segunda-feira, 7 de abril de 2008

Para vós/nós que andades/mos polo mundo

Que lles parece isto coma nova versión para Sobrado e banda?
By the way, (para os que a tedes á man) alguén sabe que di na parte entrecomiñada? Este Reixa vocaliza fatal!

Bic@s
Pulsa e escoita...
















Atlántico (Os Resentidos)

Estou sentado no porto da baía
Que non sei porque aquí chamamos ría
E os meus pes colgantes coma nun vello soul
E penso en que Vigo está enfronte a Nova York

Podo pensar que o Atlántico é unha piscina
Un naufraxio inmenso para nadar sen pensar
Aparecer mollado na Quinta Avenida
Ou nadar perdido aprendendo a naufragar

E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick

Tanto en Vigo coma en Nova York
Sentados fronte ó Atlántico, vivindo no revés
No revés das horas, no mundo do revés
Están os que esperan a vinganza da marea

E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick

Imaxínate ti a balea asasina
A vinganza pendente do Atlántico-piscina
Imaxínate ti nadando sen pensar
E entre Vigo e Nova York, aprender a naufragar

Os semáforos en Nova York
Non falan en colores pero mandan andar
Andar, non andar, esa é a cuestión
Vivir confuso entre walk e don’t walk

I say walk, don’t walk

Se algunha vez vas pola 42
Comprobarás que tamén entre o asfalto
Hai náufragos que serían Moby Dick
Vinganzas negras, “pontamentos” como crack

I say walk, don’t walk

E eu xa estiven en Nova York
Vacilando sabroso no Boca-Chica
Con hispanos e galegos e Brother Pérez
E a verdade é que Lou Reed non esaxeraba.

E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick


7 Comments:

Maria said...

Ola Rober!como vai todo? sería moito mellor que puxeras un link ( se é posibel) para poder escoitar a canción :)

The Sobrado said...

Olá María. Todo ben por aquí, so fallan os concertos, que está imposible tocar... ufff. Tes toda a razón, póñome co link. Apertas a tod@s.

O'Chini said...

Hei Rober!! Tes razom, hai que recuperar os clasicos!!

Vinganzas negras, “pontamentos” como crack...

A mim e que nom me coincide nengumha palavra que sone igual... eu penso como maria, um link ajudaria...

O'Poldow said...

Debe ser que os da beira do mar ten a mirada máis acostumbrada ás grandes distancias. Ao mellor na terra Cha (cha-chá), nosa grande planície. Mas eu que venho dos interiores da Hill's Land (onde, en palabras de Xurxo Souto, México fica ben máis perto que Madrid, e abofé), eu, digo, non me dei conta ate ben pouco de que estabamos no mesmo paralelo + ou - Gz e NY. E que se temos ese tempinho é pola Gulf Stream e tal. E iso, que o poema está legal, creo que era un dos 10 máis buscados da música galega, tamén. Eu últimamente estou enganchado a este, coma na máis mirabolante adolescencia: http://www.youtube.com/watch?v=c_dI1u9M9Gw&feature=related MORE MUSICA!

Maria said...

Hei Robert!
Estivemos eu e mais Loren escoitando un par de veces a cancion e pensamos que di "contundentes".
Venha! agora xa non tes excusa pra cantar e mandarnos o link ca tua version o mais axinha posibel ;)
Apertas.

O'Chini said...

Graças polo link! Mui bom recuperar Os Resentidos! A verdade é que soavam bem, e eu nom conhecia quase nada, agás o mítico "Fai um sol de caralho"..

Marta said...

¿como facedes para colgar unha canción nun post? saudos...