segunda-feira, 7 de abril de 2008

COMPARTIDE A MINHA DOR COMPANHEIR@S!!!


Caralho como chove!

Hoje, por aqui, fai um desses dias tristeiros que aos morrinhentos lhes parecerám agradáveis até. Eu outra volta polo parque. Polo de agora jornada tranquila para umha segunda feira, ainda resta todo o serám e a noite polo que nom é lícito agoirar pouco trabalho. A mim, com certeça, este tempo nom me presta muito nestes momentos. Penso que ando algo feble, quando o herpes beiçal (que cousa de verba) aparez é que o sistema reclama ajuda. Nom estou o que se dí muito animado, nom! Entom nada, pensei que gostariades de ver como me vai.

Biquinhos pra tod@s!!!!!!!!

7 Comments:

Maria said...

Animo Gon, para eses dias tristeiros que a min tampouco me gustan nada!
A ver cando decides vir oh!
Saudos (pero desta vez bicos NOOOOONNNN).

O'Chini said...

Auuuuh... O da foto parece umha paixagem marciana...

O'Poldow said...

abrenuncio, jasur, diormío
inda bo é que non era unha erusión
balcónica
más porno no!

The Sobrado said...

Cada quen anda cos seus achaques, meu. Eu téñoche dende hai tempo unhas escamacións nos dedos das mans que me fan incomodísimo tocar a guitarra... pero resisto. " Mira nena, son coma o sector naval, hei hei, resistirei".
Saúde compañeiro!

gusta_vete said...

Ainda nunca choveu.. que non escampara. Xa virá o sol, e con el!! ...a moto. Veña arriba o ánimo. Este fin de semana é a carreira de Portugal. Vaite quedando coa estética do asúnto. O conto na rua xa non é ser o mais rápido senón o mais estetico en parado e en movemento. Xa vistes a foto no xornal... presenza, clase, elegancia... ese porte persoal que teño, vaia. Zumos e auga, moito líquido (sen e con acohol).

Gonzalo Amorin said...

Muito obrigado a todos companheir@s! Assi é um praçer padecer!! Saudos!

O'Chini said...

Quar? Mander? Que foto de que jornal?