terça-feira, 30 de dezembro de 2008

Que cousa mais riquiña de bebé-lontra!


Non me podo resistir a publicar estas fotos (xa podemos inugurar unha seccion dedicada a bichos e mascotas)hehe.

quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

Bruno xa está aquí!

Pois si...

o pasado día 11 chegaba Bruno a este mundo, e hoxe, 14 días despois xa estamos comezando a collerlle o ritmiño a esto de ter un pequeno na casa.

Hoxe, o noso Bruno anda un pouco repugnantiño (por certo, xa que neste blogue tendemos a falar moito da língua... curioso o emprego da palabra "repugnante" en galego, comparada cos usos en español). Como dicía, hoxe está un pouco rariño, pero vamos, xa pouco a pouco fomos collendo o ritmo, así que xa, co computador aceso, coa internet conectada, as fotos descargadas e un clic por acó e otro por alá... xa podedes lerchear un pouquiño sobre o pequeno Bruno, velaí vos vai o primeiro album de fotos do pequeno:

http://picasaweb.google.es/edu.penabad/Bruno

Non moito máis por hoxe... Bo Nadal a tod@s!

Bicos e apertas (a repartir como estimedes oportuno)

sexta-feira, 19 de dezembro de 2008

Juntanza de Natal!!!

Pois ja ando por aqui, a ver se vos dou umha chamadinha a tod@s!!!

Podiamos fazer umha juntancinha mítica e típica, na Casa dos Mouris nom? A proposta original é alguns destes dias 2,3,4,5 de janeiro (sexta-feira / venres, sábado, e domingo e incluso poderiamos colher luns). Bom, aqui deixo um link para que vaiades opinando.

http://www.doodle.com/mqq6qi2paqweubza

Em caso de que nengumha destas datas nom vos venha bem, podemos mirar outras, esta e a proposta original.... a ver.

Bom, abraços a tutti plem, e especialmente aos novos papás!!
PS: e a Gus!! Que pasó chico!! Apareciches!!!!

PS2: Engade-se o dia 1 pola noite á lista para elegir, Maria e eu estaremos por alá.

segunda-feira, 15 de dezembro de 2008

100 Razones por las que dejé de ser Español

Non sei se coñecedes o libro chamado "100 Razones por las que dejé de ser Español" de Jose Mari Esparza Zabalegi.
Parece moi interesante, sobre todo se escoitades falar ó autor na presentación do libro.
Déixovola colgada en 5 videos. No primeiro fala algo en Euskera e resto en castelá.





quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

Eduito Noraboa!!!!! Bruno xa esta eiqui!!!!


Xa eres papá! Que maiores nos facemos...Felicidades!!!. Preferín felicitarte publicamente aqui pra non saturar o teu teléfono que hoxe debeu andar a cen! Pois ala agora a pola parella, hehe...

PD: O bebe da foto esta feito de mazapán, que realismo!

sábado, 6 de dezembro de 2008

1061 A primeira uniom homosexual em Galiza

Máis que amigos

Na Idade Media había xa unións legais entre persoas do mesmo sexo. O primeiro compromiso documentado en Galiza é de 1061.

M.S.P. - 20:20 06/12/2008


Pedro Díaz e Muño Vandilaz. Así se chamaban as persoas que realizaron o primeiro matrimonio homosexual documentados na historia de Galiza. O 16 de abril de 1061 estes dous homes, veciños do que hoxe constitúe o concello de Rairiz de Veiga, estipulan mediante escritura pública a súa convivencia xuntos na mesma casa. Neste documento, atopado no Tombo de Celanova, e actualmente depositado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, amosan a súa intención de compartir a súa vida ao tempo que enumeran unha serie de actividades cotiás: coidar da habitación, decorala, gobernala, repartir a vestimenta, comida e bebida..., até a morte dun deles, cando o outro se converterá no seu herdeiro. Finalmente asumen o compromiso mediante a fórmula de se converter en 'amicos bonos cum fide et veritate', e estipular a obriga de teren as mesmas amizades e inimizades 'in totos dies et noctes in omne tempus vel tempora': todos os días e todas as noites, para sempre. Esta fórmula contén moitas semellanzas cos rituais de adelphopoiesis.

Dous homes unidos nunha cerimonia
Non se trata dun caso illado nin estraño na Idade Media, nin en Galiza nin no resto de Europa. John Boswell, catedrático de historia medieval na Universidade de Yale, recolleu en obras como Same-Sex Unions in Premodern Europe ducias de exemplos de institucionalización das unións de parellas do mesmo sexo naquel tempo. A vía máis común era a 'adelphopoiesis' ou cerimonia de irmanamento, practicada por varias iglesias cristianas (principalmente as ortodoxas) durante a Idade Media e inicios da Era Moderna. Os homes unidos nesta cerimonia (non chegaron até nós rexistros de unións públicas de mulleres naquel tempo, absolutamente dominado polo patriarcado) eran soterrados xuntos, e nos cemiterios das Illas Británicas atopamos hoxendía numerosos exemplos de homes enterrados xuntos, con lendas como 'O amor uniunos na vida. Que a terra os una na morte'. En The Marriage of Likeness, Boswell mesmo documenta a celebración dunha misa para unha boda homosexual hai dou séculos na Basílica de San Xoán de Letrán, sede catedralicia do Papa como Bispo de Roma.

Cómpre facer dúas aclaracións sobre este punto, a primeira referida ás características destes compromisos, que en moitos casos supoñía unicamente unha unión de conveniencia, nin afectiva nin sexual, necesaria para reforzar unha familia ou evitar a fragmentación dunha propiedade. Porén, isto tamén era o motivo máis frecuente para as unións heterosexuais, que en moitos casos non levaban aparelladas relación sexual ningunha; é máis: a propia igrexa promovía estes matrimonios heterosexuais 'castos'. A segunda é sobre a exactitude da denominación de 'matrimonio' para estas unións. De certo que a unión de Pedro Díaz e Muño Vandilaz non o era, entroutras cousas porque até 1215 a Igrexa non fixou o sacramento para regular estes compromisos.

En documentos medievais, así como en obras literarias, atopamos exemplos abondo destas unións, como a lenda de Amys e Amylion, un relato popular que chega a nós a través do relato escrito en latín por un crego no século XIII. Nesta versión cristianizada fala de dous irmáns de sangue que loitaron para Carlomagno e que foron soterrados por separado. Pero durante a noite os cadáveres movéronse cara ao outro, e á mañá seguinte foron atopados deitados xuntos.

Ou por exemplo a historia de Eduardo II de Inglaterra e Piers Gaveston, recollida nunha crónica oficial da guerra civil, que describe o seu primeiro encontro deste xeito: Cando o fillo do rei o viu, sentiu tanto amor que realizou un irmanamento con el e se decidiu resolutamente ante todos os mortais a entrelazar unha liga indisolúbel de amor con el. Sobre este romance, a crónica do mosteiro cisterciense de Meaux en Yorkshire, comenta que Eduardo 'in vitio sodomitico nimium delectabat' (deleitábase especialmente no vicio sodomítico) e o biógrafo moderno de Gaveston conclúe que non hai dúbida de que a relación de Eduardo e Graveston era de natureza sexual. Polo tanto, o carácter sexual destas unións era tan habitual como o era nas parellas heterosexuais, atopando na literatura popular numerosas referencias chocalleiras "ao pracer especial" das relacións carnais con commatres e compatres.

http://www.vieiros.com/nova/70724/mais-que-amigos

Normas do Hábitat Galego



Que bem! Que bem que por fim se dem passos neste sentido e se regule o mínimo legal que a lógica capitalista de cm2=benefício nom poda ultrapasar. Talvez algum governo devia meter mam nas latas de sardinhas voantes onde máis dumha vez tivem problemas para acomodar o meu próprio fémur entre o respaldo do asento dianteiro e o meu....puff....e passar assi 10 horas....

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

Curiosidades varias...

Vaia cos gardas londinenses...

Un dia buscando non sei que imaxes para ilustracion infantil, din con esto, xa ves...Disque é a famosa polla de Rasputin, a superpolla de case 30 cm hehe, que creo que agora esta no museo erótico ruso (ou era na consulta dun urólogo?). Non sei canto habrá de verdade e de mentira en todo ese asunto...

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

CASTA NANO

Aquí vos envío un enlace á web dun proxecto documental dun amigo para que lle botedes un ollo ó trailer. Buscáronse a vida de maneira admirable. Colleron un equipo de cámara uns cantos colegas e marcharon un mes á India cun guión baixo do brazo sobre a nova clase media emerxente na India tomando como punto de partida a comercialización dun modelo de coche.

http://castanano.blogspot.com/


Así de paso vos anuncio, aínda que está por confirmar, marcho eu en febreiro un mes á India para reengancharme á increíble experiencia da miña irmá de recorrerse Asia ela sola (agora acompañada nun bo tramo, hehe). Será rematar a curta, que rodaxe é inminente (do 11 ó 14 da prox semana), posproducilo a toda velocidade e facer a maleta, hehe. Xa vos contarei da rodaxe porque volveuse un proxecto moi ambicioso, que recibiu varias subvencións, coprodución dunha productora e un traballo de Arte, Vestiario e Caracterización super currado, entre outras moitas cousas. En fin... xa iredes vendo cousiñas.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Editoriais vinde a min!

Que ben! estou contenta! este ano teño traballo editorial asegurado ata setembro!! Buah, teño unha potra que flipo, apenas mando curriculums, e elas veñen a min!Chámanme a casa! Parte llo debo á asociacion de ilustradores, na que cada ilustrador ten unha pequena galería co seu traballo á que moitas editoriais van consultar, e parte supoño que será pola calidade do meu traballo digo eu! E que saio dun traballo e xa me sae outro inmediatamente e con meses de antelación!

En setembro fixen un conto para Baía edicions (o da bolboreta), despois unhas fichas para Santillana. Xusto que remato, chámanme da conselleria de cultura para facer este ano O CALENDARIO DAS LETRAS. Despois xa teño pendiente dende fai varios meses un traballo para febreiro que supoño que me levara ata abril-maio da editorial Casals (unha catalana. E hoxe xa me chaman da editorial Bruño para encargarme un libro de 180 fichas para nenos de catro anos, para empezar a facelo dende o 20 de maio ata 1ºs de setembro...

En fin, que todolos anos sexan así e millor, porque os encargos de libros de texto é o millor pagado que hai e se che saen varios o ano, xa tes o ano ganado.O que menos me gusta e ter que andar lidiando cos presupostos, porque os prezos sempre os dan mais baratos do que as asociacións de ilustradores recomendan e non se pode andar traballando por catro duros e reventando o mercado, bueno que estou aprendendo a pedir mais, pero custame...todo se andará. Hehe, algun día terei un axente que se encargue desa faceta mercantil que nada me gusta, quen sabe!, eu ao creativo!...Xa vos irei ensinado os traballiños...