quinta-feira, 17 de abril de 2008

FOTITOS CURTA!

Ola meus queridos amigos! Hoxe foi o segundo día de rodaxen. Aquí vos envío algunhas fotos para ilustrarvos. Están sacadas ca miña cámara medio en coña, pero vanme pasar fotos decentes, xa que unha boa cámara rulaba entre os eléctricos pra sacar imaxes da rodaxe tipo making off!
A única que realmente vale a pena é a última. Fixeramos un plano cenital increíble no que o actor que fai de avó está morto e sendo velado pola sua nai e neta na cama. Eu estaba fascinada mirando a imaxe no monitor e encapricheime con colocarme ó lado do actor na cama e tirar unha foto do monitor. Quedou super chula! Así vos facedes unha idea da estética.
Como anécdota, contarvos que mentres rodábamos eses planos do actor facendo de defunto, quedouse durmido e comezou a roncar, e a neniña deulle un tremendo ataque de risa na escena. Non nos atrevíamos a despertarlle, e rifábamonos quen ía facelo. Que palo! Hehe!
Estou namorada da forma de ser deste actor. Un tipo con tantas tablas e que xa ten recibido tanto recoñecemento... vense dende Sevilla sen cobrar pra actuar nesta curta, sauda cun abrazo a todos e cada un no set e recorda ate o último nome. Fai regalos a outros actores, danos consellos, cariño, implición total.... é hiper culto, coñeiro, impresionante! Vive cada segundo con paixón ós seus 70 anos! Eu quero ser coma el de maior! Hehe!
O día foi increíble, tremendamente gratificante. Está quedando estupendo, iluminación preciosa, composición de planos, interpretación, escenografía...
Xa seguirei contando!!

1 Comment:

O'Poldow said...

Essa Criss! Que desenvolta se che ve aí segurando a claqueta, sra. directora. Desfrute e curre, ordem e progresso, avante toda! E se se che dorme un actor xa sabes LÁÁÁÁÁTIGO!!!