domingo, 20 de abril de 2008

Estamos no mundo...


Pois é.

Por moito que turre a "digna de louvanza" (do latín: benemeritu) vaino ter complicado. Temos compañeiros da particular loita gz-eira en moitos recunchos do planeta e podedes comprobalo nesta fotografía tomada á beira do mesmiño Lago Nasser.
De feito, e isto non sería quen de explicar como cheguei á conclusión, hai unha alta probabilidade de que o conductor de tal automóbil se chame Lolo e veña dun lugar chamado Outeiro, ou Vilar da Igrexa, ou O Castro, ou o topónimo que mellor vos cadre. Para esta dedución non me baseo tan só no GZ, fixádevos ben na parte dereita da placa, os que coñezades algo do alfabeto arábigo non dubidaredes en dicir que se trata de números, claramente un 2, un 0, un 4 e máis un 7... claro que iso non sería así se abandonásedes o omnipresente pensamento lineal a favor do creativo pensamento lateral (que por certo, malia a manía dos antigos exipcios de facer todo de perfil, nada ten a ver con iso). Daquela veríades como o noso amigo Lolo, o do Outeiro, ou de Vilar da Igrexa ou do Castro, non facía máis que advertir a calquera que ousase collerlle o volante do coche que tivese coidado, aqueles supostos números en arabe avisaban á parroquia: "só eu"

Polo demáis... o antigo Exipto tivo que ser un lugar caralludo, mais o moderno non pasa de ser outra simpática, caótica e divertida república árabe inzada de marabillosos templos, tumbas, esculturas e mesmo ás veces tamén persoas inesquecíbeis.

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Caro Sr. Duarte! Por fim polo blogue! Requintei-me de ledízia ao escoitar a sua sublime crónica. Que variopinta cultura asolaga o seu espírito inquedo. O fervor ilustrado propicia mentes da sua caladura. Abofé!

Bemvido!
Colgue mais fotos da sua ínclita viagem!!

Marta said...

Que tal Edu!, eres como o tío Matt dos fraggle, sempre andas de viaxe por algún lado. Unha colega miña foi a exipto fai un tempo tamén, e conseguiu ver cousas de exipto fora do típico rollo turístico. Coñeceu a un exipcio que lle ensinou un pouco como se vive realmente alí, creo que puido ir a unha escola infantil e ver como era unha clase e todo. Agardo que nos contes máis detalles da tua experiencia. Un saudo!