Espero que estas fotos nom vos desagradem muito. Sobre todo a segunda. Umha pequena mostra do que é o nosso trabalho. Na primeira eu estou tras a cámara, foi um bo golpe de um Mercedes contra um camiom, que fose um coche de gama alta foi o que lhe salvou a vida. Na segunda é evidente onde estou. Duro trabalho aquel dia, cozinhando e preparando a mesa. hehehe!!! O certo é que mesturar cousas assim poida parecer algo frívolo, pero nós temos que contemporaneiçar. No parque o humor negro está à orde do dia. Que vos prestem!
10 Comments:
¿estas comendo cocido? Que envexa me acabas de dar...(Sinto non dicir nada mais profundo, pero é tarde e vou a durmir, boas noites!)
a mim case me da umha volta o coraçom ao ver o chouriço.... ai.... que morrinha...
Gon, a primeira foto impresiona, suponho que terás máis assi, e máis fortes. Se podes (e cho permitem?) um dia cola algumha... A verdade é que tes um trabalhom como umha casa. Deve ser bem gratificante ao final do dia, ainda que hai que ter estómago...
Falando de estómago, papar uns ovos cocidos cos seus grelos , os seus cachelos e o seu.. o seu... chou-ri...çi-nho... vou chorar....snif....
Gon!!!
So a ti se che ocurre por unha foto do cocido:os grelinhos,os ovinhos cocidos, co seu cacho de panceta, e como non... co seu chouricinho....que envexa, non o poido soportar:(sobre todo sabendo que non poderei comer eses manxares ata o veran!
Lambon!!!
PD: ah, o da 1 foto e impresionante...(xa me esquecia)
Eu teño unha pregunta técnica, por pura e dura curiosidade... habitualmente documentades gráficamente ese tipo de actuacións? de ser así, cal é o obxecto de fotografar ese tipo de actuacións?
Caro Duarte!
O obxecto de documentar todas as intervençóns que levamos a cabo consiste, simplesmente, em recolher informaçom. Quanta mais melhor, e para isso nada melhor que as imagens. Logo da intervençom, na chegada ao parque hai que fazer o informe. Para que quede constança administrativa, para os seguros, para a própria formaçom interna, etc. As fotos completam os informes. Isso si, tiramo-las quando podemos, se temos um segundo. Muitas intervençóns ficam sem elas. Noto um certo tono disconfor-me com que fagamos tal cousa? Na imagem nom se lhe ve o rostro a vítima, nem sequera a algúm dos meus companheiros. Caro Duarte, nada mais longe da frivolidade! Umha ferramenta mais de trabalho.
Umha aperta.
Com respeito aos de Chicago...que falta de repeito!! A mirar pro chorizinho, os grelos...manda caralho!!!! E o que está entre os ferros?
O bombeiro aventureiro! Menuda mistura de fotos. A cara e a cruz. Como a vida mesma. Espero que ese home se recupere ben finalmente. Traballo romántico, sí señor, pra que logo digas que calqueira época pasada é mellor e ten máis motivos polos que loitar! Aínda que estou con Duarte, canta máis discreción mellor. Esa persoa terá familiares. Aínda que non dubido de que haxa respeto.Outra cousa é colgar a foto no blog, hehe. E o máis gracioso e Zzini pedindo máis "documentos gráficos". Morbosillo!! Hehe! Tou de coña, por suposto. Aperta a todos!
Eu penso que está bem documentar isto, sem ofender ás víctimas, claro. Quem era o tipo, o a sua cara, no fondo é o de menos. Na medida do possivel está bem que a gente se entere da realidade que moitas vezes nom percebemos (porque nom queremos!), até que um dia nos toque..., que espero que nom, obviamente. Penso que me estou volvendo velho e tenho máis medo ás cousas.... Quando era pequeno gostava máis dos riscos, era ghalo..., e aghora volvim-me ghalinha!!
Boas de novo!
non había ton disconforme no meu comentario, precisamente intentaba resumir a pregunta dun xeito rápido porque tiña presa... Por suposto que me parece ben que se documenten as intervencións, o tema foi que me sorprendeu que se fixera e quería saber máis ou menos o que explicaches despois.
Se cadra tamén influíu que estou "sensible" co tema por estar facendo estes días unha memoria de actividades de scouts e o tema dos permisos de uso de imaxes ás veces chega a ser un auténtico coñazo.
O dos permisos das fotos é um rolho bem fodido. Se tiras umha foto na rua, e sai gente desconhecida.. podes colar a foto em internete?
E se lhe tiras umha foto ao cartel de Beberly Hills nas tuas férias em Los Angeles e logo o pos em internete, é isso um delito?
A resposta a primeira nom a sei. A segunda, a reposta é SI. O concelho de Beberly Hills tem os dereitos reservados de todas as fotos tiradas ao chisme esse, eu flipei.... God save America!!!
Post a Comment