quinta-feira, 24 de abril de 2008

Crónicas debuxísticas

Levo duas semanas un pouco raiada co traballo que estou facendo de ilustración. Fai case dous meses fixen uns contos para un proxecto educativo de Santillana (Madrid) e agora estamos facendo as adaptacións para Galicia. Nas adaptacións non se pode facer unha traducción literal do castelán ao galego, e claro, donde antes había unha "paloma" agora hai unha "pola", pois a traducción literal "pomba" con esa combimación de fonemas "mb", todavía non a están dando os cativos que empezan a ler. E ala a cambiar tódalas "palomas" do conto por ghaliñas. E se o criterio da adaptación é que cada becho que aparece empece por cada unha das vogais, pois ala, a cambiar "Erizos" por "esquíos", "urracas" por "unicornios"....etc e seguindo outros criterios pois tamen cambiei leóns por monos, cans por ratos, e monos por parrulos, menudo lío zoolóxico!!! Estou farta!!! Todo isto o fago a man e teño que volver a facer todas as ilustracións enteiras de novo, só por cambiar un becho por outro, e non sabedes o que aburre e o repetitivo que é. Así que bendito photshop, este ano aprendo a fozar nel!!

Por outra banda empecei a ir a clases de debuxo e estou aprendendo a facer garabatos! Sí! garabatos! estou aprendendo a debuxar dunha forma superliberadora, na que deixas o teu lado esquerdo do cerebro (o analítico, o crítico, o que moitas veces che fai facer cagadas porque non se esta calado) para usar o dereito, máis visuoespacial. Aínda que pareza obvio estou aprendendo a debuxar a traves da mirada, dos ollos ao papel, sen mediar nengun proceso analítico (normalmente os debuxos os fago de memoria, sen modelos, sen usar a vista para nada). É unha forma de debuxar moi fluida e sen preocuparte polo resultado. A profesora cun proxector, ponos imaxes que duran apenas uns segundos ou minutos co único obxetivo de captar o xesto, o movemento desa figura. Os debuxos que vedes por aquí colgados estan feitos a tinta e captados en poucos segundos dun video do National Geographic.

E por último levo tanto tempo facendo debuxos superinfantís, que case teño olvidada como se fan debuxos máis realistas, e claro mirade o que me saiu o outro día!!! Menudo chorbo (non está perfecto), pero a máis de algún poralle os pelos de punta! A min encántame. Non sei se eras ti Chini que me dicías medio en coña por que non facía cómic porno que daba moita pasta. Non sei se che gustaría ver os resultados, son moi retorcida coas fantasías eróticas, non sei qué público tería porque masculino (hetero), non, polo menos. Pois isto é todo por hoxe, unha aperta! ( E perdoade pola narración un pouco atropelada andaba con presa...)




5 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Que cousa chica!!
Menuda gharabatada mais real! Por dizi-lo dalgúm jeito. Com respeito ao último debuxo...nom comparto!! hehe!!! Menudas fantasias mais...paveras!!! A mim recorda-me o fetichismo cabareteiro berlinés de entreguerras. Oes, digo eu!!

crisbodelon said...

Ola Martiña! Que interesante todo o que contas! Bonito traballo o que tes, aínda que as veces termines ata os collóns! Pero seguro que desfrutas moito del.
Con respecto ó das fantasías enrevesadas, sííí!!! Haberá un montón de público que necesite un desafogo de tanta pornografía masculina estereotípica e aburrida, rubias tetonas con tacóns que berran de placer co sexo anal. Estaría ben que ti como muller, creadora e cas tuas fantasías peculiares deras renda solta a túa imaxinación. Ánimo! Aperta.

Maria said...

Hei Marta!
Que bonitos quedan eses debuxos rápidos a tinta!

Eu estiven varios meses nun curso de pintura acrílica eiquí, nun instituto de arte perto da universidade, porque quería aprender a facer retratos (unha cousa bastante complicada se só tes práctica en facer paisaxes, bodegóns...)O máis gracioso foi un día que cheguei tarde a clase e abrín a porta e atopeime cun homaso como deus o trouxo o mundo e "posando" como o David de Miguel Anxo (ía ser o noso maniquí). Todo foi ben mentras que estaba a pintar o rostro, o tronco...pero cando tiven que chegar mais abaixo era incapaz de mirar pra o "chourisón" (era chourisón!!) sen me vir a risa... así que optei por non llo facer e quedou feito un eunuquinho.

PD: espero que cando vaia ai me ensines trucos e técnicas, que a min encantanme!

Bicos.

gusta_vete said...

Alghen necesita vacións.. no seu defecto un cambio de estilo. Eu apoio a opción do porno liberal. Non controlo do tema, peroos que vin son prototípicos e predecibles.
Anímate con eso e chama un día pa un café.

Marta said...

Bueno, bueno non vos animedes que o de facer ese tipo de cómics era un suposto, de feito son bastante vaga para facer cómics de calqueira tipo, dan montón de curro (i o da pasta pasádevos polo foro de ilustradores e vos daredes conta do dificil que é vivir diso e da ilustración en xeral). De todas formas gracias polos ánimos. Ah! e cando dixen que debuxaba de memoria e non usaba a vista para nada (penso que me entendíchedes) referíame á usar a mirada, porque ver,claro que teño que ver o que estou facendo, senon menuda merda de debuxo que che pode sair. Aínda que nas clases a veces facemos debuxos "cegos": todo o rato mirando para o modelo sen mirar o que facemos sobre o papel (como moito un vistazo rápido). Os debuxos que saen son bastante interesantes.

Por certo María que anecdota máis coñera que contas. Xa me ensinarás as cousas que fas, non te cortes e postea algo.

P.D: gustavete a ver se che pego un toque (na cabeça) o martes despois das miñas clases de francés (saio as 8 e med)

Un saudo!