sexta-feira, 24 de outubro de 2008

¿Quen é quen?


Non haberá fotos da banha pero hai estes debuxos moi conheiros que se fixeron alí no transcurso da noite. Todo empezou porque me deu por facer bocetos do concerto de Sobrado e logo chegaron os interesados e a "imparticion" de clases de debuxo gratuitas! Bueno dicir que ningún está feito por min, e non porque aparentan mal debuxados, non, porque a técnica tivo o seu mérito: son debuxos feitos a cegas, e dicir que non se miraba para o papel mentras se facían senon que todo o rato se miraba para o modelo imaxinandonos que o lápiz era un dedo que percorría todo o seu perfil. Home houbo alguén que fixo trampas, pero bueno. Xa vos direi por quen estan feitos, pero agora interesame saber (para os que non estiveron na festa claro!) se sabedes de quen se trata cada retrato, hai algúns moi obvios, pero outros...unha pista: hai tres que son a mesma persoa!

Pos ala Chini a pensar...

6 Comments:

O'Chini said...

A ver:
a: Cris
b: Gema
c: Rober (nom estamos seguros Maria e eu)
d: Cris (mmm...oensamos que si...)
e: Ana?
f: Este e Gon, seguro
g: Cris, de novo

Marta said...

Acertachedes en todas, pero mira que non recoñecer o meu perfil!! Haha, a "e" son eu!!! O meu o de Rober e o de Gonçalo foron feitos por Cris, que tivo unha man impresionante. A Cris "a" fixoa gonçalo que fixo moita trampa e así lle saiu! Sobrado fixo a G e o resto non me acordo, pos ala...xa está.

Gonzalo Amorin said...

De trampa nada!!

Maria said...

Cojonudo o debuxo de Gon!(aínda que fose con trampa :))Tal cual Cris!

crisbodelon said...

Mamma mía! Como é posible que non recoñezades a Martita na "e" pero sí a mín na "d"!!!!! Ide comprar gafas. Ademáis tampouco me parezo a "a". Retratei moito mellor eu a Gon.

O'Chini said...

Eu tamem penso que o que ti fixeches de Gon esta mui logrado, moi detalhado.

Pero eu estouo de acordo com Maria que o que fixo Gon de ti mola porque e tam singelo, catro trazos exagerados, como nas caricaturas... O teu de Gon e mais realista.

A Marta eu nom a pilhava...