segunda-feira, 31 de março de 2008

De Gatos!


Vaia, non tocar o tema dos gatos que me emociono. Estes son os gatos que tiven cando vivía en Vilagarcía coa miña compañeira Mónica. En concreto o que que ten cara de mapache é meu, que é un macho, e o outro gato que é unha femia a trouxo ela para que se fixeran compaña. Agora viven felices con Mónica nunha casa con horta en Vilanova.

O meu gato non é tan vaca como o que tes, nin tan torpe, je, je. O meu era bastante espabilado e me recordaba a Garfield, pois o moi cabrón era capaz de abrir a porta da neveira e roubarche un bo chourizo. O final tivemos que vetarlle o acceso á cociña.

Que un gato se meta nos armarios cando chega a un sitio descoñecido é normal. Os gatos son bastante sensibles aos cámbios e buscan o lugar da casa onde máis seguros se sintan: oscuro, pechado e o máis inaccesible posible. Pouco a pouco se sinten máis confiados e van explorando os sitios. Eso sí curiosidade teñen dabondo. O cabrón do meu gato cando atopaba a oportunidade colábaseme fora do piso e nin te enterabas. Cando o notabas en falta saias a buscalo e sempre estaba no cuarto (e último) piso. A última aventura foi arriscada, pois decidiron facer un piso máis co trasteiro, e estaba todo en obras e apuntalado, ¿e onde foi o cabrón a esconderse? Alí. Cando fun a buscalo trouxeno no colo "clavado" literalmente. Aínda conservo os buratos que me deixou das unllas na camiseta que levaba. Aínda así ese gato me mola moito e o boto de menos de vez en cando.

Dotaçom 4.


Isto do blogue parez que marcha!! A ver se como dí o companheiro Duarte nom dura o que a novidade. Este contributo vissual é para que vejades que nom minto... e que si, som bombeiro!! hehehe! Ai vai pois esta foto tirada o primeiro dia de trabalho com os uniformes de parque case ainda com as etiquetas. Som os meus companheiros de quenda (Dotaçom 4), umha panda de fenómenos mui boa gente. Ainda hai nada cheguei do choio, onte foi um dia tranquilo, apenas saimos para umha limpeça de calçada de nada. Onte tocou limpeça de camións pola manhá e pola tarde práctica de rescate em altura; após tenis de mesa, adestramento, duchinha, ceia e para a cama. Durmimos toda a noite coma benditos. Entóm? Como assim nom imos gostar de ser bombeiros? Agora aguardan-me tres dias, bem merecidos, de descanso para fazer o que me pete. Já o sei, dou noxo...pero que se lhe vai fazer. Ala! Despido-me até mais ler. Saudaçons para tod@as!!!

domingo, 30 de março de 2008

BOAS NOITES PECADORES!

Xa estou eiquí, na Zona Velha, pisando charcas, camiñando baixo o abrigo das luces das farolas, dando tumbos polas rúas empedradas, molladas, velhas, rúas estreitas e cheas de historias e segredos. Ainda tomaría outro licor café pero xa e tarde e ai que durmir.

Cantas conversas de cafetería, canta filosofía de taberna, cantas meniñas berrando ó comezo da noite, e cantas, ó final, non lembran o camiño a casa.

Un saudo a todos, e ainda que non ven a conto, estou comendo unha mazá. :)

Temos unha gatinha, Auriga!!!!

Ola a tod@s! Eu tamén me uno a este blog e nada mellor que facelo presentandovos á nosa gatinha, Auriga!!
Bem, pois esta gatinha trouxerona hoxe e é dunha companheira de traballo de Lorenzo, Tonia, que se vai de viaxe. A gata estará con nos tres semanas, mellor dito conmigo posto que Lorenzo tamén se vai manha de viaxe a L.A :(

Tonia estivonos explicando os coidados que tinhamos que darlle, e a dicir verdade quedeime un pouco asustada posto que require uns coidados como se fose unha persoa!O que eu non sabía e que gata, que como podedes ver na foto está ben mantida, ten un pequeno problema, e é que lle soen dar ataques epilécticos, aínda que fai varios meses que non lle dan. O meu medo é que esta semana chegue a casa pola noite e a atope "estirada" ou facendo cousas raras, eu que sei...
Para evitar problemas, tenho que lle dar mencinhas todos os días e se pasa algo chamar a urxencias( por suposto para pets) que vergonha!!
Ben, pois xa vos irei contando como vai indo todo ca nosa nova inquilina e a ver se tenho sorte e non lle pasa nada eiqui ;)



Moitos bicos e apertas a tod@s.
M.

Questom importante.

Boas rapaces,
Tenho umha pergunta importante que convem fixar melhor dende o princípio.
Queremos que A Zona Velha poda ser vista por desconhecidos?

Algumha gente talvez se sinta máis a gosto se o blog é fechado, por esbardalhar sem vergonha, sem preocupar-se pola galeria. A mim da-me um pouco igual. De momento fechei o acceso até que me digades qué fazer, ou até que tenhamos as cousas funcionando a velocidade de "cruceiro". Sempre se pode modificar no futuro.

Bom, ja me diredes.

sábado, 29 de março de 2008

Xunto a Keops, Kefren e Micerinos

Cousas de vivir "atrapados en azul"...

Aproveito que non me queda moito tempo por aquí (en 5 horas collo un avión e marcho unha semaniña de descanso a xunto Keops, Kefrén e Micerinos) para deixar por aquí un saúdo.Teño pendente escribir un "post" sobre algo do que me enterei hai uns días, así que a ver se me lembro á volta de contárvolo.Apertas a todos!P.D: Por certo, a ver se o subidón "escribidor" inicial non decae como adoita pasar no "blogomillo".

Asinado por : Edu P.

Destilaçom...uff!!

Onte foi umha noite dura em Santiago. Uff!! Havia tempo que nom colhia umha de tamanha espessura. O certo é que se passa caralhudamente, pero os escessos a estas idades já nom som tam levadeiros como quando as duas personagens da foto rondavam juntas por Santiago. Menudo par!! Alegato comprometido e vissual do que foi e já nom é. Que rico o refluxinho acedo a gavear pola minha gorxa. Que bem. Uff!! Doe-me o figado.....

Ja somos 8!!!!!!

Olá rapaces. Isto vai bem. Ja somos 8: Txomin, Rober, Gon, Poldo, Marta, Edu, Maria e eu. Pero ainda faltam moitos: Gus, Noela, Cris, Nilo, Lovelle, Xandre, Oscar... (Esquezo-me dalguem que deberia estar nesta lista? Dade-me um toque se é assi....). Espero que o meu correio nom caira no malefico SPAM box, assi que se os vedes ou sabedes deles, comentade-lhe o do blog a ver se se animam...

O anano do souto


Heii!!! Que morriñento este Lorenzo! Tamén comparto o teu sentir. Acabo de ver agora a tua invitación e inauguro a miña participación cunha ilustración que fixen para un libriño de poesía infantil titulado "O souto do anano". Vou a fardar un pouco dicindo que foi seleccionado para a pasada edición da Bienal internacional de ilustración de Bratislava! (Unha das máis importantes xunto coa de Bolonia e Portugal).

Para quen non saiba nada da miña vida, dicir que ultimamente estou traballando bastante para editoriais sobre todo Santillana e Obradoiro. Estou contenta porque este ano empecei a recibir mais ofertas aparte de esas dúas: Anaya, "Oxford University press", Bahía edicións, outra vez xerais... Aínda que non puiden aceptar todas estas ofertas, pois non dou a basto co curre que me da Santillana.

A última oferta que recibín e super curiosa e me parece moi interesante. Un grupo de música antiga, que reside aquí en santiago de Compostela, propuxome ilustrar un libro-cd para achegar a súa música a nenos de 0-3 anos. Pasáronme uns cantos cds que publicaron, entre eles un que me chamou a atención porque eran as poesías de Rosalía de Castro, cantadas por unha soprano e acompañadas por esa música antiga.
O que se puxo en contacto conmigo, Fernando Reyes, estivo en alemania uns cantos anos para sacarse o titulo de superexperto en instrumentos antigos de corda, como o laud, a tiorba e a guitarra barroca. O grupo chámase "Resonet" e tamén introducen instrumentos como, a gaita, a frauta, a zanfona... Non sei, tocoume de novo esa fibra nostálxica do grupo dos zángallos, e faime ilusión este proxecto. Depende dunha subvención cultural da universidade de Santiago, a ver se vai adiante.

Uf! que tarde é, voume a durmir...
Alégrome por esta iniciativa, espero que non decaia, e un saudo a todos os que pasades por aquí.

Por certo se alguén quere ver máis ilustracións miñas este é o meu blog: martaria.blogspot.com (non sabía como añadilo aos enlaces, pois non atopo esa opción, igual está restrinxida, así que Lorencini, se ti sabes como, pono por ahí...) Bicos.

quinta-feira, 27 de março de 2008

Manda caralho!!!! Ide colhendo a rasqueta...

A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ

O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz.

Redacción - 13:15 26/03/2008

Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselles aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).

No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condado e AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha desta organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais.

Cara ao final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creación de bases de datos paralelas é ilegal”

quarta-feira, 26 de março de 2008

Retranca galega 1

De vez em quando convem um pouco de retranca....


Haverá máis...

Knock, knock... pódese?

Olá compañeir@s. Declaro inaugurado este pantano cunha colaboración poética que xa deberiades coñecer ;)

RE-sentido (que facemos co amor?)

todo está no ar
non se sostén, non
máis volta cando xa non estaba
e chamadas e silencios
locomotoras ardo
comulgo, ensináchesme ti e ti e ti
reconstrúete morbo
afástate teléfono afónico ímpetu antepretérito
infame cruz sacra borralla expúlsote
arrédate invádeme NON

monicrece sen alicerces que se manifesta impúdico
choni bárbaro catódica infamia
calma chicha tormenta tropical
teño que poñer a lavadora SI

can famento que ladras no páncreas
morde o rabo que coidas amenaza
descúbrete como abres as pernas
cando ofreces espazos in-finitos
cuspe na man méteos na boca
amósate esdrúxula
parece que quere chover

terça-feira, 25 de março de 2008

Muito car@s companheir@s!

Muito car@s companheir@s!

Achego-me a este blogue com a melhor das intençons comunicativas. Que com el o silênzo que durante longas tempadas nos tem sometido a sua disciplina morra num estourido de novas de cada um de nós.
Somos muitos e mui longanos uns dos outros, dentro da inmensa Galiza e adiante polo globaliçado mundo.

Viva o Lourenço por umha ideia tam boa!! Vivamos tod@s nós por voltar saber uns dos outros!!
Que nom faltem fotos e comentários de cada umha das nossas andainas!!

Eu, como já sabedes todos, estou a trabalhar no parque de Bombeiros do Porrinho. Parez que agora todo vai mais tranquilo, o certo é que me aburro bastante. Porém, o caminho toma um novo rumbo e as cousas vam assentando. Fazemo-nos maiores, como albiscava o sábio Lourenço, e Santiago - e sua Zona Velha - vai ficando atrás (pra uns mais que pra outros). Que isso nom seja excusa para deixar morrer umha amizade que nasceu ali. Entre o Fonseca, a música e como nom as caralhadas de longa noite de pedra (molhada).

Um saudo pra todos vós!!
Saude e Pátria!!!

Asinado: Gonçalo H.R. Amorím

Apresentaçom



Queridos amig@s:
Um mail recente fixo-me reflexionar em quanto de menos boto estar
por Santiago e tomar-me umhas cervejas como todos vós.... ja somos pessoas respetáveis (disque...) e temos responsabilidades (disque... tamem...) ...bom... Tenho umha morrinha como um cabalo. Quantos bons momentos temos passado, e agora e tam dificil nos juntar...

Filosofar, esbardalhar, reflexionar, fumar, do humano, do divino, do canino, do fonsequiano e do trompeteiril. De zangalhadas e mangalhadas, de gaivotas, de sobradas, e de festas de cumpleanos ala pola Banha, e de festas sem excusa nenumha. Do que esta por vir, de Galiza, de caníbales, de Santiago o maior, do que nunca da chegado (ai Deus, quando volverei?) Dos USA, de gora borat!!, do Papa, do chiki-chiki, dos escanhos do bloque, de fotos, de trabalho, de dinheiro, de prazer, de aventuras, da música, da estética, da ética, do alcool....

Quero-vos dizer que acabo de fundar um blog chamado A Zona Velha, sem pretenssons, para nos saber uns doutros e deixar de vez em quando algumha mensagem co que se vos ocorra, contando como vos vai a vida, ou cagando-vos na mai dalgum extraterrestre, é igual.... o caso e falar e nom perder o contacto. Tinha outros nomes na cabeça, relacionados co trompeteiro, com fonseca, com Zangalha....pero gostei máis deste, A Zona Velha, porque nos colhe bem a todos ne nom de refilom...

De momento somos pouquinhos, para sentir-nos cómodos e escrever a gosto. Se esquecim a alguem importante, engadide-o.

Bom, espero que a todos vos vaia todo bem.... A ver se este invento funciona.... O único requisito é que tendes que fazer umha conta em google, pero é bem doado.
Recibiredes umha invitaçom em breve.

Vejo-vos.... n'A zona velha!!!
azonavelha.blogspot.com

Beijos e abraços a tod@s!!!!!!!!

L.