Tras un periodo sen entrega literaria espero que non vos poñades tiquis miquis, (sobre todo despois do moito que subiu o nivel hehe) que a cabesiña non me da pra mais. É tarde e teño sono, a cousa non está moi ben redactada, pero dabame pena teros con este mono de "cadaver". A ver se se anima mais xente a escreber, "por dios"...
Sego na primeira persoa orixinal:
Coñecín ao profesor Anselmo por primeira vez ao finalizar a carreira de antropoloxía. Case ninguén o coñecía na facultade pois en vez de dar clase, mandaba aos seus becarios mentras el se adicaba a investigar.
Unha serie de estranos rumores corrían acerca da súa persoa. Uns dicían que non saía nunca do seu despacho nin para xantar, que se pasaba días enteiros alí encerrado sen atender a ninguén. Os poucos que o viran paseando polo campus contaban que andaba murmurando cousas nunha linguaxe incomprensible e xesticulaba de forma estrambótica. Aparte, sempre levaba posto un sombreiro verde tirolés e os traxes que usaba deixaban ver os calcetíns de rombos e os puños das camisas case ata o antebrazo. En definitiva, parecía que estaba ben pasado de rosca.
Cando descobrín que ía ser o director da miña tese case me caio de cu. Era o único profesor especializado en cultura e mitoloxía nórdica. Por un intre dubidei, pensei en estudar os rituais de apareamento da tribu dos Dowayos do Camerún. Mais aquel tema era realmente o que quería investigar.
A primeira vez que fun ao seu despacho non me recibeu, nen a seguinte tampouco. Fun varias veces máis e petei á porta con todas as miñas forzas, sabía que estaba alí. Supliquei, inda por riba iso!, ter que rebaixarme para que un tarado aceptase dirixir a miña tese. Acampei unha noite diante do seu despacho, pero quedei durmido. Pola maña o meu profesor de antropoloxia cultural comparada y o de antropoloxía simbólica mirabanme divertidos.
-Pero home! se é moi sinxelo- dixo un deles, e logo acercouse e contoume algo ao ouvido. Abrin os ollos ben sorprendido.
Marcharon botando unhas boas risas á miña costa. Eu levanteime e medio incredulo petei suavemente á porta do profesor Anselmo e en voz alta e clara dixen:
- Sei onde se atopa o Yggdrasill.
E a porta abreuse.
quinta-feira, 9 de outubro de 2008
CADAVER EXQUISITO X
Posted by Marta at 03:29
Labels: Cadaver Exquisito
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Tá bem, ta bem....hehe
Suponho que este que fala isto e Xacobe, nom?
Eu faria o resto da historia em 3a pessoa... é mais flexivel. Se hai algumha pequena incoherencia de estilo, nom passa nada...som só dous capítulos, contando este...
Ótimo! A tua mente de debuxante deixa a sua pegada...menudo professor estranbótico!!
Post a Comment