quarta-feira, 22 de outubro de 2008

Unha marcha alternativa ridiculiza a manifestación "bilingüe" da Coruña

Pois ainda hai gente que se toma os ataques do espanholismo mais ráncio com muita conha!! hehehe!!! Os mui pampanos pensarom que eram dos deles. hehehe!!! Tomarom polo cú!!





Os participantes na convocatoria apoiada pola "Mesa contra el Libertinaje Lingüístico" foron identificados pola policía.


Baixo o lema "En Galicia en castellano", a Mesa contra el Libertinaje Lingüístico (MCLL), Sei o que nos figestes... e Tan gallego como el gazpacho convocaron este domingo á tarde na Coruña nunha manifestación á que estaban chamadas "boas españolas (que se vistan pola cabeza) e bos españois (que se vistan polos pés)". A mobilización ridiculista coincidiu, "casualmente", con outra convocada por varias agrupacións que se opoñen, basicamente, á normalización do galego apoiándose na "liberdade" e no "bilingüismo".As imaxes do evento, que se poden ver na web de Sei o que nos figestes..., ilustran o percorrido da marcha até o Obelisco coruñés, onde nun primeiro momento chegaron a ser aplaudidos polos participantes da outra concentración. Despois, viviuse un momento de tensión que rematou coa chegada de varios policías, que identificaron os membros da manifestación da MCLL. Toda a acción, marcadamente festiva, concluíu cun brinde de españolísimo gazpacho en cartón.

0 Comments: