sábado, 19 de dezembro de 2009

Capítulo I: As origens da mágia

Zigg naceu na Gallaecia ala polo ano V despois de Cristo.Vos preguntaredes que carallo fai un micho ourensá no país das piramides e dos papiros, pois ben estivo sete anos embarcado nun mariño mercante, viaxando daquí para acolá ata que un bo día aproveitou e deu un chimpo no porto de Alexandría.
-Maldita a hora na que abandonei a doce vida que ma daba o meu dono no barco- pensaba Zigg a cotío, e razón non lle faltaba xa que no barco sempre había comida e só se tiña que preocupar de durmir.O que peor levaba eran os mareos pero co tempo xa se acostumara.
A vida en cambio en Exipto era dura, sobre todo dende que fora reclutado no Frente Gatuno Revolucionario(FGR),donde de simple guerrilleiro chegou a a xefe militar en pouco tempo.

3 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Está bem caro Pablo, pero a Gallaecia no ano V vai ser algo complicado, até finais do século III nom poderiamos falar de-la, e do de Ourense ainda menos. Pero o gato de marras nom estava em Jerusalém? hehehe! Já sei que som um reventa-colhóns... pero as cousas som como som, nom é? Ánimo e a seguir dando-lhe ao Cadaver II!

O'Chini said...

Hei Pablo!!
Tem razom Gon, ademais o de frente gatuno?? Hohohoh!!! Marinhos mercantes no século I???? :D

hehe... joer que surrealista vai ser isto. Per tenho umha ideia!!!!
EEEEEEEIII Vamos todos mejar coa risa!!!! Continuemos a história com um toque animalesco e humorístico a ver que passa...!! MIAU!!

Vou mudar o marcador a "cadaver super-exquisito". Proponho ademais que alguem entom começe desde 0 o cadaver exquisito II, talvez umha história mais estandar dos nossos dias. Pablo, animas-te? O testigo é teu (ou de quem quiser!!). Para a outra história entom deixo o marcador antigo. Venha pois!

Reconheço que o meu começo de história foi um pouco desafortunado, pero mira por donde, igual até sae bem se o tomamos com humor... hehehe

Eeeeeei!!! pero insisto, sigamos coa história em clave de humor, vamos mejar coa risa!!!

Vou

Marta said...

Claro eso vos pasa por facer historias con fondo histórico, que manía!!! hehehe aqui os unicos que controlan diso sonche uns poucos, non e xusto...e os demais teñen que andar a documentarse? Pois non! Suponse que isto ten que ser doado e facil de pensar...alégrome de que vos vaiades dando conta...adiante pois co absurdo!