sábado, 11 de outubro de 2008

CADAVER EXQUISITO XI

Bueno, tocoume a min agora, eso si, botando unha man da wikipedia...pero non llo digades a ninguén he, he.
Ai vai!!!
----------------

...
- Sei onde se atopa o Yggdrasill.

E a porta abreuse.


Xacobe asomou a cabeza e non viu a ninguen. Extraño, xuraria que o profesor estaba dentro.
Entrou despacio, colocando a sua mochila ao lombo. Serviralle de almofada a noite anterior - Ai que foderse, o que un ten que facer para ler unha tese... -pensaba. Cando cruzou o umbral puido ver sobre un escritorio varias columnas de libros de máis de un metro que desafiaban as leis da gravedade, con moreas de papeis aos lados. As estanterias non deixaban ver nen un centimetro de parede. Volumenes de diferentes tamaños, alguns novos, a maioria vellos tratados. O profesor tinha outra mesa, moito mais grande perto da xanela. Un enorme mapa dos territorios de Europa, America Oriental e o norte de Africa cubria a totalidade da mesa. Alguns sitios, a maioria deles en Europa do norte, estaban marcados cun círculo vermello. Ao par deles habia o que parecia unha referencia bibliográfica. En tinta máis escura trazara liñas e datas que unian Escandinavia, o mar Baltico, Dinamarca, Islandia ou Groelandia co resto do mundo, maiormente na costa europea, pero ás veces mais alá: América, Africa, leste de Europa, incluso Siberia. Xacobe se percatara que non poucas chegaban á Peninsula Iberica, a Galiza. - Sen dubida - pensaba Xacobe- estas son incursions vikingas.


Apilados nunha esquina tinha 3 ou 4 libros. Un deles aberto. Xacobe colleuno e leu o título. "A Alquimia no norte de Europa".

- Señor Docampo Piñeiro!.
- Ah!!!! - Xacobe berrou do susto. A porta pechouse ás suas costas. O profesor Anselmo chamouno polos seus apelidos. - Carallo! - pensou- para estar medio tolo está ben informado-
- Vexo que é vostede un home curioso
- Si, bueno, son curioso, son... encantado de poder falar con vocé profesor. Habia tempo que o estaba buscando, pero nunca me podía atender- comentou con sorna.
- E certo, é certo - murmurou mentres lle quitaba o libro da man e o voltaba a poñer sobre o inmenso mapa. Sacou do seu peto unha pipa bastante extraña, colheu un chisqueiro daqueles qu xa só se vian nos tebeos de Mortadelo e Filemon, e comezou a fumar.
- Asi que vostede quere facer a tese comigo, non é, señor Docampo? Qué interese ten na cultura nórdica?
Xacobe, como moitos outros frikis que pululaban pola universidade, era un apasionado da mitoloxia, das novelas talkianas e dos xogos de rol. Iso fora o que decantar a sua vocación pola antropoloxia facía xa 6 anos, cando ainda estaba no instituto. Máis esta, claro está, non era unha resposta axeitada nesta situación, e algo máis intelixente deberia sair da sua boca. Ainda que ao final, os motivos verdadeiros de cada un, teñen un fundamento bastante infantil, pensaba.
- O meu interese ven dos seus artigos, profesor Anselmo, sobre as culturas nórdicas. Vocé cambio a concepción que tiña eu antes dos vikingos de seren salvaxes, brutos e iletrados. Vocé me ensinou que a súa sociedade era moito máis ordeada e idealista do que a xente cre. Sobre todo me interesa aquelo que vocé mesmo denominou como "A Arbore do Universo" dos nórdicos...
- A gran enciclopedia perdida que continha moitos dos coñecementos que acadaran - o profesor interrumpeu- : a suas normas secretas, a súa xenealogia, o seu orde político, a súa relixion, e sobre todo, o mais importante: a sua ciencia.... Si señor Docampo. O mitico Yggdrasill. Ainda hoxe non se sabe exactamente que tipo de obxeto é fisicamente, se é que existe, claro!.... Pero non se faga ilusions, señor Docampo. Sei que son observado como un tolo pola comunidade. Os meus métodos e fontes son heterodoxos, e a miña forma de actuar tenme traido máis dun problema. Saiba que no hipotético caso que eu o aceptara a vostede como doutorando, non teria nengun tipo de bolsa da universidade ou do goberno. Teria que procurarse unha boa fonte de financiamento alternativa.
- Bo, iso non é problema - Xacobe respondeu. Cando un ten 23 anos, hai que ser idealista, revolucionario, e atrevido. Pensou.
Nada máis escoitar isto, o profesor puxolle nos brazos 3 libros: "Historia Oculta de Galicia", " "Quen descobriu América", "Sociedades Secretas Modernas", e dixolle:
- Dacordo. Lea estes libros e venha mañán pola mañan ao meu despacho para discutilos. Bon dia, señor Docampo. - O profesor Anselmo mostroulle a porta, invitandoo a sair.
- Si, bueno, eu maña non podia, é sabado.... eh.... profesor....
- Ata mañan - E fechou a porta.
- En menuda merda me metin....- pensou Xacobe- Ademais, qué carallo de libros son estes?...ah.... Deberia terlle feito caso a Giana e non ir con tolos...

8 Comments:

Marta said...

Jo, que ben María que te animaches a escreber. Como o curraches, gústame, con mapa e todo!A verdade e que chegamos a un punto en que me parece que imos ter que estar coa enciclopedia ao lado haha.

Marta said...

Ah! por certo María creo que Anselmo e Xacobe non se coñecían de antes:"Case ninguén o coñecía na facultade pois en vez de dar clase, mandaba aos seus becarios mentras el se adicaba a investigar..."
Pero da igual, é normal que non teñamos en conta todos os detalles da historia, aparte das ganas que temos de levala por onde a nos nos gusta!

Por se acaso comento este detalle, teño ganas de ver como casa isto:Minha doze Giana, confuso distinguia a sua face mentras a levavam de onde mim. Umha luva negra premia-lhe o pescozo. Umha sombra indistinguível atrás de-la levava-a, calada, maligna, com olhos cintileantes e cum ruin sorriso que a asustava, afogando-a de medo. Umha luva negra, umha sombra...aqueles olhos! Algo vermelho, que nom chegava a ver com claridade, decorava aquela luva. Que era?" Coa teoría que ten Chini de que Giana estaba durmida na sala de armas e espertou no s.XVII. O digo por se non te decataras.

Pero bueno, sí, hai moitas cousas por atar que van ser fodidas. Non se me ocorre por asomo que pintan os Monteira Furado, hehe. Pero seguro que Gonçalo o sabe...

Pois ala! Unha aperta e agardo a próxima entrega! Bicos

Maria said...

Ai! Non me din conta!
Cambiei duas cousas para que coincida:

agora, Anselmo sabe os apelidos de Xacobe por que se informou, e Xacobe pensa "carallo, para estar medio tolo está ben informado", ou sexa, que queda claro que non se conhecian persoalmente antes.

E despois tamen cambiei o comentario de Xacobe: coñece o traballo do profesor Anselmo porque leu os seus artigos, non porque fora as suas clases, xa que efectivamente non as daba.
Bicos

Gonzalo Amorin said...

Mui bem Maraia! Es o que se dí umha escritora bem documentada. Gostei muito da leitura do teu conto, segue a dar-lhe.

A Martita, coma sempre implacável! Nom se lhe escapa umha. Já sabedes, andade com olho que anda por ai umha pequerrecha que nom perdoa. hehehe!!

Marta said...

Snif, snif, serache cousa do caracter capricorniano: disciplinados, rectos e perfeccionistas. Hehe, eche o que hai. XD.

Gonzalo Amorin said...

Outra cousa! Desta vou ser mau. Entom o Xacobe di-lhe ao Anselmo que sabe onde está o Yggdrasill e este nom sinte a mais mínima curiosidade? A ver Maraia como conseguimos dar-lhe senso a isso.

Gonzalo Amorin said...

Ah! Pon-lhe a etiqueta Maraia que senom nom entra no conto total...hehehe!!!!

Maria said...

Tal como escribiu Marta, os outros profesores do departamento dixeronlle a Xacobe o truco para que o profesor Anselmo o vira,era que lle dixera que sabia do Yggrasill.

Ou sexa que Xacobe non sabe nada sobre o Ygrassil, so quería q Aselmo lle prestase atención.

Por outra parte o profesor Anselmo abre a porta cando ve que o rapaz que intentara velo durante dias, esta interesado no unico que o obsesiona, o obxeto secreto dos vikingos. Pero obviamente sabe que Xacobe non sabe nada....

Ou asi é como o vin eu... espero que cadre ben...