quarta-feira, 31 de março de 2010

Conexion....tratamento da língua......pfffffffffffff

Estou vendo "Conexion", da TVG, e nom deixo de flipar e maldizer......
Nom conheço bem a série...pero já me chegou......


Na série hai portugueses, e galegos, metidos em drogas....e deve haver espanhois e outros falantes hispanos......


Os galegos falam cos portugueses em espanhol. (Para se entender melhor!?)
E logo os portugueses som subtitulados (os espanhois nom, claro!).

E os subtítulos som, nas melhores das vezes assi, desta qualidade, mudando completamente as frases ditas em portugues, e transformando numha expresson (galega?) completamente diferente, que nom permite identificar o que dixerom em portugues....

PORTUGUES (VOZ) "Temos que arranjar alguma coisa e logo telefono-te"
GALEGO (SUBTITULO) "Debemos amañar algo e logo chamote"

E todo, se subtitulassem "temos que arranxar algunha cousa e logo telefoneote" nom seria galego? Isto seria quitar-lhe justificaçom a determinadas trapalhadas, verdade?

Logo, todo inzado de detalhinhos estupidos na mesma linea:

PORTUGUES (VOZ): "Temos conseguido mais dinheiro..."
GALEGO (SUBTITULO): " Conseguimos mais diñeiro...."

PORTUGUES (VOZ): "...tentarom pôr.."
GALEGO (SUTITULO): "....tentaron poñer...."

PORTUGUES (VOZ) "....está a esperar..."
GALEGO (SUBTITULO) "...está esperando...."

E logo digo eu: "temos conseguido isto ou aquilo", "tentaron pór isto ou aquilo", "está a esperar por isto ou aquilo" já nom é galego????

E logo hai outro grupo de frases que nom guardam quase o mesmo sentido que a frase original (completamente entendível em portugues, nom havia cousas raras!).... Frases completamente diferentes...nom se parece nem o mais mínimo o subtitulo ao original.....

Um auténtico despropósito.... Ademais, as suas escolhas som sempre as que mais se parecem ao espanhol, quando nom colhidas directamente del sem nengum pudor...Vam acabar convertindo ao galego num dialecto do castelhano... No fondo, o galego TVG já o é...

A ver, digo eu: já que subtitularom (para aqueles que o sotaque portugues lhes seja dificil de entender, que é normal se nom estás habituado) polo menos podiam ter a decéncia de ponher o mesmo (é dizer, umha TRANSCRIPÇOM á ortografia oficial, ou o máximo parecido dentro da chapuza ILG-RAG) para guiar o ouvido (para isso som as transcripçons, para quando a gente nom percebe bem porque hai ruido de fondo, o fulano tem um sotaque moi diferente do próprio etc). Pero claro, isso permitiria-lhe a moita gente aperceber-se de que galego e português som demasiado parecidos...nom? Demasiado para alguns!!


QUE PUTA VERGONHA!!!!!!!!!! QUE NOJO!!!!!!!
ISTO NOM TEM PUTO REMÉDIO!!!!!!!!!
NOM PODO COM TANTA ESTUPIDEZ!!!!
Ou com tanta manipulaçom e ocultaçom intencionada???

PS: perdoade pola minha carragem...pero necesitava-me desafogar públicamente!!!
PS2: O nome da série é "conexion", nom "Matalobos". Pilhei a série começada, já esta corrigido.

terça-feira, 30 de março de 2010

Os Caminhos de Santiago e as Rutas do Mais Alá

Ainda nom lim isto, pero tem moi boa pinta. Aqui deixo umha introducçom e o link, para papá-lo logo. É longo, aviso!!


O descubrimento do xacemento da Cova de Eirós, Triacastela no 2008, (onde apareceron vestixios do Home do Neandertal, antepasados dos rinocerontes, dos osos das cavernas, e do Home do Cromañón -xa Sapiens-, correspondentes ás tres fases do Paleolítico dende os 84.000 aos 30.000) parece indicarnos unha ruta ancestral que se perde no inicio dos tempos da humanidade,hai que recordar que os xacementos prehistóricos da Serra de Atapuerca atópanse ao pe do Camiño Francés. É a ruta da supervivencia cara a posta do Sol.



Ler resto do documento: http://anosahistoria.blogspot.com/2010/02/dende-ultima-glaciacion-de-wurm-90.html

La tribu de los chachos

Ai que risas cos chaaaachos....!!! Horl horl!! Graças Manolo polo video (o irmão ghrande de Maria, que tal vez se nos una em breve)



PD: Por certo, a Juntanza Mítica bem meresce um post e algumha fotinho!! Já intercambiaremos o grosso das fotos dalgum jeito.

sexta-feira, 26 de março de 2010

THE COVE.

Neste documental, galardoado com um Oscar, poderedes ver o que Japom continua a fazer com os golfinhos. Verdadeiramente conmovedor, a mim escorregarom-me as bágoas. Abstenham-se almas sensíveis. Com todo, merez a pena.


quinta-feira, 25 de março de 2010

Lisboa eleita "Melhor Destino Europeu 2010"

Nom sei se a melhor capital europea, pero desde logo a cidade das luzes e das sombras...como cousas preciosas numha rua, e currunchos deixados das mans de Deus na seguinte....como mínimo auténtica. A ver cando vos animades!



A capital portuguesa foi hoje eleita o "Melhor Destino Europeu 2010" pela Associação dos Consumidores Europeus.

Deixando para trás cidades como Londres, Barcelona, Copenhaga, Berlim ou Praga, Lisboa saltou para o topo das escolhas dos consumidores europeus, que elegeram a capital portuguesa como o "Melhor Destino Europeu 2010".

Segundo uma fonte do Turismo de Lisboa, citada pela ‘Briefing', a vitória da capital portuguesa sobre as cidades rivais foi folgada.

O prémio inclui a utilização do logótipo "Escolha do Consumidor Europeu", durante um ano, em toda a comunicação do Turismo de Lisboa, bem como a divulgação do resultado da votação efectuada online nos vários media europeus e ainda a disponibilização de uma página na internet no endereço www.europeanconsumerschoice.org para a promoção da cidade.

A Associação dos Consumidores Europeus diz em comunicado, também citado pela ‘Briefing', que Lisboa foi escolhida porque reflecte "uma cidade que soube preservar toda a sua alma e oferecer uma porta de entrada ao Turismo, sem esquecer as suas riquezas sociais e culturais"


http://economico.sapo.pt/noticias/lisboa-e-o-melhor-destino-europeu-2010_85069.html

Arenga de Feijóo num acto por Haiti

Nada novo baixo o sol, pero aqui deixo o video (ao final do post) e a transcripçom dos momentos mais "in" fornecida por Xornal.com, para quem tenha a tensiom baixa e a queira subir um pouquinho....

Feijóo: “En el PP podemos hablar castellano cuando nos da la gana”

Diversas asociacións sorprendéronse do discurso do líder do PPdeG ao ser un acto benéfico.

No día de onte diversos blogs en internet colgaban un vídeo no que se podía ver ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofrecendo un discurso no marco dunha cea aparentemente organizada polas xuventudes populares de Boqueixón. Ata aquí todo normal, se non fose porque as palabras do presidente estiveron acompañadas polo rexeitamento dunha parte do público. Efectivamente, Feijóo acudiu o pasado 5 de marzo a unha cea, mais esta non era de partido senón que tiña un fin benéfico: recadar fondos para unha organización non gubernamental que traballa por reconstruír Haití. Por ese mesmo motivo, diversas organizacións e colectivos sociais que acudiron ao acto, sen ter relación co PP, non se sentiron a gusto co discurso do presidente que versou sobre temas políticos.

O certo é que as palabras de Alberto Núñez Feijóo tiveron un claro compoñente partidista e na súa alocución non faltaron as críticas ás forzas políticas que conforman a oposición. As verbas foron ben recollidas polos afíns ao PP pero non por outros sectores. “Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG, non serían nin peores nin mellores, serían distintos. Se foran do PSOE case todos estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio. Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén... Por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana”, dixo Feijóo mentres que unha parte dos presentes o apupaba. “Non, apenas non falades mal de ninguén!”, comentaban entre as mesas.

Feijóo chegou a pedir silencio. “Se vos calades sigo falando”, dixo popular que, a pesar das críticas, empregou sempre un ton distendido. De feito, chegou a chancear cunha das asistentes: “Voy a ser breve porque he quedado con María a partir de la una para tomar una copa...”.

A pesar da lea montada, dende o PP de Boqueixón aseguraban onte que “o que quixeron moitos foi reventar o acto, porque sabían perfectamente que se trataba dunha cea organizada polas xuventudes do PP, que non foran se non lles gustaba”.

Pero entre os asistentes moitos aseguran que non sabían “para nada” que se podía tratar dun acto de partido. “Na cea había xente do PSOE, do BNG e da FPG. A invitación a nós chegou dende a dirección xeral de Xuventude e non do PP. Creo que Feijóo tampouco sabía moi ben o que pasaba porque estaba estrañado do recibimento”, din dende unha asociación de A Barcala.

http://www.xornal.com/artigo/2010/03/24/galicia/feijoo-pp-podemos-hablar-castellano-cuando-nos-da-gana/2010032423380100197.html

A postaxe 700





-Apohtache setesentos? Setesentos que, pibe?
-Non, non é iso, é outra cousa.
-Compostaxe, talvés? O asunto ese de ter que ter conta coa propia defecasión, che?
-Non, tampouco, non é iso.
-Un post-taxe, unha ehpesie de impohto?
-Que non, home, que non, é que entrei hai nada no meu perfil para facer un comentario no blog este que partillamos cos meus brothers in arms da Galiza...
-Aghá, é...
-Aghá é... deixarasme falar? Que estaba bendo, perdón, vendo...
-Vvvfendo.
-Non, con bilabial, pero grafado... pero... ai que raio, boludo, non me deixas por o raio do poust!
-Relaxáte.
-Xa, poist iso, poust, que estaba vendo que esta vai ser a septésimo centésima postación do proxecto (ou como ordinalmente se diga)... HIP HIP HURRA!!
-Ah.
-Só ah?
-...
-...
-Sabíah que iso do Hip Hip vén doh cabaleiroh de Serusalén?
-OI QUE RAIO! Nin unha mísera felicitación? Es ben boludo, abofé!!

E que é ISO -momento poisichicoanalítico, pois si, chicos-, que xa PERDÍN a conta das veces que entrei por acá. Que as miñas visitas a este espazo coinciden en moitos casos co meu humor, oligofrénico, ora arriba, ora abaixo. E as bravatas lusistas, os paxaros asasinos, os doidos dos gatos repetidos ou a comida adultera sónmevos ben familiares, coma ir tomar un café en Compostela (liberada). Así, postos a ilustrar coma con candeas este momeento, vou deixar agora unha mostra dunha cadea de tendas de decoración brasileiras (sic.), en homenaxe á alma mater deste proxescto, proxecsto ao que me gustaría augurarlle, como o outro dixo, 1000 postaxes máis, ou as que veñan. Non me digades que non é o tal o destas lonxíncuas loxas ;)

quarta-feira, 24 de março de 2010

Ruleta Russa

Video nom apto para cativos...

Lindo paxarinho....

Sabiades que havia páxaros venenosos?


Jack Dumbacher capturou um paxaro conhecido como pitohui-de-capucha (Pitohui dichrous). Ao tentar livrar o paxaro da trampa Jack sofreu um arranhom no dedo e levou a mão até a boca, no mesmo instante sentiu a sua língua e lábios adormecidos e inchados. Depois dum certo pânico, acabou descobrindo que o paxaro apresentava umha toxina nas suas plumas e pel. Foi a primeira ave venenosa confirmada.

A toxina produzida polo paxaro é a mesma encontrada em sapos venenosos, e é uma neurotoxina conhecida como homobatratoxina. Até mesmo a coloraçom do paxaro e dos sapos é semelhante. Mas os paxaros apresentam umha quantidade bem menor da toxina nas plumas. Em grandes doses pode incluso matar.

homobatrachotoxina
(molécula de homobatratoxina)

Problema de Matamáticas

terça-feira, 23 de março de 2010

Como bailar Tecno...

Agarradevos que este video tutorial ten tela, esta con subtitulos en ingles, pero entendese moi ben, o nome dos pasos son ben coñeiros hahahahaha, agora vou triunfar nas discotecas!

segunda-feira, 22 de março de 2010

Homem orquestra

Só lhe falta meter umha escova polo cú e ir varrendo a rua, hehe....

O galego ou a caminhada do português para o castelhano.

Algo que eu já intuira há muito tempo fica demostrado, mais pesso ainda para a nossa cousa reintegracionista. Nom deixedes de ver o video através do enlace que vos ponho ao final. Muito interesante! Em quando poida quero ver o documentário.

No passado sábado, 30 de janeiro, as Jornadas de Língua em Ourense tiveram sessão dupla, com a apresentação do primeiro trabalho do Coletivo GLU GLU e a conferência do professor Eduardo Maragoto.

Em ambos os casos, o fio condutor estava virado para demonstrar como naqueles lugares em que, como na Galiza, o português está em contato com o espanhol, há uma caminhada contínua dos falantes da língua nativa para o castelhano. O documentário Entre Línguas e a análise geracional das competências linguísticas dos galegos foram as provas evidentes.

Coletivo GLU GLU: Entre Línguas

O biólogo e boticário João Aveledo, na altura professor de Processos de Diagnóstico Clínico, e a produtora informática Vanessa Vila Verde, apresentaram o coletivo GLU-GLU (Galego Língua Útil – Galego Língua Universal) , «umha marca aberta – conforme disseram - a qualquer colaboração para realizar obras audiovisuais sobre a língua da Galiza com uma perspectiva reintegracionista». O primeiro trabalho deste projeto é o documentário Entre Línguas.

Entre Línguas. 2010. mostra como ao longo da raia com Portugal existem cinco territórios que, por diversas circunstâncias históricas, decorrentes de feitos políticos, ficaram do lado espanhol da fronteira. Isto provocou que, nas províncias de Samora, Salamanca, Cáceres e Badajoz, certas vilas, e até concelhos inteiros, conservassem uns dialetos que, apesar da falta de contato com o resto de falares galegoportugueses, conservem um enorme parecido com estes e em particular com o galego falado atualmente na Galiza.

Pelas explicações dadas polo João e a Vanessa, a conclusão é que o contato destas falas com o espanhol estará sem dúvida por detrás deste fenómeno, ou o que é o mesmo, «lá onde o português está em contato com o espanhol e esta última é a língua dominante, resulta o galego». E aos poucos a língua nativa desaparece absorvida pelo espanhol.

O auditório, que voltou a ser muito numeroso, assistiu à projeção com muito interesse e protagonizou um rico debate com as duas pessoas representantes do coletivo Glu Glu. E ainda mais, do coletivo anunciaram que têm em mente visitar proximamente as terras de fronteira do Uruguai com o Brasil para verificarem se o processo de contato oferece os mesmos resultados.

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1906:o-galego-ou-a-caminhada-do-portugues-para-o-castelhano&catid=8:cronicas&Itemid=69



domingo, 21 de março de 2010

DOCUMENTAL -El Futuro de la Comida-

Dende hai anos, as multinacionáis transxénicas americanas están a presionar a políticos europeos para poder entrar a saco en europa, pero sen éxito.

Pois ben, hai pouco a comisión europea aprobou o cultivo de certas variedades transxénicas no continente.
Poderíase dicir que iste é o principio do fin da comida natural.

Para os que non estades informados deste xérmen que está a joder o planeta recoméndovos ver o documental "El Futuro de la Comida" onde explican como por culpa dun fallo dun Xuiz, fíxose legal pantentar a vida (célula transxénica con copyright).


Con iste precedente comezou unha carreira por patentar todo tipo de células modificadas para comercializar alimentos adulterados con propiedades extrañas e algunhas lucrativas pois sempre son infértiles, cualidade que obriga ó labrego a mercar sacos de semente cada ano.

Bueno, dicir que isto non é conspiranoia, isto é real como a vida mesma. Saude!

Carta aberta a don Anxo Lorenzo.

Em Vieiros por Xabier P. Docampo.


Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que “El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007”. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que “Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.” Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo, dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede “La ley no permite obligar a hablar gallego”. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas “voluntarias” a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era “gallego y de Falange”). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.

Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte.

sábado, 20 de março de 2010

O independentismo úne-se num comunicado valente.

O Movemento pola Base, a FPG e Espaço Irmandinho pactan un manifesto que deixa claro a necesidade dun traballo político coordinado. (Mais penso que Nós- UP ficou fóra)
Galiza necesita soberanía e independencia.

Desde o Movemento pola Base facemos un chamamento a participar na manifestación convocada pola rede Galiza Non Se Vende para este domingo 21 de Marzo. A manifestación sairá ás 12:00 do Paseo Central da Alameda de Compostela. A seguir publicamos un comunicado contra destrución da Terra.

Para defendermos a Terra e o Pobo da devastación, Galiza necesita soberanía e independencia.
Quen contemplar o decorrer dos últimos 50 anos de Historia de Galiza, sobre todo, as dúas últimas décadas, concluirá que o proceso de liquidación a que está submetido este pobo baixo o rexime colonial acelerou a súa velocidade destrutiva co paso do tempo.

Hoxe comprobamos as consecuencias máis perversas dese proceso que afecta todos os eidos da existencia colectiva: da minorización social e a deturpación da lingua á alteración irreversíbel da paisaxe; da liquidación programada dos sectores produtivos estratéxicos á destrución da sociabilidade, coa criación dunha sociedade narcotizada, consumista e individualista; do histórico espolio dos recursos naturais á perda da soberanía alimentar a mans de transnacionais do sector que emponzoñan a terra; da precarización masiva do emprego á reaparición de modalidades de escravismo laboral, etc. Todos os planos da nosa existencia como pobo están salpicados dun modo ou outro por este asalto voraz ao territorio e os recursos.

A lóxica irracional do progreso entendido como aumento continuado dos niveis de consumo, como incremento da mobilidade individual, asumido por amplos sectores sociais e políticos –incluido o nacionalismo maioritario-, é a coartada baixo a que o capital transnacional, as autoridades coloniais e unha administración autonómica plenamente cúmplice da desfeita executaron e executan o plano destrutivo.

Así, baixo este modelo colonial de ordenación territorial, transitamos cara unha Galiza que concentra a sua poboación nunha estreita conurbación costeira de norte a sul encanto se desertiza o interior; comprobamos como se contamina unha fonte de riqueza social como as nosas Rías, encanto as serras son ocupadas por transnacionais da enerxía eólica e se deseñan planos para o espolio enerxético do mar; destrúese un sistema de vida fundamentado na produción local labrega e mariñeira para forzarnos a consumir produtos de pior calidade importados de terceiros países, etc. Sería imposíbel expor na brevidade que esixe esta folla a listaxe de efeitos negativos que provoca esta dinámica.

Nós, como independentistas, entendemos que a resistencia a este proceso destrutivo se debe situar a dous niveis: por unha parte, potenciando as redes sociais de ámbito comarcal comprometidas na defensa do territorio. Hoxe, ante a voracidade selvaxe das transnacionais e do capitalismo colonial, é vital artellar sólidos movementos populares de oposición coordenados a nivel nacional e conscientes de que cada loita local ou comarcal fan parte da loita nacional, porque todos os proxectos localizados están incardinados nunha ordenación territorial global.

Por outra parte, reorganizar un movimento sociopolítico independentista amplo e plural que sitúe a conquista do poder proprio de decisom, a autodeterminación e a independencia como principais nortes da súa intervención. Reivindicar hoxe a soberania xa non é apenas esixir un dereito democrático usurpado, senón traballarmos para criar ferramentas políticas e institucionais que nos permitam sermos don@s do noso territorio e dos nosos recursos.

Sobre estes dous reptos –a articulación de resistencias sociais imediatas e construción dun projecto sociopolítico soberanista de masas- é que entendemos trazábel unha táctica e unha estratexia á altura das circunstancias actuais. Temos vontade de loita, temos esperanza no futuro e temos a certeza de que este presente de loita que se inicia traerá un futuro noso.

Avante a defensa da Terra!
Avante a loita pola independencia e o socialismo!
Viva Galiza ceibe!

quinta-feira, 18 de março de 2010

Documental ZEITGEIST - Terceira Parte: No Prestes Atención a los Hombres de Detrás de la Cortina

Boas,

déixovos a derradeira parte do Documental Zeitgeis "No Prestes Atención a los Hombres de Detrás de la Cortina", para algúns é a mellor parte e a máis interesante.

Se vos gustaron as anteriores i estades ociosos, recoméndovos que lle votedes unha ollada.

Saude!

terça-feira, 16 de março de 2010

Unha de lemures...e de gatos :)









Por que nom imprime!?

Obrigado Dani polo video!!

Juntanza Mitica III: habemus casa

Boas rapazes.

Nom me dera tempo fai umha semana e media de ponher este post, pero ponho-o agora. Já temos casa apalavrada, ao pé do parque natural da Serra do Gerês. Penso que a senhora me dixera dous quartos duplos (cama de casal) e dous quartos de tres camas. E depois os sofás, etc. Temos espaço dabondo. Vai tocar mais ou menos a 30/40 euros/pessoa os dous dias, penso que bastante bem!!! Agora, se se une alguem mais que ainda nom dixo que si, melhor!!

Agora toca organizar a logística para os que venhades do Norte e do Sul e tal vez do Leste, o ponto de encontro será a estaçom de comboio de Braga pola tarde do dia D. Toca tamem organizar o comércio e o bebórcio, hai que vir bem pertrechados.

E toca organizar tamem qualquer outra cousa que se queira organizar para fazer lá. Música, filhoas, excursóns ao Geres, roubar-lhe mazãs ao cura...

Ala, ide com Deus. E mirade as fotos. Promete, eh?




segunda-feira, 15 de março de 2010

Jamiroquai tamén ten uns videos moi chulos...

Sabíades que son as paredes as que se moven e non o chan? Dificil de ver...



I este porque ten unhas imaxes de gran beleza...

sábado, 13 de março de 2010

...............OK GO...............

UN grupo que mistura música con bó humor e imaxinación. Realmente bós....
ó mellor tedes que premer en "ver en youtube" porque estos cabróns desactivaron a Inserción.....





quinta-feira, 11 de março de 2010

A desapariçom do Reino de Galiza na história espanhola. Anselmo López Carreira.

Olhade estes interesantes videos onde Anselmo López Carreira aporta uns datos mui esclarecedores sobre a ocultaçom da nossa história. Por se vos interesa, dizir-vos que durante a carreira os professores de medieval continuavam com os olhos pechados, havia que ler outras cousas para achegar-se à realidade. Lamentável!





segunda-feira, 8 de março de 2010

Deputada pide a Feixóo que explique quen pagou a viaxe de Chinny ao Vaticano

Juro que a mim Feijoo nom me invitou a nada, nim me levou a ningures. E menos mativem relações sexuais com ele. Já lhe gustaria!!! XDXD


Soneira critica a "doble moral" de Feijóo por acudir a unha audiencia papal e esquecer os "postulados católicos" do seu partido que é contrario o aborto, ás parellas de feito ou o matrimonio homosexual, "a pesar de que no Goberno da Xunta hai gais recoñecidos".

http://chuza.org/historia/deputada-pide-a-feixoo-que-explique-quen-pagou-a-viaxe-de-chinny-ao-vaticano/

PD: Saudos desde a Argentina, perdoade a pouca actividade no blogue. Aqui a conexom e má.

O conselleiro de incultura (ou o Cosmopaletismo).

Esta persoaxe cambia Touro por toro e Sobrado dos Monxes por Desvan de los monjes.E queda tan tranquilo jajajajaja.


E se a vasca levase algo de razón?

Outra máxima que nom erra, quem nom se respeita nom tem porque ser respeitado. Um muito bo artigo que vos merezerá a pena ler.


Por Marcelino Fernández Mallo em Vieiros.


O que máis me sorprendeu da infausta frase da vasca ultraespañolista foi a falta de conexión aparente entre pregunta e resposta. Quero dicir que, pretender descualificar co termo “gallego” a un suxeito non nacido en Galicia, implica ter moi gravada tal asociación na mente. Ó meu entender, o miolo da historia atópase no proceso de gravación, no método mediante o cal tal asociación penetra nun cerebro en principio neutral.

Mesmo despois chegou a contrarréplica, se cadra aínda máis intempestiva cá declaración orixinal. Entón un decátase de algo de maior fondura estar a operar, algo que merece ser analizado lonxe da visceralidade. E o primeiro que lle chimpa á cabeza son as imaxes da vasca ultraespañolista a carón da Gloria Lago e os seus mariachis monolingüístas entre os que atopamos, por exemplo, a Alfonso Rueda e a Corina Porro, actual Conselleiro da Presidencia e anterior alcaldesa da cidade máis populosa do País. Compartirán Alfonso Rueda e Corina Porro a opinión da súa compañeira de manifestación? E fóra de Galicia, que cren: haberá moitos que compartan tal pensamento? De onde lles virá idea tan fatídica?

Se cadra, do propio goberno... Recordemos que é Núñez Feijóo quen goberna en Galicia tralo exercicio electoral soberano do pobo galego: Núñez Feijoo, o mesmo que impediu a promulgación dun Estatuto de primeiro nivel para Galicia, quen retirou o noso País do grupo de cabeza na configuración do Estado para postergalo no pelotón das Comunidades sen dereitos históricos nin vocación de autogoberno. E a carón de quen goberna este home? Pois duns conselleiros que, coma el, renegan abertamente, sen prexuízos, dos riscos diferenciais de Galicia e dos seus sinais de identidade. Ademais do mencionado, velaí Jesús Vázquez, Javier Guerra, Beatriz Mato, Roberto Varela... son galegos inda que non o pareza tendo en conta a súa acción de goberno. Actúan en contra da cultura galega, da lingua galega, da bandeira galega, ata da toponimia e antroponimia galegas... de todo canto supoña un factor de autoidentificación ó tempo que promoven pautas e códigos aliñantes con outras realidades que se queren seguir impoñendo como propias. Complexo? Asimilación? Autonegación? Trátase do goberno escollido polos galegos, cidadáns libres dispostos a apoiar unha e outra vez as propostas sometidas ós “superiores intereses da nación española”. Porque este goberno galego non foi ningún accidente senón, polo contrario, o herdeiro “natural” doutros gobernos galegos deseñados a partir dunha filosofía de submisión ás directrices do poder central.

Submisión que se estende a moitos outros niveis. Ei-la destrución do medio natural galego para o beneficio de compañías madrileñas, norueguesas, vascas ou catalanas. Ei-las empresas galegas que, tralo seu asentamento no mercado, terminan desprazando os seus centros de decisión ou produción cara a Madrid ou Barcelona. Velaí os membros galegos do goberno español actual, Elena Salgado, José Blanco, Francisco Caamaño, Antón Louro, liderando dende as esferas centralistas a operación para privar a Galicia dun poder financeiro autóctono... Seica o concepto “galego” ten, para moitos de nós, máis un contido romántico e folclórico e non tanto presente e real.

Sentimos carraxe cando nos ofenden ou desprezan dende fóra mais adoitamos manternos impasibles ante tantas aldraxes internas. Cabréanos, por exemplo, que IKEA non valore o coñecemento da lingua galega para os seus empregados na Coruña e si outros idiomas. Porén, admitimos sen resistencia que no último servizo municipal constituído, a “Casa del Agua”, ninguén sexa quen de prestar unha atención en galego; nin sequera os caixeiros automáticos do aparcadoiro, capaces de operar en castelán, inglés, francés, portugués e catalán. Así os mandaron e así os aceptamos. Non será que nos ignoran porque nosoutros mesmo nos ignoramos antes?

Saltemos de ámbito para lembrármo-lo trato ben preferente outorgado a UPyD nas últimas eleccións autonómicas polo xornal galego que goza do 50% de cota de mercado en Galicia, o cal lle deu cobertura de alternativa real sen ningún argumento fóra dunha manifesta “sintonía” natural. Non esquezamos tampouco que o principal editorialista dese xornal amosou a súa indisimulada simpatía polos preceptos defendidos por esta señora, desde a recuperación da política centralizadora ata a aniquilación dos riscos culturais propios pasando pola zuna contra todo nacionalismo non español; nin que o ínclito embaixador vaticano, alcalde “eterno” da segunda cidade de Galicia, declarou repetidamente a súa afinidade coa galegofóbica deputada euscalduna.

As súas declaracións representan unha probable paranoia digna de terapia e tratamento. E sen embargo, un escóitaas e pensa da dobre moeda que Galicia representa, a dobre faciana dun País en crise de identidade permanente. E a min, confésoo, unha desas metades non me gusta nadiña. Mira que se a muller leva algo de razón...

sexta-feira, 5 de março de 2010

O silêncio de Gabilondo.

Por Concha Rousia em Vieiros.


Eu não estava a ver televisão quando este silêncio de Gabilondo, no que vou falar, se pronunciou; sim os silêncios se pronunciam, podemos até dizer que os silêncios falam; mas eu este não o ouvi porque, como já disse, não me achava a ver televisão; eu não vejo televisão espanhola; alguém me falou deste silêncio ofensivo de Gabilondo; porque o dele ainda me ofendeu, talvez não por muito tempo, mas desta vez ainda me ofendeu, e quero explicar por que, como também quero explicar por que as palavras da Rosa Díez não me ofenderam. As dela, esta espanhola, em todos os sentidos da palavra, não me ofendem nem muito nem pouco, deixam-me totalmente indiferente... Chega-me com lembrar duas frases: ‘ofende quem pode e não quem quer’ e ‘à merda não se lhe faz apreço’...

Ora bem, o silêncio de Gabilondo ofendeu-me, ofendeu-me porque me indica que ele entendeu o que a Rosa Díez queria dizer quando falou de ‘gallego en sentido peyorativo’. Eu não entendo o que ela quis dizer com isso, e como eu haverá, imagino, muita gente, e portanto penso que o senhor Gabilondo deveria ter perguntado a tal fulana espanhola o que ela queria dizer com aquela frase, mas ele não perguntou; e portanto a mim esse silêncio me diz que ele comparte código linguístico, e neste caso xenófobo, com a Rosa Díez; e por se isso fosse pouco, nesse silêncio ouve-se também dizer que a audiência desse programa deve saber o que a espanhola Rosa Díez quis dizer com esses termos ‘gallego en sentido peyorativo’ ou então o apresentador teria procurado uma aclaração para essa audiência, mas não pediu...

Acodem a minha memória as palavras de uma amiga afro-americana de Baltimore, companheira de estudos na Universidade de Maryland, quando era ofendida por algum professor desses antigos que ainda há por todo o lado; o professor fazia algum comentário que sem chegar a poder ser considerado racista, podia ser visto como insensível com a minoria negra daquele país; a minha amiga Kim, que estava num curso superior ao meu, sempre mo comentava e invariavelmente me dizia: ‘a mim o professor não me ofende, a mim ofende-me o silêncio de meus companheiros brancos...’ Hoje quero agradecer a Kim as suas palavras doutrora, das que tenho botado mão muitas vezes, porque elas me ajudam a entender a discriminação subtil, mas xenófoba, que sofremos os galegos no Estado dos espanhóis.

terça-feira, 2 de março de 2010

Estadísticas de Morte

Joer, esta tarde quedei pasmado cunha noticia de elmundo.es onde fala de que o suicidio xa é a primeira causa de morte non-natural en espanha. Pero non quedei pasmado por este dato, senon por que todo o artigo está cheo de estadísticas funestas. Que jodido debe ser traballar recopilando estes datos.

Déixovos o artigo por si queredes lembrar que algún día seremos un número más dalgunha tabla excel macabra.


AS ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES, PRIMEIRA CAUSA DE MORTE EN ESPAÑA

* En mulleres, cae a mortalidade cardíaca pero aumenta por cancro de mama e pulmón
* Os suicidios substitúen aos accidentes de tráfico como primeira causa non natural
* Castela e León, Asturias e Galicia teñen a taxa de mortalidade máis elevada do país

MADRID.- As enfermidades cardiovasculares seguen sendo a primeira causa de morte en España, seguidas dos tumores e das enfermidades respiratorias. Os datos despréndense da estatística de defuncións segundo a causa da morte, que fixo pública o Instituto Nacional de Estatística (INE) con datos provisionais correspondentes ao ano 2008.

Dos datos facilitados polo INE destaca ademais o descenso das defuncións por accidente de tráfico, que se reduciron no ano 2008 un 20,7% con respecto ás cifras do ano anterior. Desta maneira, os accidentes deixan de ser a primeira causa de morte non natural, para ser substituídos polos suicidios.

Concretamente, o INE explica que o suicidio se situou en 2008 como a primeira causa externa de defunción, con 3.421 persoas falecidas, cifra semellante á de 2007". Por sexo, a mortalidade por suicidio foi maioritariamente masculina (o 22,65 foron mulleres).

En 2008 producíronse en España un total de 386.324 defuncións, 963 máis que as que se produciron no ano 2007, aínda que a taxa bruta de mortalidade descendeu nun 1,3%, xa que se situou en 847,3 mortes por cada 100.000 habitantes, segundo os datos do INE.

Por sexos, producíronse 186.677 falecementos de mulleres, o que supuxo un aumento do 1,3% respecto ao ano anterior, mentres que as defuncións de homes situáronse en 199.647, o que significa unha diminución do 0,7%.

Sen embargo, a estatística revela que o patrón de mortalidade do ano pasado foi similar ao rexistrado nos últimos tempos: a insuficiencia cardíaca superou ao cancro de bronquios e de pulmón. En concreto, as enfermidades cardiovasculares repetiron como primeira causa de morte en 2008, cando ocasionaron o 31,7% do total de defuncións. Seguíronlle os tumores (26,9%) e as enfermidades do sistema respiratorio  (11,4%).

Máis mortes por trastornos mentais.

Así mesmo, a estatística indica que as defuncións por sida mantiveron a tendencia á baixa de anos anteriores: En 2008 faleceron 1.212 persoas, un 7,7% menos que en 2007.

En cambio, os grupos de enfermidades causantes de falecemento que máis aumentaron respecto ao ano 2007 foron os trastornos mentais e do comportamento, que subiron un 4,6% e causaron a morte de 12.879 persoas. Dentro deste grupo, o INE destaca a incidencia das demencias, que provocaron a morte de 11.973 persoas, das que o 68,2% eran mulleres. O ano pasado incrementáronse así mesmo as enfermidades do sistema nervioso, cun total de 17.432 defuncións, un 4,2% máis que no ano anterior. Dentro deste grupo destaca a enfermidade de Alzheimer, que causou 10.349 falecementos (o 69,6% deles corresponderon a mulleres).

Atendendo só á poboación feminina, as enfermidades cerebrovasculares foron a primeira causa de morte en 2008, cando provocaron 18.312 defuncións, un 3,4% menos que no ano anterior. A segunda causa de morte foi a isquemia cardíaca, con 15.519 mortes, un 2,8% menos que en 2007.

Entre as defuncións debidas a tumores malignos, o cancro de mama volveu ser o máis significativo (6.051 falecementos, un 1,1% máis que o ano anterior), seguido do cancro de colon (4.629 mulleres falecidas, un 3,0% máis).

Sen embargo, un dos tumores que máis aumentou a mortalidade entre as mulleres foi o cancro de bronquios e pulmón. En 2008 aumentou un 9%, "confirmando a súa evolución ascendente dos últimos anos", explicou o INE. Tamén aumentaron un 7% as mortes por cancro de páncreas.

Os homes, do corazón

Entre os homes, as enfermidades isquémicas do corazón foron a primeira causa de morte con 20.369 defuncións en 2008, un 4,1% menos que un ano antes. A segunda causa de falecemento foi o cancro de bronquios e pulmón, con 17.146 defuncións (un 0,2% menos que en 2007).

Para os españois, o segundo tipo de cancro máis significativo foi o de colon (con 5.973 falecidos e un aumento do 1,0%) e o terceiro o de próstata (responsable de 5.464 mortes, un 2,1% menos que no ano anterior). As causas de morte máis frecuentes nos homes que non apareceron entre as máis habituais das mulleres foron o cancro de vexiga, o cancro de estómago e a cirrosis hepática.

Por comunidades autónomas, as taxas máis elevadas de falecidos por cada 100.000 habitantes no ano 2008 corresponderon a Principado de Asturias (1.203,0), Castela e León (1.092,9) e Galicia (1.082,1), o que segundo o INE explícase "en parte" porque "este tres comunidades teñen unha poboación máis vella que outras".

Pola súa banda, as taxas máis baixas presentáronse en Canarias (653,0), na cidade autónoma de Melilla (656,1) e en Comunidade de Madrid (660,8), o que para a institución, ten a súa orixe en que a poboación é máis nova.

segunda-feira, 1 de março de 2010

Documental ZEITGEIST - Segunda parte: Todo o Mundo é un Escenario

Hei rapaces, deixo eiquí a segunda parte do documental Zeitgeist, para min a máis sorprendente xa que fala dunha historia ben coñecida por todos, a das As Torres Xemelgas, e non precisamente a da súa construcción.

Votádelle un ollo, por que é realmente revelador!!

Non sei se escoitáchedes que as azafatas de American Airlines cando os pasaxeros subían ó avión lles preguntaban: ¿a que piso van? jor jor, disculpade o meo humor negro.

Bueno, ahí vai!

Urbanización Vila formiga.

Tremendo documental sobre unha colonia de formigas en África.Foron capaces de crear un sistema propio de refrixeración e sobre todo mirade o molde que quedou despois de encher o formigueiro con dúas toneladas de cemento.