Ola tolos e tolas! Hoxe foi o primeiro día de rodaxe da miña curta! Tou super emocionada! Está indo xenial. Temos tomado o meu pisiño de estudantes, onde atrezamos estética anos 70, empapelando con papel pintado o salón até! O actor Carlos Álvarez Novoa (Goya revelación por "Solas", de Benito Zambrano) é unha grande inspiración pra mín. Estou aprendendo mil cousas del, é unha eminencia interpretativa e cultural! Cada ensaio, charla, comida con el é coma un regalo e unha grande escola. É bonito ter un proxecto propio, ir planificando e expoñendo os diferentes equipos de rodaxe(fotografía, arte...) o que queres conseguir! Pero o que máis me apaixona é a dirección de actores! Disfruto nos ensaios e no set. Realmente é cando a historia toma forma, cando as personaxes comezan a ter vida propia. Cando ves polo monitor o actor frente a cámara, no set, co atrezzo e iluminación buscadas e das o grito de acción trala claqueta que pon o teu nome, realmente hai maxia! Síntome máis realizada que nunca na miña vida! Síntome creadora! E teño o mellor co-director do mundo, amigo co que me complemento de puta madre.
En fin, compañeiros do metal, quería compartir con todos vós esta grande experiencia que está a ser unha das máis intensas e gratificantes da miña vida.
quarta-feira, 16 de abril de 2008
ODISEA DE RODAXE DA CURTA
Posted by crisbodelon at 01:41
Labels: as nossas cousas, cinema
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Heeei Cris! Qué bem soa todo! Vai-nos informand de como vam os progressos!!!
Se poideses encargar a alguem tirar fotos de vez em quando de ti dirigindo, dos actores, das discussons, dos preparativos, das tomas, etc, etc, e depois colas algumhas fotos aqui com comentários sobre a rodagem, anécdotas, ou simplesmente como foi um dia normal, sería realmente estupendo. Umha pequena "assi se fixo" actualizada de quando em vez...Realmente interesante ter a alguem conhecido trabalhando nesse mundo!
Por certo, tem título a curta?
Moita sorte nos próximos dias!!!
Oes, Cris, haberá que lle por música a iso, non? he he ;)
Muito bem!! Que contento me quedo de ver-te assim de contenta e animada! Ves? hehehe!! Sorte com o que resta de rodagem!!
..da gusto ver a alguén ilusionado co que fai. Alégrome moitísimo. O que di o´chini taría ben. Adiante.
Canto tempo Cris!! deixáchesme flipao, estás facendo una curtametraxe!!! alégrome moito. Que saia todo ben!
Post a Comment