quarta-feira, 8 de outubro de 2008

CRISE

A crise do século: a fin dunha era do capitalismo financeiro

Aquí vos deixo un vencello a un lúcido artigo de Ignacio Ramonet.

A min todo o que está acontecendo pareceme abraiante, e coido que sería moi interesante que cada un de nós fose expoñendo as súas opinións, comentarios, informacións, etc. sobre este tema. Especialmente os embaixadores que temos espallados polo mundo adiante podían irnos fornecendo de como se está a vivir e sentir todo esto no continente americano, onde disque agromou a nai de todas as crises...


- Rapaces, aí fóra caen chuzos de punta! Ide con xeito e que a forza nos acompañe!

3 Comments:

O'Chini said...

nteresanto artigo, senhor Oishu.

Pois si, por aqui só se fala disso, e das eleiçons a novo Imperator Maximus. Conectando co artigo, dizer que McCain é um "desregulador": promocionou o mercado livre (estilo sabana africana, vamos), ainda que ao final nom lhe quedarom mais colhóns que aceitar que o papá estado correra a salvar os cacharros.
Por certo, o tipo este está podre de pasta. Umha vez um jornalista perguntou-lhe quantas casas posuia e o tipo nom soubo contestar... Dixo: "tenho-o que consultar cos meus ajudantes"...

Pola contra, Obama, que desde novo estivo implicado em estructurar e educar ás barriadas pobres, especialmente aqui em Chicago (ele mesmo tamém vém dumha família pobre), é o que aqui seria "de esquerdas". Em Espanha duvido-o, pero aqui si. O seu plam iclúe seguridade social quase-universal, baixar os impostos á clase media e subir-lhos á alta (clase media aqui som os que ganham menos de 250.000 dolares anuais, o 95% da populaçom), e por último introduzir máis regulaçons no sistema financeiro. Neokeynesianismo, vamos.

Ando a ler um livraco bem entretido sobre economia, por certo... Umha das cousas boas deste pais é o volume de publicaçons em moitas temáticas, e para todos os niveis. Estou-na goçando, e por fim entendo algumhas cousas....
Sabiades que a sociedade americana é moito menos aforradora que a europeia e a japonesa (ou seja, máis consumista)? Seguro que si.... E que isto origina que os bancos americanos nom tenham apenas fundos "proprios" (quero dizer, de pessoas americanas) cos que fazer negócios (prestamos, hipotecas etc)?? E que isto obriga aos EEUU a pedir prestado a outros paises dinheiro, para fornecer o seu sistema creditício???

Marta said...

Que interesante o artigo e o que contas Chini. Eu sabía o de que non aforraban un carallo ahí, pero non pensara nas consecuencias. Por certo o termo "Bankster" (banqueiro gángster) está xenial.

Gonzalo Amorin said...

Pois si, a hipocresia nom tem límites. Viva o capital-comunismo! Ou o capitalismo de esquerdas. Ao fim, os ianquis vam ser mais comunistas que ninguén...ausência total do Estado!