sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

Voltei o cine acompañado

Voltei o cine despois decatro anos.Si voltei e por partida dobre dous días seguidos.E o que ten a solteiría, un día deixache a parexa( ou deixala non me lembro ben) e de repente tras catro anos encontraste no medio dunha sala dos Valleinclán vendo un película española(El consul de sodoma) no medio de dous amigos un a cada lado vendo como (Jaime Gil de Viedma, poeta español ) disfruta dos placeres da homoxesualidade.Bueno, tempos mellores virán.
Hai anos iba ben acompañado case todos os venres.Cando me preguntan se me gusta o cine, sempre respondo que son experto no cine dos anos 2002 e 2005, que despois para min o cine decaeu moito.
Enfrente miña tiña unha parella de recente creación que non paraba de darse arrumacos, deronme ganas de acercarme e dicirlle a el o oído:
(portate ben e o dia que che diga"si cariño tienes toda la razón"sale escopeteado non antes sen facer as maletas asi evitaste traballos inecesarios).
Pero non viña o caso,voltaba o cine despois de tanto tempo..
Son un ser solteiro,polo momento, algunha noite enamorome pero pola mañá xa se me pasa.Son solteiro pero vivo con catro compañeiras de piso polo que mais ou menos sei como actúan esa raza de xente.A conclusión que cheguei é que igual os raros somos nós,ou igual e que elas nos fan ser raros.
Cando tes parella cambiache a vida,empezas por pasarte a un contrato de teléfono dúo (fainos telefónica especialmente), erecomendable nada mais "pillar",pasarte por unha tenda destas que tanto abundan.As iscotecas trocanse en cines e os amigos en supermercados, as galletas digestive pasan a formar parte da túa vida.
Veste serio,con poder e se te pos sacas peito e incluso votas o PP que a esas edades non e recomendable.Tes outros hábitos uns gustanche mais (sobre todo o principio)e outros menos(as cuchillas de "Gillette" non abren soas a porta do armario , hai que colocalas, digocho eu que comprobeino varias veces).
Pasas directamente do Bar Raices a Cafeteria L"incontro,o tempo pasa lentamente,e os domingos pola tarde son tranquilos e apacibles, se vives en Madrid vas dar una volta o retiro,se estas en compostela vas a bonaval.
Xa non escoitas a misma música,teño un irmán que empezou escoitando Rosendo e acabou comprando discos de Julio Iglesias,agora mellorou un pouco e escoita La casa azul.
Logo pasan os anos,miras para atrás resoplas miras para adiante e entrache pavor.Un día ela diche que é mellor vivir xuntos e outro día diche que seu "papá" para vivir
xuntos quere que asegurades a cousa, e rapidamente firmala sentencia, o cura executa e de repente apareces nunha praia en Cancún.
Acabaronse as noites en vela como a de hoxe e as resacas cortan como navallas.Pasa o tempo e un bo dia escoitas a palabra "papá" miras para un lado e para outro
confundido ata que te das conta que a quen te chaman a e ti.Ahí non hai volta atrás, dudas de quen pareu o pícaro, se ti ou ela porque a barriga que tes non e normal e así olvidas o tempo no que foches solteiro.
Por certo o que iba (Avatar decepcionoume e El consul de Godoma Agradoume) pero isto e xa outra historia.


A Javier Expósito, fiel e noble amigo e un gran solteiro para que a súa estancia en Londres sexa productiva.

2 Comments:

Maria said...

Caro pablinho:
Que bem que regresaras ó cine ;)
Gostei muito do post, aínda que non entendo moi bem o das "Gillette", xa mo explicarás...
Apertas.

O'Chini said...

Vaia Pablo, estás de baixom ou que?
Ánimo home!!! De todos jeitos está bem, moi bem ter este toque literário intimista no blog, gostei!!

Ccando venhas de visita podes comer daqui das galhetas digestivas que de feito temos na alacena!! Hoho!! :D