quarta-feira, 1 de outubro de 2008

CADAVER EXQUISITO VII

Vou a ser breve:

Dom Alberte entrou na sala de armas con paso firme e vigoroso. Tiña ganas de resolver rápido este asunto, máis cando viu á rapariga enfronte sua ficou paralizado por unha extraña sensación de familiaridade.

-¿Por que esta atada? - preguntou contrariado aos dous guardias que custodiaban á rapaza.
-Tentou fuxir, señor. Agarrou unha das mazas do S.XI e case nos reventa a cabeza.

Estaba atada a unha cadeira, cabizbaixa e sen decir palabra. Don Alberte acercouse e levantoulle o rostro. Aquela mirada profunda e salvaxe, aqueles cabelos negros desordeados, os beizos firmes e carnosos. Deu un paso atrás asustado. ¡Era o vivo retrato da súa avoa materna!


9 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Goder pra os servintes do fidalgo!! Que cultura! hehehe!! Do século XI!! Que precissom!! hehehe!!! Está bem. Nom te me encomodes Martita!! Mira que estades metidos no conto.

Pero um conselho pra todos. Penso que chegou o momento de começar a construir a história e dota-la de fundamento. Está bem recrear-se em descripçóns e "apostillar" esceas. Agora já chegou o momento de ser imaginativos e crear. Hai que dar-lhe sentido a isto. Já hai demasiados flecos soltos. Comezemos a uni-los!!

O'Chini said...

Bom, a minha ideia era que Giana (umha rapaza do nosso tempo, moza de Xacobe), estava co seu mozo no pazo do Longueirom fazendo algumha cousa. O pazo de longueirom era conhecido por ter extranhas propriedades e circular lendas....
Tras um incidente (talvez os Monteira Furada tehhan algo que ver?), escoudeu-se na sala de armas e ficou durmida.

Ao dia seguinte espertou no seculo XVII!!! Pero por suposto, ha tardar-se em se dar conta, ai esta a gracia.Ela pensa que todos eses pavos vestidos de fidalgos e serventes son unha panda de frikis jogando ao rol...ate que a metam na cadea e a ameazem coa foqueira. Conseguira escapar?

Dende a optica do senhor Alberte Longueirom esta claro: recebe umha visita de Giana, umha louca com roupas extranhas. Para os seus subditos e a igreja esta claro: e umha bruxa. Hai que queima-la

Para o resto dos persoagens, estam buscando a Giana.Ela simplesmente desapareceu o dia em que se colaram no pazo.
Estaria bem que atoparam algum escrito da inquisizom no que aparecesse o que lhe aconteceu a umha tal Giana no seculo XVII. e esa a Giana de Xacobe? Como pode ser isso possivel? Como rescata-la? E possivel que Giana este viva no seculo XVII?

Bom, isso e o que tinha eu na cabeza, mais estou aberto.....

O'Poldow said...

Beleza, manos! Catro días que non podo entrar e a que se montou... moito being! Muito legal a dinámica!
Dado que as minhas conexións internáuticas van ser pésimas estes días, non me podo meter a teclear no Cadáver, mais aguántenme un intre, que despois tamén lle quero entrar, aínda que sexa para facer o epílogo ;)

E... Ideas! Xa que parece ser unha ficción científico-histórica (ou chámalle equis), qué tal meter personaxes reais de aqueles (ou estes tempos)?
Se é no s. XVII, ¿non podería estar de paso Don Diego Sarmiento de Acunha, camiño de Inglaterra -oh, o guiño ao comezador do cadáver? ¿E acompañado dalgún científico inglés de visita ao Antigo Reino, e que fora especialista en cábala, en viaxes no tempo ou en lendas celto-castrexas, oh my goodness? ¿Era deste tempo Francis Bacon? ¿Sir Walter Raleigh? ¡Lucky Strike!

Que non decaiga e síganlle dando, o cyberespazo e grande... Darlle que librámoss!!

Gonzalo Amorin said...

Caro Chainis! As tuas ideias parecen-me muito gostosas, mais penso que cometeches um erro ao faze-las públicas. Assim condicionas o progreso da estória, nom podes coartar a creatividade dos demais e leva-la por Onde ti pensas que deve ir o fio da estória. Cada um que vaia por onde lhe pete...pero isso si com jeito!! Oes, penso eu! Sem ánimo de ofenDer, tentando contruir.

Caro Poldo fico feliz de ler-te de novo por estes lares. Anime-se e carregue na caneta!!!

Marta said...

Hahaha, tes razón gonzalo, eu imaxinaba a sala de armas como unha coleccion do Alberte este donde podería haber todo tipo de referencias da su procedencia e seculo, pero claro os guardias (soldados?) seguramente non sabían ler, nin de armas...Ahhh! Pra facer algo moi coherente hai que pensar moito, a parte de que eu non pretendo escribir algo moi serio,gustaríame que isto fose unha experiencia máis divertida sen pretensions de facer un best-seller....
Se nos pomos tiquis miquis, podería dicir que a historia comeza cun narrador en primeira persoa e no segundo capitulo pasa a un narrador omnisciente, non sei se iso é moi habitual en literatura, pareceme que non.
Suponse que o xacobe tería que narrar todo o que lle aconteceu, e o que sabe incluida viaxe ao s.xvii. Pero persoalmente a min resultaríame máis dificil, así que dame igual.

Xa sei que se non atamos os cabos isto pode ser a historia interminable, pero espero que non pretendades poñervos tan serios que eu paso de por a documentarme como era a vida nun pazo no s.xvii, pra non meter anacronismos...Non teño tanto tempo haha, algún de vos xa o tedes mais doado, pois ala.

Por certo a ultima aportación que fixen creo que ten coherencia pra o que eu penso que poido ocorrer. Non me inventei o da avoa por que si, vamos...pero me gusta ver como outro pode continuar iso e ver o que saca de ahi, en fin...

Unha aperta e agardo que se anime alguén máis a participar nesta historia tan emocionante. Bicos

O'Chini said...

Ops!
Caro Gon, pensara que o teu era um chamamento a fazer "planning" antes de escrever.

Pero nom desacougues, os espiritos indomaveis do blogue, como marta, ham levar o cadaver exquisito por onde eles bem queram, a minha ao final nom desvela demasiado mais que o evidente: Giana está no seculo XVII e xacobe no XXI. De ai para diante todo esta aberto.

A ver como ata o seguinte o episodio do vivo retrado de Abuela Longueirom na fazer de Giana.. hehe

O'Chini said...

Ademais, vinha eu pensando no trem (mira ti que penso!)
O do servente-historiador pode ser umha nova pista: por que havia de saber um home (presumivelmente nom cultivado) se umha maza era do seculo XII? Tinha algo de especial ese home?

E outra cousa: A Giana do XVII nom tem por que ser necesariamente a Giana de Xacobe. Ou si? Ou nom? Hehe...

Hai espazo para voar....

Um ltimo apontamento: tem razom marta com unificar estilo. Mais nom me preocuparia agora disso, Cada um que escreva como poda, e logo um dia, ao final , recolhemos todo e lhe damos um repaso para faze-lo coherente.

Concordas, Gon?

Marta said...

Hahaha, ¿son un espiritu indomable?:-)

Gonzalo Amorin said...

Concordo! Pero a cousa nom vai mal, penso eu. O certo é que estou sorprendido. Que ánsia tem a gente com o relatom, e o mais simpático, como nos preocupamos por que vaia bem. Até temos problemas de estilo, manda caralho!! hehehehe!!