sexta-feira, 25 de abril de 2008

Galicia encantada

Fai tempo descubrín unha páxina chamada "Galicia encantada" (enciclopedia de fantasía popular de Galicia) que igual vos interesa visitar. Está chea de relatos de lendas e seres míticos e incluso ten un pequeno apartado de toponimia. Hoxe mandáronme este correo dun concurso que personalmente pareceme unha forma de que a xente colabore coa web así de gratís, porque o premio é básicamente o puro recoñecemento. Pero inda así, se alguén está aburrido (ou non) e lle interesa colaborar, ahí vai o correo que me mandaron:

Concurso na web Galicia Encantada. O premio non son cartos, mais a emoción está asegurada.
Propoñemos un concurso arredor dos lugares con lenda. Facilitamos unha foto e un punto xeográfico no Google Maps.
Queda na vosa man identificar o lugar, co seu verdadeiro nome, e achegar as lendas que consigades sobre o mesmo.
O que mandedes irase facendo público e entre todos completaremos un circo máxico: identificaremos e descubriremos os lugares lendarios de Galicia.
Unha listaxe de honra dos que máis colaboren agarda polo nome dos aventureiros da internet.
Estas son as normas...

...e esta é a preimeira proba
.

Saúde e sorte para todos
Coordinador de contidos de Galicia Encantada

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Vaia, vaia!! Pois eu conhezo persoalmente a gente que se encarga da página. Som do Museu Provincial de Lugo, conhezo-os do ano que botei a trabalhar ali. Por se che interesa Marta, publicarom hai uns anos umha guia dos seres mitológicos galegos que é bem jeitosa, e tem uns debuxinhos mui chuscos. Pois si, todos a choiar na busca de lugares de lenda!!

Um bico!

O'Chini said...

Essa e Santa Comba de Covas, Penso que tenho estado nesa praia de pequeno. A minha avoa ou mesmo a minha mai ham de saber algum conto de por ali.

Un pouco mais ao sul esta a lagoa de Doninhos, coa sua lenda correspondente. Como toda lagoa celtiga que se prece: ou asulagou umha cidade milenaria, ou agocha um monstro verde...