domingo, 6 de abril de 2008

OLA DENDE A CAPI

Ola a todos/as! É un placer adxuntarme a este blog, algo tarde pero sempre a tempo. Os meus parabéns a Zzini que, coma outras veces, é o promotor de tantas iniciativas neste grupo tan chusco que vimos formando todos nós! Pois aquí me tedes, na capi, ben encantada, mal que me pese recoñecelo, hehe! Claro que é moi diferente vir estudar que vir traballar, como todos ben sabemos! Levo aquí seis meses, moi ben aproveitados! Non paro nin un segundo, entre clases, planificacións, rodaxes e vida social. Esta escola de cine ten un programa ben completo e material que é unha maravilla. No que levamos de curso xa temos rodado un spot en 16 mm, un videoclip en HD, unha curta pola nosa conta... e agora queda a guinda do pastel, un corto dun guión meu que tiña ben reservado. Estamos á búsqueda de actores famosos e tivemos unha situación ben coñeira de "acoso" a Federico Luppi á saída do teatro. Momento adrenalina total! Deunos unha negativa, claro está, pero moito apoio e cariño a cambio. Agora conseguimos a un actor vello moi majo, Carlos Álvarez Novoa, que é asturiano, unha xoia interpretativa, cunha experiencia acojonante en teatro e cine e un Goya na súa carreira. Estou ben emocionada ca preproducción da curta, vai ser como parir a un fillo. Tereivos ó tanto dos avances! En canto á xente madrileña... por agora estou topando xente moi tolerante, para a miña sorpresa. Tamén é certo que aquí hai xente de todas partes, pero se ben é certo que me levo con "gatos" que son moi boa xente . Estou tendo sorte!
Bueno, locos! Xa sabedes que tedes casa polos madriles! Mira que andades desperdigados e morriñentos, eh? Eu xa me sinto aquí como en casa. Ide pola sombra!

Cris.

5 Comments:

O'Chini said...

Boas Cris!!! Que bem saber de ti e das tuas andainas polos Madriles, ejjjjqueeee :D Bemvinda!!

Espero impaciente novas com fotos e algumha que outra première das túas curtas, aqui no blog. Ou tal vez umhas quantas tomas falsas!!!

Marta said...

Saudos cris, tou dacordo con chini e a ver se o Txomin e a Toupix (supoño que é Noela) se animan a colgar algo por aquí e a saber que é das súas vidas...bicos.

Gonzalo Amorin said...

Ola Cris!! Como que a "capi", a nossa capital é Santiago. hehe!! Nom te me enfurrunhes. Por fim pos algo polo blogue. Nom te esqueças de comentar os postos polos demais. Bicos.

The Sobrado said...

Olá, Cris
Concordo con Gonzalo no da capi ;) e máis eu que ando por Compostela. Iso si, os meus contactos madrileños tamén son xente estupenda. Como dixo o filósofo: "Todas as xeneralizacións son falsas, incluída esta"

O'Poldow said...

Xa din que desde madriz al cielo, pois que sea ao estrellato! Postea cousas!, xa vou comprando alfombra vermella e cemento fresco para paseos en Gholivú. Bilcommen Cris, saúdos dsd Sampa!
(E por fin alguén que me confirma que os "gatos" existen! Como diría Max Estrella: Miuau).