonas e piscina con pirámides detrás, menudo oasis, menuda vidorra! Por certo que é o que tes na boca nunha das fotos?, é un instrumento musical é unha narguila (ou pipa de fumar)? O dos comentarios das fotos ao pasar por riba co rato a min non me funcionou...Un bico

O'Chini said...

Heeei!!! Ta bem as fotos, em espcial a de Al-CocaCola coas piramides! E a da escaleira! noms e sabe se estas metido num pozo ou estas boca-arriba, abaixo...E o da rapazada esa do final??? Ja explicaras, al-Eudyin.

Por certo, eu tampouco pudem ver os comentarios...algo nom funcionou.

Concordo co da mochila, ainda que a ver quem lhe bota guevos a patear-se Egipto, coas cousas que passarom... Viches algo ao respecto?

Edu P. said...

Penso que xa amañei o dos textos das fotos, agora deberían verse.

En canto aos vosos comentarios:
- Graciñas polos piropos Marta, pero eu sempre entendín que o noso "retrato" de Dorian Gray particular era gusta_vete.
- O das tumbonas si que era vidorra, o que se ve é a piscina do hotel, coa auga todo o día a 24 graos. Un luxazo
- Efectivamente Marta, o da foto é un cachimbo de auga. Narghile é o nome árabe orixinal, só que polo norte de África chámanlle ao invento shisha.
- A foto das escaleiras é a entrada ao interior da pirámide máis antiga do mundo (e a terceira mais alta). Esta en Dahshur, a uns 20 quilómetros do Cairo, unha excursión que organizamos pola nosa conta buscandonos o taxi e demáis, xa que non entra nos circuitos turísticos habituiais e foi todo un luxo, pois estabamos dentro da pirámide só 5 persoas... ¡impresionante!
- O momento friki-surrealista dos rapaces foi de coña. Estabamos deitados na herba despois de dúas horas e pico de sobredose faraónica no museu exipcio. Ao pouco un grupo de rapaces e rapazas dun colexio que tamén saían de visitar o museu póñense en 2 filas detrás nosa (nunha as nenas, noutra os nenos). Cando me decato teño ao seu profesor encrequenado á miña beira preguntándome "What is your name? where are you from?" e cando nos queremos dar conta estamos rodeados de rapazada facéndose fotos con nós, cos profesores pelexándose por sacarse a foto con nós (e canto máis arrecheghados á María mellor), e cunha surrealista lección 'in situ' de xeografía ibérica.
- Dos líos no Cairo, vímolo xusto ao volver pois penso que empezou o día que nos marchabamos. Non sei se te referías a iso, ou aos atentados de hai algún tempo. Se é sobre iso último teño a miña particular visión sobre o tema e penso que daría para un post de seu.

Gonzalo Amorin said...

Que bem vivem algúns!! Muito bonita viagem caro Duarte. Nom paras!! Eu a ver se em breve vou ver ao Chini a Chicago.

O'Chini said...

Gon, vou-che engarghar que me traias umha cousa como a que comias no outro post... hehe...

crisbodelon said...

Que envexa Duarte! Pero moi mal iso de acomodarse, dos tours e as piscinas climatizadas con vistas ós monumentos milenarios! Claro síntoma de avellentar! Aínda que che entendo, pero dame pena e resístome a asumilo polo menos polo de agora!! Gustei moito das fotos e ansío algún día poder ir a esas paraxes, muito recomendadas polos privilexiados coñecidos que tiveron ocasión de ir! Muito bonitas as fotos! Estou dacordo con Zzini, a miña preferida é a da Coca-Cola. Por certo, curioso iso de sentirse "exótico" por un día! Aperta!