segunda-feira, 28 de abril de 2008

El motociclista enamorado

Hola, aquí vos deixo un pequeno relato de Gianni Rodari que quero adicar en particular aos dous motociclistas namorados do blog: Gonçalo e Gusta_vete. Cando o lin pensei, son tal cual (polo menos Gusta_vete). É un relato humorístico e non creo que sexa nada complicado de ler (na parte de atrás do libro pon a partir de 12 anos), así que agardo un mínimo comentario voso, senón me enfado ;(... Fago como da outra vez, metoo en dous cachos (unha parte como comentario), cliqueades no titulo e o vedes dun tirón. Ala, un bico.

El motociclista enamorado
El comendador Mambretti, propietario de
una fábrica de accesorios para sacacorchos en Car­pi, provincia de Módena, tiene un hijo llamado Eliso, que tiene dieciocho años. Viste siempre un pesado chaquetón impermeable con acolchado in­terior pespunteado, pero debajo se pone un mono bicolor separable en la cintura con cremallera, y en la cabeza lleva un casco integral de fibra, con acústica perfecta, y visera recambiable. En suma, un motociclista propiamente dicho.

Una mañana Eliso se presenta en la empre­sa de su señor padre y dice:

-Papá, quiero casarme.

El comendador Mambretti contesta:

-Menos mal que te han entrado ganas de hacer algo. Mides un metro noventa y uno, pesas ochenta y siete kilos, no has acabado el Bachille­rato, los accesorios para sacacorchos no te intere­san, has gastado más en botas de motocross que yo en cuadros del maestro Annigoni... Oigamos. ¿Es rubia o morena?

-Es roja -responde Eliso.

El comendador Mambretti reflexiona.

-Roja -dice-. ¡Pues sí que es un color­cito adecuado para el hijo de un industrial! Ya me parece oír las carcajadas de la comisión obrera.

-Si quieres, puedo pintarla de blanco -di­ce Eliso, por darle gusto.

El comendador Mambretti reflexiona un poco más. Eliso aprovecha para agregar otros de­talles:

-Es japonesa.

-¡Ah, qué bien! Encima extranjera. No es­toy de acuerdo, hijo: el caballo y la mujer de tu tie­rra han de ser. ¿Nombre?

-Yo la llamo Minina.

-Claro que sí, Eliso, emparentemos con los felinos.

-No es una gata, es una motocicleta. Quie­ro casarme con mi moto Setecientos cincuenta.

El comendador Mambretti suspira:

-Hijo mío, nunca te he negado nada; es­toy aquí para darte la felicidad. Pero ¿no piensas en nuestra honra? En el terreno de los accesorios para sacacorchos somos los primeros del Valle del Po y los segundos de Europa, equiparables con los Krupp de Solingen. Y tú vas a elegir una mu­jer de clase inferior. Tu madre se morirá de con­goja. Ella quería darte a la Susi, hija de la Firma Mambrini, que produce collares para cuellos de botella. Ésa sí que sería una mujer para ti y el con­suelo de mi vejez.

-Ni siquiera tiene espejo retrovisor...

-Sí que lo tiene; lo lleva en el bolso, se lo he visto yo. Pero si no te gusta, no he dicho nada.

sábado, 26 de abril de 2008

A minha homenagem a Pucho

Hoje pola manhan escoitamos a Pucho a todo trapo... que pensariam os vizinhos nossos? Frank Sinatra cantando em balcánico?

Pucho Boedo naceu no Ventorrilho (n'A Corunha) no 1928. A sua família, como moitas outras, foi golpeada pola Guerra Civil e a repressom. O seu pai era membro da CNT e fora asasinado no 36, quando Pucho tinha nove anos. Um ano máis tarde, seu irmam era tamem fusilado, e um terceiro conseguira fugir. A finais dos corenta começou a cantar, e tivo as pelotas de face-lo em galego de vez em quando, depois de todo o que lhe pasou aos seus. Estivo com os Satélites, foi a Venezuela e trouxo a salsa ás verbenas galegas, e uns arranjos orquestrais que te cagas. Logo, depois de pasar por outros grupos, estivo cos míticos Los Tamara.


Eu, a verdade, é que moito tinha oido falar á gente dele, pero nunca o escoitara até que meu pai começara e conseguir gravaçons e ponhe-las no coche.

E agora, e que me flipa. Penso que foi o Frank Sinatra galego. Tem umha voz profunda, canta tamem em plam profundo pero tamem e plam conhero. A orquestraçom é um verdadeiro prazer para os ouvidos. O seu poder é tal, que umha cançom sua chamada, La mamá (em castelhano) é tam triste e cantada tam bem que poderia foder-vos o dia se a escoitasedes, assi que esa nom a ponho. (Vai dumha mai que morre rodeada polos seus filhos...). Se tedes interese em autoflagelar-vos, recomendo-vo-la. Para umha das outras, mais desenfadadas, está por exemplo Si te vas de mi, que te mate el tren que começan berrando arrrriba!!! em plam rumbero total, e justo depois oe-se umha voz por debaixo preguntando-se "e por que nom abaixo?"... retranca total.

Por certo, hai que contextualizar a temática de moitas das suas peças na época da dictadura. Os 60-70´s tinham umha vissom de Galiza moi folclórica, (bom, ainda a temos hoje...!) , e por outra parte, era a época dos toros y la minifalda, Manolo Escobar, etc...

Esta é a minha particular homenagem a este home. Espero que vos guste o que vou colar, ainda que só seja um chisco...



A primeira, a minha preferida:
O vello e o sapo



Na aldea lexana fumegan as telhas;
Detrás dos petoutos vai póndo-se o sol;
Retornam
prós eidos coa noite as ovelhas
Triscando nas beiras o céspede mol.
Um velho arrimado num pau de sanguinho,
O monte atravesa de cara ao pinar.
Vai canso; umha pedra topou no caminho
E nela sentou-se pra folgos tomar.

-Ai! -dixo-, qué triste! , qué triste eu estou!
E um sapo que
oia, repuxo: -Cro, cro!

Ás
ánemas tocam! ... Tal noite como esta
Queimou-se-me a casa, morreu-me a mulher;
Ardeu-me a xugada na corte, e a besta,
Na terra a semente botou-se a perder.
Vendim
prós trabucos bacelos e hortas
E vou polo mundo de entom a pedir;
Mais cando nom topo pechadas as portas
Os cans
saiem-me a elas e fam-me fugir.

-Canta, sapo, canta; ti e eu somos dous!-
E o sapo choroso, cantava: -Cro, cro!

Solinhos estamos entrambos na terra.
Mais nela un buraco ti
ancoltras e eu nom;
A ti nom te mordem os ventos da serra,
E a mim as entranhas e os ósos me
róm.
Ti, nado nos montes, nos montes esperas,
De cote cantando, teu término ver;
Eu, nado entre os homes,
dormendo entre as feras,
E morte non acho, se quero morrer.

-Já tocam... Recemos, que
dizem que hai Dios! ...-
El reza, e o sapo cantava: -Cro, cro!

A noite pechada, e o ráio da lua
Nas lívidas cumes
comença a brilar;
Curismo que tolhe, nas árbores brua
E escóita-se ao
lexos o lobo oubear.
O
pobre do velho cos anos cangado
Ergueu-se da pedra e o pau recadou;
Virou para os ceos o punho pechado,
E cara aos
touzales rosmando marchou

Cos olhos perdidos na escura
estensiom,
O sapo quedou-se cantando: Cro, cro!.

Cro, cro!.



Obra mestra da poesia galega, coa sua voz. Inigualavel,
Unha noite da eira do trigo




A Meiga



O mítico A Santiago voy
alegre, pero morrinhenta, sobre todo para os que estamos fóra...



Bo, aqui está...pero logo nom me digades nada, eh?
La mamá

O canto das três raças

E como nom todo vam ser himnos ;) , aqui vos deixo umha peça bem bonita, (polo menos para mim), para que vos energicedes. Espero que vos guste!

Clara Nunes: O canto das três raças




Ninguém ouviu
Um soluçar de dor
No canto do Brasil

Um lamento triste
Sempre ecoou
Desde que o índio guerreiro
Foi pro cativeiro
E de lá cantou

Negro entoou
Um canto de revolta pelos ares
No Quilombo dos Palmares
Onde se refugiou

Fora a luta dos Inconfidentes
Pela quebra das correntes
Nada adiantou

E de guerra em paz
De paz em guerra
Todo o povo dessa terra
Quando pode cantar
Canta de dor

ô, ô, ô, ô, ô, ô
ô, ô, ô, ô, ô, ô

ô, ô, ô, ô, ô, ô
ô, ô, ô, ô, ô, ô

E ecoa noite e dia
É ensurdecedor
Ai, mas que agonia
O canto do trabalhador

Esse canto que devia
Ser um canto de alegria
Soa apenas
Como um soluçar de dor

sexta-feira, 25 de abril de 2008

25 de abril. Revoluçom dos cravos. Menos mal que nos queda Portugal!!

Viva Portugal companheir@s!!! Nom vos esqueçades da data de hoje e brindade polo República irmá!! Saude e Pátria!!!!






Galicia encantada

Fai tempo descubrín unha páxina chamada "Galicia encantada" (enciclopedia de fantasía popular de Galicia) que igual vos interesa visitar. Está chea de relatos de lendas e seres míticos e incluso ten un pequeno apartado de toponimia. Hoxe mandáronme este correo dun concurso que personalmente pareceme unha forma de que a xente colabore coa web así de gratís, porque o premio é básicamente o puro recoñecemento. Pero inda así, se alguén está aburrido (ou non) e lle interesa colaborar, ahí vai o correo que me mandaron:

Concurso na web Galicia Encantada. O premio non son cartos, mais a emoción está asegurada.
Propoñemos un concurso arredor dos lugares con lenda. Facilitamos unha foto e un punto xeográfico no Google Maps.
Queda na vosa man identificar o lugar, co seu verdadeiro nome, e achegar as lendas que consigades sobre o mesmo.
O que mandedes irase facendo público e entre todos completaremos un circo máxico: identificaremos e descubriremos os lugares lendarios de Galicia.
Unha listaxe de honra dos que máis colaboren agarda polo nome dos aventureiros da internet.
Estas son as normas...

...e esta é a preimeira proba
.

Saúde e sorte para todos
Coordinador de contidos de Galicia Encantada

quinta-feira, 24 de abril de 2008

Crónicas debuxísticas

Levo duas semanas un pouco raiada co traballo que estou facendo de ilustración. Fai case dous meses fixen uns contos para un proxecto educativo de Santillana (Madrid) e agora estamos facendo as adaptacións para Galicia. Nas adaptacións non se pode facer unha traducción literal do castelán ao galego, e claro, donde antes había unha "paloma" agora hai unha "pola", pois a traducción literal "pomba" con esa combimación de fonemas "mb", todavía non a están dando os cativos que empezan a ler. E ala a cambiar tódalas "palomas" do conto por ghaliñas. E se o criterio da adaptación é que cada becho que aparece empece por cada unha das vogais, pois ala, a cambiar "Erizos" por "esquíos", "urracas" por "unicornios"....etc e seguindo outros criterios pois tamen cambiei leóns por monos, cans por ratos, e monos por parrulos, menudo lío zoolóxico!!! Estou farta!!! Todo isto o fago a man e teño que volver a facer todas as ilustracións enteiras de novo, só por cambiar un becho por outro, e non sabedes o que aburre e o repetitivo que é. Así que bendito photshop, este ano aprendo a fozar nel!!

Por outra banda empecei a ir a clases de debuxo e estou aprendendo a facer garabatos! Sí! garabatos! estou aprendendo a debuxar dunha forma superliberadora, na que deixas o teu lado esquerdo do cerebro (o analítico, o crítico, o que moitas veces che fai facer cagadas porque non se esta calado) para usar o dereito, máis visuoespacial. Aínda que pareza obvio estou aprendendo a debuxar a traves da mirada, dos ollos ao papel, sen mediar nengun proceso analítico (normalmente os debuxos os fago de memoria, sen modelos, sen usar a vista para nada). É unha forma de debuxar moi fluida e sen preocuparte polo resultado. A profesora cun proxector, ponos imaxes que duran apenas uns segundos ou minutos co único obxetivo de captar o xesto, o movemento desa figura. Os debuxos que vedes por aquí colgados estan feitos a tinta e captados en poucos segundos dun video do National Geographic.

E por último levo tanto tempo facendo debuxos superinfantís, que case teño olvidada como se fan debuxos máis realistas, e claro mirade o que me saiu o outro día!!! Menudo chorbo (non está perfecto), pero a máis de algún poralle os pelos de punta! A min encántame. Non sei se eras ti Chini que me dicías medio en coña por que non facía cómic porno que daba moita pasta. Non sei se che gustaría ver os resultados, son moi retorcida coas fantasías eróticas, non sei qué público tería porque masculino (hetero), non, polo menos. Pois isto é todo por hoxe, unha aperta! ( E perdoade pola narración un pouco atropelada andaba con presa...)




Hoje é o aniversário de Maria

Hoje (24 de abril) Maria cumple anos...



Pero nom se pode dizer quantos... Compraremos umha tartinha, soplaremos as velas, e tomaremos umha botelha de vinho californiano, que tampouco está mal.

Cousas de bombeiros.

Espero que estas fotos nom vos desagradem muito. Sobre todo a segunda. Umha pequena mostra do que é o nosso trabalho. Na primeira eu estou tras a cámara, foi um bo golpe de um Mercedes contra um camiom, que fose um coche de gama alta foi o que lhe salvou a vida. Na segunda é evidente onde estou. Duro trabalho aquel dia, cozinhando e preparando a mesa. hehehe!!! O certo é que mesturar cousas assim poida parecer algo frívolo, pero nós temos que contemporaneiçar. No parque o humor negro está à orde do dia. Que vos prestem!



terça-feira, 22 de abril de 2008

Xa eran Horus!

Diante das inúmeras peticións (en realidade 2 ou 3), velaí van algúns retallos das miñas recentes vacacións pola ribeira do Nilo. O conto é que a María tiña que coller unha semana de vacacións obrigada pola súa empresa, e xa que ir en 7 días a Rumanía a visitar un primo de María era moito lío de "rayaneres", aeroportos, trenes, aduanas e demáis, finalmente atopamos unha oferta interesante para viaxar ata Exipto (oxalá todas as violacións dos dereitos laborais de María sexan tan de proveito coma esta!). A viaxe foi espectacular, pero iso si, foi unha viaxe arquetípica de guiri, con axencia de viaxes e paquete turístico incluído, con cruceiro polo Nilo e con hoteis de escándalo no Cairo. Se cadra é cousa de irse facendo vello, pero ás veces tamén presta aparcar a mochila, os albergues xuvenís, e sacrificar parte do encanto da viaxe por algunha que outra comodidade. Xa non me lío moito máis, así que abaixo tendes imaxes por un valor aproximado de máis de 9.000 palabras, segundo os baremos clásicos nisto do troco imaxe-palabra.
(En calquera caso, se pasades o rato por riba das fotos podedes ler un pequeno comentario)

2 paisanos exipcios traballando

O templo de Karnak (as pedras do fondo á esquerda, o resto é un autoretrato)

As pirámides de Gizeh (si, o do fondo, o outro é o segundo intento de autoretrato)

O noso taxi favorito (o conductor era Tutmosis III en persoa)

Cousas da globalización

As pirámides por fora ¡Vivan os tour-operadores

As pirámides por dentro

Cachimbeando en Fishawi's Cafe, un garito imprescindíbel

Estes rapaces, ¿porque se sacan fotos connosco? e o profesor porqué sorrí así? NOTA: O edificio rosa hortera do fondo é o indescriptíbel Museu Exipcio do Cairo

segunda-feira, 21 de abril de 2008

Un pouco de Latin Jazz...

Se fóchedes capaces de escoitar os himnos de Chini, creo que poderedes superar isto fácilmente (he, he, non mo tomes a mal Chini). Apetéceme compartir co vos un pouco da música que escoito últimamente. Aquí vos deixo un dos meus descobrementos deste ano: Dave valentín, un virtuoso flautista deses que teñen un canario dentro da flauta . Se víchedes a peli "calle 54" o veredes tocando xunto a Tito Puente. Non me apetece enrrollarme moito: un par de temas, o primeiro sacado do seu disco "Live at the blue note" e o segundo do disco "Sunshower", creo que falarán por si mesmos, agardo que gusten.








domingo, 20 de abril de 2008

Video a meio fazer....merda de computador!!!

Caghonamar, co bonito que me estava quedando.. vai e se me para o programa e nom tinha salvada a ediçom, só o video final...Agora nom podo fazer cámbios... .@!*€&#..!!

Este era um vídeo em plam ameno y divertido
com música de Temp[l]os Modernos... e com fotos da Banda... bom, se me ponho ainda o recupero... pero fai um dia de p.m. e hai que sair da casa, que estou criando cogumelos onde terminam as costas... e começa o CÚ!!... caralho que mala óstia me quedou...
Ai vai.
Ja me contarás Rober se gostavas da ideia....



PD1: Acaba de aparecer o Home de Luou pol´A Zona Velha. Bemvindo companheiro!!!!


PD2: voltei ponher todo junto... Algumhas cousas quedavam melhor na anterior verssom. Agora polo menos tenho o arquivo de ediçom, de momento vai assi, ainda nom está terminado nem pulido (sincronizar os tempos com os cámbios nas fotos é um pesadelo!):

Estamos no mundo...


Pois é.

Por moito que turre a "digna de louvanza" (do latín: benemeritu) vaino ter complicado. Temos compañeiros da particular loita gz-eira en moitos recunchos do planeta e podedes comprobalo nesta fotografía tomada á beira do mesmiño Lago Nasser.
De feito, e isto non sería quen de explicar como cheguei á conclusión, hai unha alta probabilidade de que o conductor de tal automóbil se chame Lolo e veña dun lugar chamado Outeiro, ou Vilar da Igrexa, ou O Castro, ou o topónimo que mellor vos cadre. Para esta dedución non me baseo tan só no GZ, fixádevos ben na parte dereita da placa, os que coñezades algo do alfabeto arábigo non dubidaredes en dicir que se trata de números, claramente un 2, un 0, un 4 e máis un 7... claro que iso non sería así se abandonásedes o omnipresente pensamento lineal a favor do creativo pensamento lateral (que por certo, malia a manía dos antigos exipcios de facer todo de perfil, nada ten a ver con iso). Daquela veríades como o noso amigo Lolo, o do Outeiro, ou de Vilar da Igrexa ou do Castro, non facía máis que advertir a calquera que ousase collerlle o volante do coche que tivese coidado, aqueles supostos números en arabe avisaban á parroquia: "só eu"

Polo demáis... o antigo Exipto tivo que ser un lugar caralludo, mais o moderno non pasa de ser outra simpática, caótica e divertida república árabe inzada de marabillosos templos, tumbas, esculturas e mesmo ás veces tamén persoas inesquecíbeis.

sábado, 19 de abril de 2008

O himno máis fermoso do mundo

Boas noites a todas, e bos noitos a todos,

Hoje nom tinha moito sono, assi que adiquei a perder o tempo em internete. Aqui vos deixo umha selecçom moi pessoal dos que me parecem os himnos máis bonitos. Verdadeiras joias musicais... Algunhs até me ponhem a pele de galinha, outros me elevam, outros me enervam... Outros, pola contra dan-me ganas de bailar...bom, pero eses hoje aqui nom vam.

O mais bonito do mundo: O de israel, sem dúvida. "A esperança". Para flipar...e seguro que o conhecedes de oidas...moitas peliculas o usam.... Tamém tem interese a letra. Fala da volta á terra de Siom e Jerusalem, depois de 2000 anos.
Deixo-vos dúas verssons: umha curta, militaroide, de baixa calidade, e a segunda, de muita máis calidade, máis larga e orquestral, cum violim acojonante, parece mesmo umha banda sonora. Para a verssom cantada usade algum dos links que aparecem em youtube ao final.




Em segundo lugar, e moi de perto, o himno da URSS, e agora Russia. Tamem para flipar, ainda que outro estilo. Com imagens para os recordo: a cartazaria soviética, a II guerra mundial, a toma de Berlim, e o camaRRada Stalin. Esse podia-no quitar... mimáaaaa...


Logo já venhem os outros...Como nom: Alemanha. Fermoso! A letra mete um pouco de medo...Deutschland über alles...joer, se nom passara o que passou... Pero bom, o meu é puramente musical, que conste!. A peça mola!


O de França. Um clásico!!! (como mola a egrrrrrrrgrgrgre)


O americano, tamem mui bonito!


O británico. Qué pomposo el!!
A letra nom tem perdida, numha pasagem di algo que soa ao galego: "Que Deus os confunda" (bom, exactamente, que Deus confunda as políticas dos inimigos da rainha...) ...hehe.. que conheros estes british... mala chispa-te-coma ai-ai-eeee...



E por último aqui deixo o Japones,
todo um descubrimento. Mui simples, pero mui mui bonito...


Bom, nada mais por hoje. Outro dia ponho os himnos mais extranhos.
Boa noite, vou durmir e deixo dumha vez internete...

sexta-feira, 18 de abril de 2008

Hu is the new leader of China

Rapazolos e rapazolas,

Deixo-vos por aqui um vídeo co que eu pessoalmente mejo-me de risa.. a ver se vos gusta,
está em inglés, pero tem subtitulos e é facil...



Qué cousas...

O'Chini, desde Chicago de Noche

quinta-feira, 17 de abril de 2008

FOTITOS CURTA!

Ola meus queridos amigos! Hoxe foi o segundo día de rodaxen. Aquí vos envío algunhas fotos para ilustrarvos. Están sacadas ca miña cámara medio en coña, pero vanme pasar fotos decentes, xa que unha boa cámara rulaba entre os eléctricos pra sacar imaxes da rodaxe tipo making off!
A única que realmente vale a pena é a última. Fixeramos un plano cenital increíble no que o actor que fai de avó está morto e sendo velado pola sua nai e neta na cama. Eu estaba fascinada mirando a imaxe no monitor e encapricheime con colocarme ó lado do actor na cama e tirar unha foto do monitor. Quedou super chula! Así vos facedes unha idea da estética.
Como anécdota, contarvos que mentres rodábamos eses planos do actor facendo de defunto, quedouse durmido e comezou a roncar, e a neniña deulle un tremendo ataque de risa na escena. Non nos atrevíamos a despertarlle, e rifábamonos quen ía facelo. Que palo! Hehe!
Estou namorada da forma de ser deste actor. Un tipo con tantas tablas e que xa ten recibido tanto recoñecemento... vense dende Sevilla sen cobrar pra actuar nesta curta, sauda cun abrazo a todos e cada un no set e recorda ate o último nome. Fai regalos a outros actores, danos consellos, cariño, implición total.... é hiper culto, coñeiro, impresionante! Vive cada segundo con paixón ós seus 70 anos! Eu quero ser coma el de maior! Hehe!
O día foi increíble, tremendamente gratificante. Está quedando estupendo, iluminación preciosa, composición de planos, interpretación, escenografía...
Xa seguirei contando!!

RODAXE CURTA CONTINUACIÓN







quarta-feira, 16 de abril de 2008

ODISEA DE RODAXE DA CURTA

Ola tolos e tolas! Hoxe foi o primeiro día de rodaxe da miña curta! Tou super emocionada! Está indo xenial. Temos tomado o meu pisiño de estudantes, onde atrezamos estética anos 70, empapelando con papel pintado o salón até! O actor Carlos Álvarez Novoa (Goya revelación por "Solas", de Benito Zambrano) é unha grande inspiración pra mín. Estou aprendendo mil cousas del, é unha eminencia interpretativa e cultural! Cada ensaio, charla, comida con el é coma un regalo e unha grande escola. É bonito ter un proxecto propio, ir planificando e expoñendo os diferentes equipos de rodaxe(fotografía, arte...) o que queres conseguir! Pero o que máis me apaixona é a dirección de actores! Disfruto nos ensaios e no set. Realmente é cando a historia toma forma, cando as personaxes comezan a ter vida propia. Cando ves polo monitor o actor frente a cámara, no set, co atrezzo e iluminación buscadas e das o grito de acción trala claqueta que pon o teu nome, realmente hai maxia! Síntome máis realizada que nunca na miña vida! Síntome creadora! E teño o mellor co-director do mundo, amigo co que me complemento de puta madre.
En fin, compañeiros do metal, quería compartir con todos vós esta grande experiencia que está a ser unha das máis intensas e gratificantes da miña vida.

terça-feira, 15 de abril de 2008

Playtime: a hora d'O Concursazo! na Old's Zone.


Estimados vizinhos nhas:

Antes de nada os meus parabeings! polas últimas postaxes (acelereitor, lancareitor), gustoume moito saber das polémicas físicas e tamén me uno ao clube de lectura deleitosa de textículos coma o de Beiras. Bravo, pues! Sobre os vídeos de certo personaxe que virou até famoso no ciberespacio gárdome a opinión, ou en todo caso xa lla vou por agora ao post conveniente; e das actuacións dos portugas de aquém-minho tamén hai tela para cortar, máis en todo caso mola este espazo de debate compostelanovirtual.

E aí. Como ademais esta semana estou de mudanza, e tenho o karminha así ou pouco de aquela maneira, pois deume para ofrecer un novo servizo dentro do noso blogue, a ver que vos parece, e este é O Concursazo!
De entrada, vale por un choppe de Itaipava ou de Bohemia aquí pola parte do Butantã, a onde me estou mudando esta semana, á ver se dá todo certo. Trátase de que mirés aquí para a imaxe e deixés fluír o subconsciente colectivo...

E agora, concursantes e santas, por Unha canhita bem fresca no Butantã ou na Vila Madalena... QUE brasileiro ARTEFACTO ven vostedes na AFOTO que tirei hai tres semanas??
Será un acelerador de partícolas cariocas? Unha máquina de facer chourizos tropicais? A roda dun afiador de Esgos? Acéptanse as divagueación máis rotondas, haberá premios "ex equus" para @ máis orixinal!

segunda-feira, 14 de abril de 2008

Um patriota de velho! Declaraçom de Láncara.

O senhor Sobrado com o seu artigo sobre a República lembrou-me algo que lera já hai uns anos. Penso que nom necessita apresentaçom o da foto. Por se algúm de vos nom conhecia as palavras de "despedida" de X.M. Beiras da vangarda política, aqui tedes a oportunidade de le-las. Um patriota de velho mais nada! Oxalá tivese as cousas tam claras hai anos ou fose, simplesmente, mais valente daquela.

Declaración de Láncara
Un artigo de: Xosé Manuel Beiras
[24/10/2005]
Amigas e amigos de meu e do meu corazón:¿Quén son eu en realidade? ¿E qué son ou levo sido? ¿Político, inteleitual, escritor, músico? ¿Qué son eu e que levo feito na vida para merecer o agarimo con que me acariñades? Se me permitides a obscenidade de rirme de min mesmo diante de todos vós, confesaríavos que, a fin de contas, considérome un músico abortado que, como ouvíu dicir tántas veces que na política había moitos cantantes, chegou á conclusión de que un máis non se notaría moito, se non desafinaba. [Texto lido o pasado sábado 22 de Outubro -en Láncara- con motivo do Premio Ramón Piñeiro "Facer País"]
O que pasa é que parece ser que desafinou abondo –mesmo escandalosamente ás veces. Por outra banda ténselle atribuído ao Beiras unha "vontade de estilo" na sua escrita. Eu lévome perguntado moitas veces, e sigo aínda a perguntarme, se é posíbel facer literatura escribindo sobre economía e sociedade, e até agora sempre cheguei á mesma resposta: non hai outra literatura cá de ficción, de xeito que na prosa, fóra da narrativa, só merecería considerarse literatura o ensaio que deseñase utopías. O que pasa é que, se someto a contraste as diagnoses e propostas que levo escrito sobre a patoloxía social galega coa teimuda realidade dos feitos que aínda hoxe seguen a acontecer, se cadra resulta que os meus deseños resultaron ser imaxinarias utopías, e portanto simples e ineficaz literatura de ficción. Certo é porén que, nisto, teño precursores moi ilustres cos que non me non podo comparar. Venme ás mentes unha lembranza conmovedora. Cando Antón Avilés era concelleiro de cultura en Noia promovera o irmanamento da sua vila coa de Estarreja, a patria do xenial neurólogo e premio Nobel Egas Moniz, na Galiza sul portuguesa. A cámara municipal de Estarreja acordara abrir unha rúa nas aforas da vila co nome de Castelao, e alá foramos para participarmos na celebración. O rótulo estaba grabado a cincel nun poio de perpiaño, chantado no chan, e puña: "Rua de Daniel Castelao, poeta galego". Solprendido, pergunteille a Avilés: "Antón, estás a ler o mesmo ca min?". E o Avilés, co seu aquel mariñeiro de sosego imperturbábel, espetoume sen pestañexar: "E logo Castelao non era poeta?". Comprendín. Antón estaba no certo. Castelao érao –mais eu non, certamente non.Daquela: político?, inteleitual? Mais, qué son cada unha desas figuras? Se me compríse definilas a partir da miña propria experiencia, pasada pola peneira da reflexión, só podería formular esta distinción: o inteleitual móvese por valores, o político móvese pola ambición. Entendédeme: refírome á honorábel ambición de facer posíbel o que é necesario para o benestar dos cidadáns. O benestar dos cidadáns é sen dúbida un valor, mais o logro da sua realización a traveso da acción política require o exercicio do poder, e dese xeito, a conquista do poder convírtese no móvil do político que decide loitar por conquerilo. Para exercelo a prol dos cidadáns, si, ao cabo. Mais de primeiras trátase de obter o poder. Despois, ese obxetivo instrumental, na prática, tende a sufrir unha singular metamorfose: convirtirse nun fin en si mesmo. Daquela fica aberto o risco dun frecuente proceso dexenerativo: a honorábel ambición transfórmase en cobiza do poder. E Shakespeare entra en escena: a historia do poder é a crónica do crime: o rei Lear, Ricardo III, Macbeth.Se eu paso por ser un político atípico, non é tanto polo meu xeito de abordar o combate canto porque, en rigor, eu non son nen fun nunca propriamente un político senón un inteleitual que non se furtou a combater na loita política. Por iso desafino ou resulto disonante. Mais tamén por iso, entroques, encaixo na tradición e na cultura política do nacionalismo galego e estaría fora de lugar en calquera das outras. Eu recoñézome nos meus ancestros e devanceiros, que sempre se moveron por valores e nunca aceitaron postergalos nen eludilos, nen índa menos sacrificalos, cando entraban en conflito ou estorbo cos obxetivos imediatos ou as esixencias instrumentais da acción política. Para ben e para mal. E estaban no certo: de non teren sido así, o nacionalismo galego non tería chegado aos nosos días e a nación galega, Galiza como realidade nacional, non tería sobrevivido ás pancadas da historia de España en Galiza, teríase esfarelado, comesta pola couza da cociña política que fadalmente suplanta á política xenuina cando os valores son supeditados á eficacia na conquista e no exercicio do poder.Mais, ¿cales son logo, para min, eses valores?1. O primeiro, máis que un valor en sí, é un postulado axiolóxico preliminar. Facede memoria e relembrade aquel episodio do réxime franquista no que varios catedráticos antifascistas foran desposuídos das suas cátedras, con intervención directa do ministro Fraga Iribarne nesa infame falcatruada. Un diles era José Luis L. Aranguren, catedrático de ética. José María Valverde, catedrático de estética, que non fora represaliado, solidarizouse renunciando á sua cátedra. Aranguren pedíulle que non fixese tal cousa. A resposta de Valverde foi rotunda e lacónica nun telegrama que acadou moita sona. Dicía así: "nulla estetica sine etica". O postulado preliminar ao que me refiro é unha simples traslación da sentencia de Valverde: "nulla política sine etica". Etica democrática, claro está. E, na esquerda, ética de esquerdas, e non ética burguesa.2. Fraternidade. Dos tres valores referenciais dos revolucionarios que abateron os antigos reximes autocráticos e transformaron aos súbditos en cidadáns, a fraternidade é o fundamental. Seguramente por iso foi o primeiro valor botado pola borda desque as revolucións liberais dos ilustrados e os "sans culottes" desembocaron no liberalismo burgués dos propietarios e de "l’homme aux écus" que premonitoriamente caricaturizara Voltaire. Falo da fraternidade non no senso patriarcal da "lei de família" –a irmandade dos fillos do petrucio- senón no senso revolucionario da hexemonía da "lei civil" precisamente sobre a "lei de família", mais tamén incluso sobre a "lei política". Ou sexa, o que defendían en 1789 os "montagnards" na revolución francesa, e defenderían en 1917 os "soviéticos" que, na revolución rusa de outubre, pariron unha federación de repúblicas de "soviets", é dicer, de "Consellos obreiros" –que é o que siñifica "soviet". Noutras verbas, a fraternidade siñifica politicamente o principio da cidadanía igualitaria como alicerce e centro de gravedade da estruturación política democrática da sociedade, siñifica democracia horizontal. E nunha orgaización política ven siñificar asamblearismo –non manipulado, claro, mais tampouco "espontaneísta". Na tradición do nacionalismo galego, tanto na sua historia como até na sua prehistoria, o valor da fraternidade impregna o principio e a vivencia galeguista da irmandade, mesmamente.3. Cooperación. Digo "cooperación" como valor antitético do contravalor "competición" –que non equival á simples "emulación". Levo insistido arreo en afirmar que non pode haber socialismo nen esquerda sen que as pautas de conduta individual e de relación social no seu seo consistan na cooperación. A dia de hoxe ouso afirmar que, sen esa condición, nen sequer pode haber democracia. O andacio máis pernicioso suscitado pola exacerbación ultraliberal da competición non consiste en que leva ao paroxismo a irracionalidade social do sistema económico, senón en que carcome e destrue as condicións de existencia posíbel da democracia. E cando ese andacio penetra, como está a penetrar con aceleración constante, en orgaizacións políticas e sociais da esquerda, surte o efeito dunha gangrena irreversíbel que fadalmente enxendra monstrosas malformacións letais: non hai esquerda que poida sobreviver se non erradica a competición do seu seo.4. República. Deixémonos de lerias: a república non é un sistema político; a república é unha forma de civilización e cultura sociopolíticas. Ben sei: a monarquía é un anacronismo histórico. Mais de pouco val derrubar ou abolir unha monarquía se a sociedade non asume a república como cultura civicopolítica, se non a impregnan os valores republicáns. Quero dicer que a república non é cousa que atinxa só nen primordialmente á configuración do aparello do poder político e do Estado. Nen os valores republicáns se confunden ou identifican cos democráticos. A cultura civicopolítica francesa distingue entre democracia e república, e mesmo enxendrou un coñecido requilorio preñado de ironía: "se chega a perigar a democracia aínda nos restará a república". Que na Galiza poderíamos traducir no famoso retrouso roqueiro: "menos mal que nos queda Portugal" –que é república, claro. A laicidade, por exemplo, é un valor de xinea republicán, que na cultura cívica francesa asumen mesmo os non demócratas. Eu son demócrata, mais a miña forma de ser demócrata baséase nunha cultura republicán, e non podo concebir democracia sen república, na cultura cívica –e na forma de Estado. Aínda que só fose por ter estado sempre a nación e o povo galegos sometidos á monarquía española -dende os dous católicos aos austrias e aos borbóns- o nacionalismo galego foi sempre explícitamente republicán e non pode ser outra cousa nen doutro xeito –non o pode ser vergonzantemente, como arestora.5. Democracia participativa. É un valor indispensábel se pretendo manter a congruencia co que levo dito até eiquí. Mais non é só por congruencia polo que o sosteño, senón porque sen democracia participativa non hai democracia posíbel –e menos no presente histórico da humanidade, no que a diverxencia e mesmo o divorcio antre a instancia política e a cidadanía, ou sexa a sociedade en canto povo, non cesa de ampliarse e agravarse. Sen democracia participativa a democracia representativa padece esclerose e deriva en oligarquía, mesmo no senso definido hai máis de dous mil anos polos clásicos gregos, nada menos. Os partidos convírtense en "aparatos" e as cámaras de representantes en "cámaras de gas", como ousara eu dicir hai anos xa no parlamento da Galiza –metafóricamente, claro. Esta deriva perversa suscita a necesidade de reconstruir as pontes, ou construirmos pontes novas, entre a cidadanía e a instancia política: é un dos debates primordiais nos foros sociais mundiais destes anos. Mais as novas pontes terán que apousar os seus peares no tecido asociativo horizontal e diversificado da cidadanía, veiculizador e articulador dunha dinámica participativa. Entramentras, a autoorgaización das xentes do común terá que suplir a parálise das esclerosadas superestruturas políticas, partidos incluídos, en emerxencias críticas –como aconteceu con Nunca Máis, coas movilizacións contra a invasión do Irak, contra a tiranía das OTAN, FMI, OMC e demais "extraña família"- ou con ocasión do plebiscito francés do Tratado pretensamente constitucional da UE.6. Primacía dos dereitos colectivos. A alternativa á asunción deste valor non é outra que o "sálvese quen poda", ou sexa, a negación mesma da orgaización social. O "sálvese quen poda" é a forma en que a "orde natural", tan cara aos ultraliberais, orgaiza a resposta colectiva dunha grea de búfalos africáns ao ataque dunha familia de leóns. Eu non teño alma nen vocación de becerro. Os cidadáns do común non alienados tampouco.7. Igualitarismo. Non debería ser preciso nen tan sequer reivindicar este valor: está proclamado en todalas constitucións políticas e en tódalas cartas de dereitos fundamentais de tódolos estados e institucións internacionais paridas ao ancho do planeta nos últimos douscentos anos e pico. Estáo mesmo, dende moito tempo antes, na doutrina da santa madre iglesia católica, que afirma –e é dogma de fé- que tódolos seres humáns nacemos iguais, e igualmente lixados polo pecado orixinal, sen distincións. E porén a desigualdade non só perdura senón que se agudiza, amplía e agrava a ritmo constantemente acelerado, convirtindo en papel mollado toda a morea de sabias constitucións e cartas de nacións unidas na máis flagrante desunión. E non estou a referirme só ás desigualdades económicas, sociais e culturais. Refírome moi especialmente á desigualdade perante a lei, ou sexa, a unha realidade fáctica e até xurídica antitética do tantas veces proclamado principio democrático da "igualdade perante a lei". Mais hoxendía, os máis lúcidos e progresistas reivindicadores do igualitarismo sosteñen que non pode existir igualdade sen dereito á diferencia e respeito da diversidade. Ao cabo, o saber popular sabe moi ben que non hai pior desigualdade que a de tratar igualmente aos desiguais. Compriría metérllelo ben metido nos miolos, índa que fose a forza de trepanación, aos habitantes da caverna española que vociferan que galegos, cataláns e euskaldúns somos todos igualiños e igualiñamente españois de nación. Mais non podo sustraerme ao temor de que tamén frente ao ataque desas famentas alimañas depredadoras se aplique o "sálvese quen poda" en forma de "iso non vai conmigo", pesia os xa lonxanos brados de avertencia de Bertolt Brecht que aínda resoan nas estancias de toda Europa.8. Autodeterminación cara a independencia. Qué queredes que vos diga. Tardei en convencerme. Mais, após decenios de vida malgastos en ensaiar o raciocinio, a paciencia, o tempero, a argumentación, a persuasión e até o optimismo da vontade para contribuir dende a miña identidade nacional galega a construirmos en común un Estado español habitábel por todos, despois de todo ese esforzo durante todo ese tempo, cheguei á conclusión de que estivera a "traballar para o inglés". Nen sequer se trata dun esforzo ilusorio por realizar unha utopía. Non. Trátase dunha "impossible mission". Debín facerlle caso ao don Ramón María dos esperpentos, que hai ben tempo xa que dictaminara por boca do seu alter-ego Max Estrella que "España es un corral nublado". A caverna española obstínase en darlle toda a razón aínda hoxe. Compre renderse á evidencia: só o combate pola nosa autodeterminación como povo, orientada cara a independencia, só ese camiño poderá chegar a algures, só esa actitude suscitará respeito cara nós e os nosos dereitos cívico-políticos, poisque a caverna española só respeita a quen teme. É mágoa, mais é asi. Porque o problema non o somos nós, os galegos nacionalistas: sóno iles, os chovinistas de diversas córes e adubíos. Os atrancos non os pómos nós: poñenos iles. Nós tentamos construir para tódos: iles só se aplican a destruir o que nós dámos construído. Cómprenos elevar o ángulo de tiro na nosa pacífica e cívica proposta para chegarmos alén das suas posicións. E dende aí sempre estaremos a tempo de falar se acaso "abrenuncian" á apolexética dos dogmas para profesaren o uso da razón ilustrada –é dicir, se acaban por ingresar na cultura da modernidade propriamente dita.9. Socialización. Non pode haber democracia real e efectiva, na praxe cidadán, sen socialización como eixo do avance histórico dos povos. Mais sempre entendín que, para a socialización prosperar, non podía consistir na simple nacionalización ou colectivización das unidades e meios de produción, nen cinxirse á instancia económica de sociedade. A socialización é un proceso que, a nivel individual, atravesa cada ser humán desque nace até que desaparece da biosfera: un proceso de constante aprendizaxe da convivencia, en interacción co seu entorno. A normalización dese proceso a nível colectivo é a chave do avance histórico nas formas que pode revestir a estrutura social dos povos, nunha causalidade dialética coas condicións materiais de existencia e máis coas formas culturais e as representacións ideolóxicas e axiolóxicas que o proprio proceso vai enxendrando. Compre encetarmos un debate de ideas amplo e veraz sobre o sentido e contidos que poden ter a socialización e, portanto, o socialismo na Galiza de hoxe e na conciencia nacionalista contextualizadas na presente conxuntura histórica do xénero humán.10. Home novo, muller nova –nova cultura. Se o primeiro ponto que vos espuxen enunciaba un postulado preliminar, iste derradeiro sinala o necesario ponto de chegada referencial do proceso orientado polo repertorio de valores que asumo e veño de ofrecer á vosa sensibilidade e a vosa intelixencia. Ben vos decatades de que o logro do "home novo" constitue o cerne teleolóxico de todo proceso revolucionario. Mais non iñoro que o valor semántico da verba "revolución" non é unívoco, senón plural –polisémico- e, pola mesma, préstase a moi diversas interpretacións. No entanto, nalgo podemos coincidir todos nós: todo nacionalismo emancipador é, no seu cerne, revolucionario –e até libertario no senso orixinario da palabra. Xa era xerminalmente así na revolución irmandiña galega do século XV, na que os nosos ancestros servos percuraban ao seu xeito o nacemento do "home novo" nas condicións do seu proprio tempo histórico. Esa revolución pioneira na Europa de entón deixou unha pegada indelébel na que, máis tarde, chegaría a ser a cultura do nacionalismo galego. Compre un grande "encontro irmandiño" rexenerador desa cultura cívica e política. Para ese labor sigo a estar disposto, como un operario máis na cooperación das xentes do común, da república dos cidadáns e as cidadás galegas auténticamente boas e xenerosas.
Moitas grazas.

Que viva a República!

Case se me pasa. Despiste de luns. Rutina alienadora... chamádelle como queirades.
Quedan para a reflexión, Curros, xa que estamos no seu centenario. Curiosa a homenaxe do Ateneo Republicano coruñés a toda páxina en El Mundo de hoxe ?¿?¿? e Ernesto Atanasio (O Corcheiro), un dos carballiñeses que se subiron ao balcón do concello tal día coma hoxe naquel ano, para borrar os símbolos do Antigo Réxime e erixir os dos novos tempos. Logo viría a guerra, a represión, o fascismo e a traición aliada, pero iso é outra historia e hoxe estamos de celebración.

Coidadiño Juancar, que á terceira, vai a vencida!

Saúde e República. Sempre!

domingo, 13 de abril de 2008

O fim do mundo está próximo! Paremos a esses tolos!!



Agharrade-vos os machos todos porque vos vou contar um conto que vos vai deixar os pelos das partes nobre máis lácios que umha cabeleira japonesa!!!!


Já sabedes todos qué cousa é o CERN, esse super-laboratório nuclear sito entre França e Suiça do que moitos físicos falamos... ás vezes. O seu projecto estrela , o LHC , esse monstro de 27 kilometros de circunferéncia a 100 metros baixo terra que vai fazer colisionar prótons frontalmente a umhas energias que seriam capazes de freir umha salchicha antes incluso de que pensaras em comé-la...


Aqui está a foto aérea da leira onde estará o anel do LHC. Umha senhora francesa di que desde que pasa o colisionador baixo a sua horta, danse-lhe umhas patacas de 4 kilos. Que se quite Calfensa!!!



Por estes tubos que vedes vam os prótons zumbaos como foguetes. Em sentido contrário vam os antiprótons. Numha zona sem linea contínua, os prótons e antiprótons adiantam sem mirar, e se metem umhas óstias guapas.

Tamem ouvistes algo dos buracos negros algumha vez..., seguro. (Todo o mundo tem algum!). Pois resulta que é probável que no gram Colisor de Ginebra -sem cocacola- se criem micro buratos negros dado a altissima densidade de matéria que se acada nas colissons frontais. Estes buracos, se todo está bem calculado, deveriam de desintegrar-se muito muito rápido, segum Hawking, máis rápido do que dura o polvo que bota um vírus com ejaculacióm precoz. Se isto nom fosse certo, e estes micro-buracos fossem estáveis, pois entom iriam caendo hácia o centro da Terra por pura gravidade. Nada o poderia parar nesta caida: qualquer partícula material que o tocasse seria absorvida polo buraco. Este aumentaria a sua massa, e polo tanto o seu rádio. A medida que o tamanho e massa do buraquinho fosse em aumento, atraeria máis e máis da matéria circundante, engolindo primeiro os materiais do núcleo terrestre, depois a Terra. Cum chisco de sorte talvez o Sol, e se o buraco é meio cabrom, todo o universo. Que Deus nos colha confesados. (E a ver se temos sorte e escolhemos a religiom correcta, que hai moitas....)


Este é um dos detectores que se ponhem na zona onde próton e antipróton chocan. Se vos fixades bem, podedes ver as caixas por ai abaixo, para que vos fagades umh ideia do tocho que é isto. Um dia caeu um operário dum andámio e ainda dou tempo a chamar aos bombeiros para que puxeram umha manta abaixo e recolhe-lo. Saiu ileso, pero perdeu a carteira...caghonamar....

O caso é que um tal Herr Wagner e um tal Señor Sancho puxerom umha demanda numha corte Hawainana para parar todo o tinglado, (velaqui a sua web). E tamém o Fermilab, outro acelerador que está aqui em Chicago. Aqui vos deixo um link a um artigo que saiu no New York Times . Nom penetrei no asunto para que nom ocupara tanto espaço. Pero se alguem tem interese, colei umha traduçom ao galego feita por mim nos comentários, e a pode penetrar personalmente, o cal recomendo. Ainda que o das penetraçons som cousas íntimas de cada um, e eu nom me meto.... A mim nom me gusta que me penetrem, por exemplo...

Velaquí umha imagem típica das trajectórias dos restos dumha colissom. Os físicos logo miramos para isto, e fazemos sessons onanistas baixo terra. As vezes adivinhamos qué caralho era um dos restos mirando quantos trompos deu antes de descartar...

Ciéncia ficçom? Nom. E umha teoria falsável, pero a evidéncia experimental nos di que isso nom aconteceu noutras situaçons similares. Por exemplo quando os raios cósmicos , que som máis de um milhom de vezes máis energéticos que o máis energético dos prótons do LHC, golpeam a Lua, o Sol , a Terra, e Venus dende que existem. Assi que Hawking seguro que está no certo, e nom temos que nos preocupar.
Velaquí umha ilustraçom dos raios cósmicos dando-lhe canha á Terra. Eu trabalho num observatório que os analisa. Como dizia tamem R. Kolb "Eu quero que de paso que vam fechar o CERN, tamem proibam aos raios cósmicos nos bombardear".

O assunto este está de boca em boca entre todos nós, e suponho que nalgum momento saltará á prensa tamem por Galiza e Espanha... Pero como dixo R. Kolb, o chefe do meu departamento ao periódico da universidade, é máis fácil que o lago Michigam tenha um monstro que um dia saia da agua e destrua o campus enteiro, e medio Chicago.

Presento-vos ao monstro do lago Michigan: Michinho

Assi que, entre bromas e brincadeiras andamos. E Dom Quixote desesperado por on-dan-da-ráaa o seu Sancho...

Que cousas...

O'Chini, desde Chicago de noche

sábado, 12 de abril de 2008

Andressolo

A ver que opinades diste humorista controvertido:


LES TORMENTO

Pois o Xoél de DELUXE montou un grupo de versiós con Miguel Rivera de MAGA e o batería do meu grupo Javier Pollán. Soan moi ben e tocan cousas dende DuráDurán até El último de la Fila.

O local Costello, en Gran Vía con rúa Montera (Madrid) asemella moito o The Cavern onde tocaban os Beatles. Penso que esta xente afeita a tocar en sitios grandes, gostan de tocar en garitos pequenos e íntimos de cando en vez. Así poden escoitar insultos, recibir botellazos etc.

Saquei algunhas fotos mentres puiden concentrarme pois como sempre había meniñas mollando o chan na primeira fila, hai que foderse, nos meus concertos non atopo máis que cuarentonas cerveceiras, en fin, éche o que hai, é o que pasa ó ter pinta de presidiario rumbeiro... :/

sexta-feira, 11 de abril de 2008

Dous fitos historicos para a lingua galega

Car@s companhei@s:
Aqui vos deixo duas notícias tremendamente importantes para a revitalizaçom da língua galega. Estam tiradas do Portal Galego da Língua , aparece em portada, óbviamente. Vieiros parece que nom lhe dá moita importáncia a isto. Por suposto, La Coz de Galicia já nem a mirei, eles só prestam atençom á língua quando podem fazer-lhe dano, e tamem o dia 17 de Maio, para quedar bem. Deixo-vos um vídeo, e um pedazo dum programa da Rádio Galega. Estou bem contento hoje...!!!!
Por fim o galego vai saindo do armário e abre-se ao mundo. Que vos preste!


Vídeo da intervençom de Ângelo Cristóvão, presidente da Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, na Assembleia da República Portuguesa, na segunda-feira 07/04/2008, no âmbito da Conferência Internacional Parlamentar sobre o Acordo ortográfico da Língua Portuguesa


Mais videos e mais info, no PLG .

PGL - Após a participaçom da Galiza na Assembleia portuguesa para dar a sua opiniom sobre o acordo ortográfico, esta semana produziu-se um outro fito histórico para o relacionamento galego-português. O Parlamento aprovou ontem por unanimidade dirigir-se ao Governo espanhol para «no prazo mais imediato possível» lograr a recepçom das televisões portuguesas na Galiza.
Noticia completa

Diversos meios da comunicaçom social ecoaram a notícia. Convidamos a ouvir os dez minutos que o programa Un Dia por Diante da Rádio Galego, dedicou ao assunto.


Un dia por diante. Radio Galega 10-04-08