Fai moito, moito tempo, nunha galaxia moi lonxana,
un barbudo "padawan" escribía de cando en vez nun vello blogue,
compartindo letras, fotos e ideas con algúns dos mellores da República.
Pero canda o verán, chegou o emperador PalpaTVGine,
e mantívoo afastado da Forza durante uns meses.
Despois chegaron as escuras forzas da Federación do Casorcio,
que lle encomendaron a misión coñecida como "evento 27-S".
Aínda non recuperado da viaxe pola galaxia Granadine,
e o paso polos asteroides Cordoboo e Alpujarris
o noso xoven "padawan" atópase xa atrapado
na preparación dunha nova e apaixoante misión
que hai uns meses recibía do Senado Intergalaico...
A futura chegada de Bruno Penabade, o herdeiro
Pois ben... moi boas a todos...
como saberedes algún, e seguramente non polo ben informados que eu vos teño, levo uns meses, semanas un pouquiño liado con ocupacións diversas... entre elas algunhas das que me gustaría ter xestionado doutro xeito e tervos informado mais polo miudo, pero o certo é que ás veces un non é quen de facer as cousas como lle gustaría...
En resume, para os que non vos esteades enterando de moito: o pasado 27-S, María e mais eu casamos (a pesar das autoridades civís e eclesiásticas que nos escarallaron un pouquiño a nosa idea inicial de "casorio"). O evento foi un pouquiño aburrido, e póñovos aquí abaixo varias imaxes nas que se pode confirmar o "mal" que o pasamos...
A outra noticia xa non sei a quen de vós vola contara e a quen non... pero o conto é que, despois de seguir os pasos do Mestre Qui-Lorenzo-Jin no paso ao lado escuro do matrimonio, nuns meses chegará á nosa galaxia o herdeiro desta miña estirpe (é dicir... que a María e mais eu estamos a esperar un neno). Disque lle imos chamar Bruno ao indivíduo, e agardo (desta volta) tervos máis informados das futuras novidades
E ben... vouvos deixar xa que levo 24 horas cunha "cagalera" de cabalo e xa me teño máis que estudado as preciosas proporcións elípticas do meu branco sanitario "Roca"... en resume, que estou feito "unha merda"
P.D: O certo é que non sei moi ben que causou esta diarrea, tan só teño a sospeita dun churrasco que comín onte, e que en plena costela levaba un sospeitoso selo azulado co nome dunha carnicería que non coñecía: "Carnes e Chacinas Monteira Furada"
quinta-feira, 9 de outubro de 2008
Sinto unha conmoción na Forza...
Posted by Edu P. at 13:52
Labels: as nossas cousas
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Menudo fiestón! Parece que estiveches dirixindo os bailes e todo. Pero unha cousa, ti ías moi guapo, sí señor! pero da noiva que é a máis guapa da festa so puxeches unha foto, chupacámara!, hehe. Noraboa polo casamento e polo Bruno que está a vir. Tes que estar que saltas de alegría! Agora xa sabes, a mercar máis contiños meus cando saian! Un bico.
EEEEEI!!!
Parabens caro Edu!! O festorro parece que foi ghordo, e as resacas tamem hehe. Hai que ter coidado coa coca-cola, home!
Pois ja contaras como vam as cousas com Bruno. Mimaaa que nervos...
Dentro de pouco ja poderemos btar a mitica pachanga: casad@s contra solteir@s!
Moitos parabens para ti e María!e cando chegue o pequerrecho,xa sabes...fotinhos.
Bicos!
Todo gênero de congratulaçons caro Duarte!!! Que todo vaia muito bem nessa aventura do matrimónio na que te meteches...hehehe!! Di-lhe a "couraça brunhida" que animo pra esse empurrom final. Umha aperta!
Si senhor! Parabeings polo casamento e o afán repoboador galaico!! Moitas felicidades aos pais e boa vinda para ese galego do séc. XXI que está de caminho!
Post a Comment