quarta-feira, 6 de janeiro de 2010

Menudo exemplar...

Isto é incrible, a tasa de paro en España ascendeu a un 24,55% da poboación activa no último mes.E que conste que tal estadística ten truco, xa que non se contan desempleados como os temporeiros do campo nin as persoas en período de formación.
Unha das últimas ideas de Zapatero e crear unha comisión para mirar polo futuro de Europa e máis de España así como todos os aspectos relativos o paro.Un non sae do seu asombro cando un deses integrantes da comisión e Felipe Gonzalez ( record histórico de paro na historia de España no ano 1994 ) e Pedro solves ( dimiteu fai pouco do goberno por discrepancias co presidente).Tampouco é que me resultan extrañas estas macabras maniobras de ZP(ten de vicepresidente a un paisano chamado Chaves que deixou a Andalucía con 851.493 parados, (a primeira Comunidade Autónoma en número de parados).
Pódeselle votar parte da culpa a crise (que duda cabe), pero é que somos o país da Unión Europea con máis parados e o último que vai a sair da crise según os pronósticos máis recentes, países coma Alemania xa están creando empleo.O plan E que puxo en marcha o governo resultou un fracaso como case todas as medidas que propuxo.
Deixando a parte as suas capacidades( persoalmente penso que bastante limitadas) penso que estamos ante o peor presidente da democracia,manipulador,calculador e con un falso optimismo que nos está levando a ruína( onte mesmo fontes do goberno afirmaban que recuperaremos unha tasa de paro do 8% dentro de 6 anos).
Creo que quedan poucas soluccións, tan só esperar unha improbable dimisión, inútil por outra banda, xa que o PP actual é un viveiro de corruptos que non merece gobernar.
E ante esta situación os sindicatos(moi ben pagados polo Psoe para que non se movan )non fan unha folga xeral e cando a fan protestan contra as empresas.¡¡Malditos sindivagos!!.
Hoxe mesmo o Financial Times inglés(disque gurú da economía),pon en duda as capacidades de este energúmeno que nos goberna para dirixir a presidencia europea na UE.
Deus nos pille confesados e oxalá que lle dea un pouco de iluminación a este inepto(o cal eu votei) para que este país non acabe coma Arxentina, Venezuela e outros que nunca máis volveron a ser o que foron.
E falando de Nunca Mais, vótase de menos que este tipo de actos reivindicativos que tanto e tan ben afloraron na desastre do prestige non o fagan agora co paro en Galicia.¿Non lles interesa o paro os galegos? ¿ou é porque está o Psoe no goberno central?.

5 Comments:

O'Chini said...

Pois tes razom em que 25% de paro é demasiado. Disque os teóricos da economia pensam que com esas taxas de paro um pais simplesmente reventa. Nom pode funcionar, simplesmente.

Deve haver muita economia submergida, se nom de que come a gente? Dos aforros? Ha!

Gostei do artigo, pero permite-me fazer uns comentários: Lembro-te que a crise é um producto do capitalismo puro e duro -o dinheiro livre- liderado polos USA e os seus bancos. Nom quixerom fazer leis para controlar aos gigantes, e lhes derom polo cú a todos. Agora, todo o mundo mira para outro lado quando é a filosofia socialista - intervençom do estado- a que nos vem a salvar. Em Espanhaa crise estivo adererazo coa -mais que esperada desde hai anos- explossom da burbulha inmobiliária. Os bancos tenhem tropecentosmil pisos embargados nas arcas e pouco money para emprestar as novas empresas etc, polo que nom hai movemento e em fim, todos sabemos de que vai isso...

Em Galicia léva-se emigrando desde que Rosalia saltava á comba alá por Padrom, e os tímidos intentos de levantar o pais e traer o dinheiro de volta acabaram com golpes de estado ou com revoluçons civis por mor duns mandilons de guarderia. Assi nom hai forma chico.

O de Nunca Mais é um comentário demagógico, sem mais. A cantidade de petroleiros e troleiros que encalham nas nossas costas é interminável (havendo remédio!): Urquiola, Cason, Mar Egeo, e Prestige... joder, e que mejar por nós é umha cousa, pero que ainda encima sacudam a pirola e nos botem as gotinhas na cara é demasiado.

Eu concordo em que zapatero nom é moi bom para Galiza. Mesmo estou dacordo em que o tipo é falso como el só, e trabalhou moi bem essa imagem de neninho bom. Nom digo nada já do pailam renegado do Pepe Blanco porque me encendo.

Sem embargo, estou seguro é de que Rajoy vai ser muito muito muito muito muito muitiiiiiiiisssssimo peor. Nom hai mais que ver o que já está fazendo a sua delegaçom em Galiza.

E os sindivagos? Merece a pena manifestar-se para que caia um governo de centro esquerda, centro, ou mesmo centro dereita para acelerar a chegada dos neo-com da dereita/ultradereita??

Fodido está todo....

Edu P. said...

Non serei eu quen defenda a Zapatero pois non adoito atopar motivos e argumentos para defender políticas e políticos de dereitas, pero "machiñus" dicir que é o peor presidente da democracia (¿ú-la?) tendo aínda recente a un "muchachito de Valladolid" tenche un pouco de delito...

E o do "Financial Times" como gurú da economía é unha ladaiña moi vista, se cadra é así cando pensamos que o actual sistema é o único que pode existir, pero un outro mundo é posíbel, non si?

Gonzalo Amorin said...

Concordo com Lourenço e com Duarte. Dizer que ZP é o peor presidente da democracia é um agrávio para o anano bigotudo que com muita honra acada o primeiro posto, muito perto do seu lançal adalide Paquito (fora de ranking pero presente sempre). Muito desacertado botar-lhe as culpas da situaçom actual a ZP, mais bem à herdança dumha política económica (se bem encetada polo PSOE) que nom mirou mais alá do formigom. Tampouco serei eu quem venha a defender a ZP, mais de seguro que Rajoy (com J e com Y, senom, Deus, que vulgar!) haviamos ver... haviamos ver.

O'Pablo said...

Edu,Gonzalo e chini:
"O pero presidente en materia económica".

O'Chini said...

A Zapatero lhe podes botar a culpa de gestionar mal a crise, pero convem sempre lembrar que a crise em si foi provocada polos valores da dereita.

A ver como o fam os ex-amigos de Bush quando cheguem a Moncloa. Que Deus nos colha confesados!

E que conste que cando eles cheguem, o peor já terá pasado, e a gente atribuirá-lhes o mérito da recuperaçom.... no fundo tudo isto é injusto......