Um outro artigo muito interesante que atopei neste blogue http://feijoomente.blogaliza.org/ Nom deixedes mira-lo de quando em vez.
Galicia Bilingüe é unha asociación con escasos membros e cuns dirixentes sen a menor cualificación política, profesional ou intelectual. A pesar diso, conseguiu implantar nos medios -e, consecuentemente, na opinión pública- o seu discurso e a súa marca, grazas a unha estratexia moi ben planexada por profesionais competentes. Como é posible esta falta de proporcionalidade entre o que Galicia Bilingüe é de feito e o eco alcanzado? Pois por dous motivos moi simples:
O nacemento de Galicia Bilingüe foi deseñado no círculo madrileño da FAES como ferramenta para redefinir os termos do debate lingüístico en Galicia. O discurso foi realizado por profesionais do marketing político cunha dilatada experiencia (concretamente, na política basca).
A campaña de imaxe que acompañou o lanzamento de Galicia Bilingüe foi realizada pola empresa alavesa Alegría Activity por encargo da FAES e financiada cos fondos da fundación presidida por José María Aznar (ou sexa, cos nosos impostos, xa que a FAES é a fundación que máis diñeiro recibe do Estado español). Non estamos en posesión dos datos para afirmar rotundamente que ese financiamento se mantivo no tempo, mais é probable que así sexa.
Por certo, esta información é unha das moitas que obraban en poder de Emilio Pérez Touriño e que o ex-Presidente se negou a utilizar, seguindo a liña de política de guante branco frente a un PP que practicaba o xogo sucio na oposición e sigue a facelo no goberno. Un dos escrúpulos de Emilio viña motivado polo feito de que a empresa basca que realizou a campaña é próxima ao PSOE: a FAES utilizou a coñecida estratexia de facer os encargos delicados a empresas do inimigo, para neutralizar as críticas que lle poderían caer, e a benintencionada torpeza do noso ex-Presidente fixo o resto.

1 Comment:
Todo se acaba por saber, nom me surprende nada que a caverna espanhola estivese implicada.
O que nom tem perdom é a torpeza de Tourinho...
Post a Comment