sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

Pequeno conto de nadal.

“A tele repítese como o ropopompóm”- dicía o outro día nas páxinas de televisión un dos xornais escritos de tirada nacional. Xa estamos case sumerxidos en pleno nadal, antes esperaba esa data porque sabía que o día de fin de ano ia a sair.
Eran épocas nas que descoñecía o que era una hipoteca e non tiña mais preocupacións que as de poñerlle o tellado a una cabaña que nunca demos acabado, porque eu queríallo de madeira e o Chema queríallo de plástico.
Deixei de creer en Melchor cando descubrín que no era tal senón Hipólito o xefe de obras do concello e roubaronme o Nadal o día no que despediron ó calvo da lotería.
Este ano o turrón volverá a casa polo Nadal , tra-la ventana a choiva cae lentamente mollando as nais que cos seus fillos da man apuran as últimas compras, unha puta intenta facer o seu agosto en pleno decembro e mentras eu intento acabar este post para a Zona velha.

Rúa Nova de abaixo,Santiago de compostela ,Zona cero.

6 Comments:

Marta said...

O nadal é para os nenos: teñen vacacións, na tele botan un monton de pelis chachis de estreno que podes ver porque non hai cole. Comes un monton de dulces, e por riba recibes un monton de regalos. Se estás no instituo ata saes en fin de ano a rachar...E todo iso sen por practicamente un duro,e sen preocupacións, todo diversión. Para os adultos é estres e consumismo e incluso quedar con familiares que non te apetece un huevo aturar...Une merde!!

O'Chini said...

HO HO HO HO HOOOOOOO!!!!

Porrrom po-po-pom!!!!

O'Pablo said...

jajajajaj Marta canta razón tés no de aturar a familiares que non che apetece ver.......

Maria said...

Que pablinho!!! eso non vai por nós, Non??? Xa che estirarei as orellas cando chegue a casa :)
Por certo, muito bom o conto de natal, escachei coa risa cando o lin o de Hipólito e Chema. Por se a xente non o sabe, é unha historia real do concello de Brión. :)

Gonzalo Amorin said...

Eu tenho tam boa lembrança do Nadal que nom poido fuxir no regostinho de sumergir-me cada ano nel com gorentosa delízia. hehehe!! De pequeno sentia como se o mundo cambiese transformando-se nalgo diferente, cheio de cores, luzes, cheirinhos agradáveis...o fazer o Belém, ir polo musgo, adornar a árbore. Sinto-o amigos do blogue pero eu gosto do Nadal muito, como um neno pequeno ilussionado e feliz. Nom há crítica! Ainda que mereza...

O'Chini said...

A mim tamem me presta o Natal, é verdade que deixarom umha pegada forta quando era neno....Os regalos, os primos todos juntos armando bulha, as comilonas, e em ano novo as uvas, Martes e Trece...hehehe..