De novo facendo un kit kat entre os numerosos post de corte político que estades a publicar (que non me parece mal, incluso me parecen emocionantes eses debates nos comentarios que lle dan bastante vidilla a isto) Aquí vos deixo a un grupecho que parece que esta arrasando entre os cativos galegos e que bebe da música tradicional, e eu sin sabelo...
De feito descubrinos porque unha editorial propúxome facer as ilustracións do seu novo libro-cd, que ilusión! A ver se vai para adiante o proxecto e xa vos contarei...
A verdade é que me parece unha proposta interesante e orixinal, non hai moitos grupos de musica para os nenos e son bastante divertidos.
domingo, 31 de janeiro de 2010
Mamá Cabra: música para cativos
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Está paveiro! Sobre todo o guitarista que tem umha pinta de paioso que nom se tem dereito, menudo nariz colorado!! Ah! E quando fala e dí em espanhol "Gloria y...yo", esmendrelhei com a risa!! hehehehehe!!! Noraboa polos debuxos, isso si!!
Parabens pola iniciativa!! Mil primaveras mais!
Oes, ainda assi, todo o video é entrevista, eu queria escoitar algo e nom hai!?
vaite á súa páxina web: mamacabra
Bueno esto de poñer links nos comentarios, nunca me acordo do código. Parece que non foi no anterior comentario: vai a mamacabra.com. e pincha nalgun dos seus proxectos. Hai mostras da sua musica, é bastante infantil...pero simpática...Tamen podes ver algun video no youtube das suas actuacións pero a calidade non é moi boa...
Por cuestións obvias este é un tema que me interesa, así que vos recomendo que buceedes un pouco para atopar información de "Tic Tac" un novo disco dun tal Pablo Díaz (creo que irmán do cantante de Berrogüetto) ou tamén Contos en Cantos de Almudena Janeiro ou tamén "Pelo gato 24"
Post a Comment