quinta-feira, 3 de abril de 2008

Ei da casa!

Mozos mozas gatos gatas, vizinhos todos... Como vai iso, todo bem?
O que aquí po(s)tea responde ao gaélico sobrenome de O'Poldow, e desde a distancia do outro lado do Ecuador, mándavos saúdos e lembrancias en xeral.
Parabéns, O'Sheeney, máis umha vez por tan fértil e plecara idea, que xa estou vendo que ha dar que falar en todo a vecinhanza. De entrada, e por ir conhecendo os arredores, deime unha volta polos blogues que hai cabo de este, e se facés experiencia similar, xa vos daredes conta que o bairro non perde cousa ningunha en comparación con Belvís, con Hell´s Kitchen ou co mesmísimo Conxo. E velai vai.
Pola minha parte, como moitos sabés, dei co meu corpo e os meus enseres na megaplástica cidade de São Paulo, e tratando de reagruparme familiarmente coa minh'alma, que ficou nalgún lugar da mar Atlántica, e coa mente que algunha vez me alumeou, e que vaga hoxendía por algún lugar incerto dos Séculos Escuros, paso os días e as somanas.
E aí que a vosa companhía me dá pracer en rencontrar... xa devezo por escoitar as historias máis piscóticas de universos en forma de donuts, de rituais celtas con célticos dolmens e menhires , de ficción científica ou prosa acústica, do tempo en Camarinhas ou do que máis vos prouguer.
Este voso seguro posteador ofrécevos por en canto desculpas por presentarme de esta maneira, e a estas horas, e sen unha mísera botella de Martín Codax para celebrar.

Alá na Franza, cando a xente estrea moradía celébrase a chamada festa de"pendaison de la cremaillère", que non vén sendo outra cousa que o "colgamento da gramalleira" das nosas lareiras. E non me digades que non sabéde-lo que é? En vista de tal cousa se pasar, xa me eu puxen a percurar imaxes pola rede, para ilustrarvos. E non fun topar, nestas trafegas, mesmo cun grupo folki vallisoletano, que se chama 'a gramalleira'. Tíranse os paxaros ás escopetas, pois é!

E xa con esta voume despedindo, que haberá tempo para falar. Unha grande aperta para todos, tamén para o único que aínda non conhecín, e mais unha pequena tríada, por aquelo dos anos de estudo... Do Colectivo Rompente, from the 80's to you:

Ondas do mar de Vigo
Se vistes o meus amigo...
Que marchei!
As imaxes, a través de magago.

7 Comments:

O'Chini said...

Saudos Poldánsio!!
Ë um auténtico prazer ler-te! Nom sabia que Sam Paulo fosse tam urbanita, bom, nom tudo vai ser futebol.

Eu o Martin Codax nom o boto moito de menos. Pero nom vejas as ganas que tenho de tomar um bom chouriço galego, bem curadinho, com queijo de Arzua... caghonamar.... Por aqui o máis parecido que atopamos foi o queijo de Wisconsin, terra dos colonos alemáns, sabedios, ao melhor dos nossos primos os suevos, comedores de patacas-e-carne-de-porco a tutiplen.
Pero chouriços... chouriços nim de conha!!
Alguem tinha que montar um negócio de importaçom e logho umha cadeia de comida rápida: Mc-Chouriso, ou Chouris´n´chips....

Gonzalo Amorin said...

Chainis..eu...aqui mesmo tenho um bo chourizinho a esperar por ti!! Gordinho, quente e februdo. Vem por aqui prova-lo...tontorrom!!

O'Poldow said...

O'Sheeni, Gundisalvo! Ça fait plaisir véndovos tirando un polo outro, mais umha vez. E saben vds.? Nunca volo dixera (confession moment) pero muitas grzas polas xestións do 2001... Lémbrome con vós dous visitando o 7 das Trompas, no que xa estiverás, e que tan ben acertastes e onde tantos días bos nos foron dados. Ao César o que é do César!
Con respecto á morrinha culinaria, eu inda non a experimentei, que de okupa familiar como ata agora estou, inda hoxe comín filloas... Fico interesadísimo sobre esa tribo de que falas, a ver se puideses fornecer algunha imaxe ao respecto... Unha queixo de tetilla, de Windscousin? Ah, tomara, tomara, vengan esas tetillas!

O'Chini said...

hef hef...! (Nom sei como representar um sorriso socarrom!)

Grazas Gonzalo pola oferta, eu o meu chourizo (perdom polo z pero estou num teclado injles) tenho bem guardado. Algumha vez pensei em botar-lhe um bocado, pero da-me medo, e teria que operar as costelas como o fulano esse ue canta tam bem... tam normalinho el...



Bom, sae-me o aviom em breves de volta a Chicago, ja vos contarei de que pe coxeam os gandeiros de wisconsim, e se cargam as escopetas com sal, ou se ploa contra prefirem algo mais contundente para espantar aos ladrons de mazas)

Impresionante relato bombeiril no outro post, por certo, ja comentarei quando este de volta...

O'Chini said...

hef hef...! (Nom sei como representar um sorriso socarrom!)

Grazas Gonzalo pola oferta, eu o meu chourizo (perdom polo z pero estou num teclado injles) tenho bem guardado. Algumha vez pensei em botar-lhe um bocado, pero da-me medo, e teria que operar as costelas como o fulano esse ue canta tam bem... tam normalinho el...



Bom, sae-me o aviom em breves de volta a Chicago, ja vos contarei de que pe coxeam os gandeiros de wisconsim, e se cargam as escopetas com sal, ou se ploa contra prefirem algo mais contundente para espantar aos ladrons de mazas)

Impresionante relato bombeiril no outro post, por certo, ja comentarei quando este de volta...

Marta said...

Chini, non te repitas...je, je
por certo cando falas do teu chourizo ben guardado, en fim, non sei se é que son as duas da mañá e teño unhas cañas enrriba ou e que son así de mal pensada, je, je, pero faime unha gracia,...

Marta said...

Vaites a verdade e que teño unhas cañas de mais, as neuronas non procesan ben e a inocente son eu...em fin sen comentarios, "as 9 donde quedabamos, en que bocatería?"