quinta-feira, 27 de novembro de 2008

Lisboa!!!!!


Pois nada, rapaces,
O ano que vem me venho para Lisboa, a trabalhar. Devem ser destas coincidéncias cósmicas que Poldo comentara isso do reintegracionismo de Plank, pero sentin-me como um físico reintegrado. O primeiro dia, o taxista dixo-me que ele via a TVG por cable, que escachava cos Tonechos. Ao segundo dia escoitei um afiador co seu chifre (SI!!!!) debaixo do meu hotel... coa sua moto e seus bártulos e todo...Seria de Chaves ou de Ourense??? Por certo, o meu hotel está justo enfrente da praça de touros, onde so touream, mais nom matam, porque no fundo gostam das vaquinhas, hehe...
Ao terceiro dia, hoje, por fim sair dar um passeio e visitei a zona velha de Lisboa, e esta tamem.

Que sensaçom de estar quase na casa!! Claro, venho de Chicago e todo me parece máis próximo.... Nom quero pensar entom como devem ser n'O Porto!!!.


Um pouco de "x" por aqui e por alá substituindo aos "s", e já tinha o sotaque "Lixboeta". Conseguim que nom tentaram farfulhar espanhol nas lojas ao detectar os meus inevitaveis castelhanismos. (O castrapo castiga-nos, oh deus.... )

Atopei todo rótulado em galego. Que gozada!


Tamem encontrei algumhas cousas que nom eram galego. Eram sem dúvida dalgum eo-naviego reintegracionista, ao julgar por certos plurais. Pura Fala, Txomin!!!!!! ;). (Ai, isto me trae á cabeça certo encargo de "pantalois" que tenho que comprar, hehe)



A volta, comprei umhas castanhas asadas num posto da rúa. 2 euros umha dúzia. Como na casa, vamos....


Por suposto, pintadas hai-nas em todos os lugares do mundo. Um reintegracionista radical já nom chama a atençom fácilmente. Tem que usar outros recursos...


E nada máis... Perto do hotel, de novo, numha cadeia de "sopas e caldos" estilo Gastoff tomei umha "sopa de nabiças". Por certo, alguem sabe como se di nabiça em espanhol?? Eu nom....

Agora quedam-me 3 horas para ir para o aeroporto e voltar a Chicago... penso que já nom vou á cama. A ver se assi durmo no aviom.

Saudos, e

Abrazzi, bambini!!

terça-feira, 25 de novembro de 2008

Lasse Gjertsen

Pois ben, segindo coa liña dos videos, aqui vos deixo a este fulano bastante coñecido, que no mostra unha boa forma de aprender a tocar e a facer música...hehe.



Joder!! Segun el, non sabe tocar nin a bateria nin o piano, pero parece que si sabe facer musica.

segunda-feira, 24 de novembro de 2008

Curiosidade

Para que los gallegos se sientan como en casa

El aeropuerto de Oporto reserva un lugar especial para los pasajeros gallegos, que cada vez más recurren a sus instalaciones.

Las agencias de viajes ya lo especifican. Tienes que dirigirte a la Sala de Gallegos. Aunque no hay ningún espacio señalizado como tal en el aeropuerto Sá Carneiro de Oporto, los cada vez más usuarios gallegos de la instalación lusa se encuentran con una pequeña estancia que, como recoge la foto, da la bienvenida al «aeroporto de todos os galegos».

La pequeña sala de espera, amenizada con una televisión en la que se proyecta la programación del canal internacional de la TVG, está situada cercana a la salida por la que los pasajeros gallegos toman su transporte desde el aeropuerto de Oporto a sus destinos en Galicia.

Mientras el segundo aeródromo de Portugal cerró octubre con un crecimiento del 15,7% respecto a los diez primeros meses del año anterior, la red aeroportuaria gallega perdió en el mismo período de tiempo un 5,7% de sus usuarios. DE ahí que Sá Carneiro mime con pequeños detalles a los pasajeros gallegos de la instalación.

http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigracion/2008/11/24/00031227536315378654469.htm

As Pegadinhas do Joao Kleber

Hei, xa que estades con videos, non sei se coñecedes a este home pero a min tamén faime chorar cá risa.
É do Brasil e mete uns sustos á xente que te partes. hay moitos no youtube. Votade unha ollada :)

Joao Kleber - - Funny home videos are a click away

domingo, 23 de novembro de 2008

De novo Remi Gaillard

Eu case morro de risa, este tipo é um fenómeno. Se vos esmendrelhastes tanto coma mim ponhede o seu nome no google e toparedes umha cheia de videos del. Este do canguro é mundial!!!



http://www.youtube.com/watch?v=81szj1vpEu8&eurl=http://www.videociosos.com/canguro-by-remi-gaillard/

ORIXINAL TETRIS

Recuperei para este blog este vídeo que non ten desperdicio. Tetris humano, con técnica stop-motion e BSO de andar por casa. Divertidísimo! Un dos vídeos máis vistos de youtube dos últimos tempos. Nada máis que é ter unha idea orixinal e levala a cabo. Así de difícil, así de sinxelo.

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Voluntariado de activacion lingüística

O que lle interese facerse voluntario aqui vai esto, eu igual me apunto(non sei se para ensinar o galego ou para aprendelo, creo que o primeiro pero as veces dubido hehe). A historia e que te comprometes a falar prioriatariamente en galego durante 10 sesions dunha hora e como as conversas serán moi abertas supoño que podes escoller a tua parella linguistica segun teña mais ou menos afinidade cos teus intereses e en funcion do que escribas no formulario de inscripcion (Haha, dito así parece de axencia matrimonial, pero penso que pode ser interesante como intercambio cultural). Mais informacion:http://www.valingua.org

PROGRAMA DE ACTIVACIÓN LINGÜÍSTICA PARA A PARTICIPACIÓN CIDADÁ
PRESENTACIÓN

Desenvolvido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade está coordinado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

O programa está deseñado para fomentar a participación social e práctica da lingua galega e favorecer o intercambio cultural.

Persoas galegofalantes compartirán parte do seu tempo libre con outras que precisen axuda para practicar a conversación e aumentar os seus coñecementos. Desta maneira será máis doado para as persoas foráneas ou non galegofalantes a súa estadía en Galiza e poderán apreciar a variedade e diversidade das manifestacións culturais galegas.

Consiste en promover a formación de parellas de voluntariado e persoas que queiran aprender máis sobre a lingua e cultura galegas na súa estadía en Galiza.
Neste programa promóvese a relación intercultural e o intercambio de experiencias tendo como vehículo a lingua galega.

É un programa aberto para persoas e entidades e desenvólvese en tres formas de participación: Voluntarias/os, Activas/os e Asociacións.

Incêndio no Porrinho.

Já havia tempo que nom vos ilustrava com algumha das minhas anecdotas bomberís. Outro petate de tres pares de colhons. Desta vez a nom mais de 500 metros do mesmo parque. Às quatro da madrugada chaman-nos directamente ao timbre da entrada e...venha a guerrear! Menudo becho!! Eramos tres de guarda, "o monstro" - como di um dos nossos mandos - saia polo teito a mais de sete metros de altura. Mama!! A ver quem lhe botava a mam! Houbemos de mobilizar a reforços nossos, aos bombeiros de Vigo, do Morraço, do Salnés, de Valença, de Ponte Areias; aos GRUMIR de Nigrám e de Salceda de Caselas, várias Agrupaçons de Protecçom Civil. Pois desde as quatro até as duas da tarde do dia seguinte. Ainda hoje me doe o lombo. hehehe!!! Desta nom houbo fotógrafo que te cagas, pero andava eu por ali. Som já do final, quando o controlamos. A ver que vos parece.









Aqui vos envio a nova recolhida em "La Voz".

Un incendio nunha nave de reciclaxe do Porriño mobiliza a bombeiros de cinco parques.

As chamas calcinaron completamente o interior do edificio onde se acumalaban toneladas de residuos. Orixinouse sobre as catro e tardouse tres horas en controlalo.

Un incendio destruíu de madrugada por completo o interior dunha nave de reciclaxe de residuos no Porriño. Foi tal a forza e virulencia das chamas, que se expandiron con facilidade a través dos residuos plásticos acumulados, que foi necesario que ademais dos bombeiros da localidade pontevedresa acudisen os doutros tres parques da provincia e un camión desde o norte de Portugal.

A fácil expansión das chamas grazas ás 120 toneladas de residuos que se acumulaban no interior da nave de Xesnatura, do Grupo González Couceiro, obrigaron a mobilizar a efectivos dos parques de bombeiros do Porriño, Vigo, O Morrazo, Ponteareas e Valença que permaneceron traballando máis de tres horas para apagar as chamas.

Os primeiros en chegar foron os bombeiros do Porriño que sobre as cinco da madrugada solicitaron a asistencia de seis bombas #ama de cría\\\ para poder apagar o incendio e estableceron un perímetro ao redor da nave, para que as chamas non saltasen a outras naves. O lume calcinou todo o interior da nave, incluída a maquinaria, e afectou en parte á estrutura do edificio.

Pouco logo das sete da mañá conseguiuse controlar o incendio e aínda que nestes momentos está extinguido permanecen efectivos de bombeiros controlando a zona e refrigerando os cascallos para evitar que se aviven as chamas.

A nave de Xesnatura, situada no polígono das Gándaras, levaba apenas dous anos en funcionamento e dedicándose á reciclaxe de residuos. Agora terá que afrontar os cuantiosos danos materiais que xa se calculan en perdidas millonarias. Segundo apunta axénciaa Efe, en canto ao auga mesturada cos restos do incendio determinouse a inexistencia de perigo por contaminación, pois esas augas están canalizadas cara á depuradora da propia empresa, polo que non hai risco para ningún acuífero de abastecemento á poboación, engadiron as mesmas fontes.

quarta-feira, 19 de novembro de 2008

Inauguraçom do Observatório, e o PP

Boas rapazes!!!

Falo-vos desde Mendoza, pertinho do Aconcagua, pertinho de onde se estrelharom os de "Viven". Acabo de chegar de Malargüe, lugar onde está o Observatorio Pierre Auger, tras 5 horas de carro sobre o semideserto dos gauchos. (que os hai, e moitos!!! Pena nom trouxem a cámara desta vez, máis tenho fotos na casa!)

A semana pasada foi a inauguraçom oficial do Auger, por fim se terminou de construir ao completo. Houvo persoagens públicos de moitos paises: politicos especialmente, que vinherom invitados polos cientistas para ensinar-lhes as potencialidades e funcionamento do experimento. Bom, eu vim dous dias mais tarde, assi que me perdim todo o tinglado para os medios de comunicaçom e tal, pero da Xunta vinheram a señora Piñom, e o Conde-Pumpido, assi como algum periodista...



Bom, aqui tendes umha foto dela com Jim Cronin e Alan Watson, mais o meu ex-director de Santiago.

Este tipo de eventos tenhem umha importáncia vital para dar a conhecer o que fazemos ao público, e tamem á classe dirigente, já que som os que ponhem os quartos.

Aqui tedes a noticia no Correo.

Por suposto, o PP já enmerdelhou todo e os acussou de fazer únicamente turismo. Ver aqui a noticia.
A cousa é bem lamentavel. Que cara tenhem os tipos, hai que foder-se... Depois de viver estas cousas ao vivo ainda dá mais nojo. Quando um nom o vé tam cerca todo queda num mar de dúvidas. "Se algo dim algo haverá", isto é o que queda na gente. Que nojo me dam estes trucos rastreros para aranhar votos.... ai....

Bom, nom tenho moito tempo, já teorizarei seguindo a invitaçom de Poldo, sobre Plank o reintegracionista hehe...

Amanhá saio para Chicago, depois ao dia seguinte tenho que colher um aviom de novo para Lisboa. Já vos contarei... Outra apresentaçom, esta máis importante.

Abrasos a todos, pives y pivas. Saludos desde la Paaampa, oihte?

(Já vou para ai, Maria!! ;)

Que simpaticos son...

Eu non podo deixar de esmendrellarme cos mininos...e como isto anda un pouco decaido ahi vai algo divertido.

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

A retranca ten que ser claramente unha cuestión xenética e non un simple produto cultural

E que, se non é así, como me explicades a seguinte historia que ven de ocorrer hai menos de 24 horas.

Protagonistas:
Maruxa: nena de 2 anos e medio
Avó: avó paterno da nena

Historia:
Avó: "Mira Maruxa, un cerdito"
Maruxa: (con sotaque retranqueiro) "Pois parece un porco!"

En fin, unha das miñas sobriñas... que é a bomba.

Por se a algum nostálgico....

E ainda ressite...

http://www.ghastaspista.com/zangalla.php

domingo, 16 de novembro de 2008

Xa estou aqui!Yes, I can

Pois xa estou aqui, despois de unhas cantas tropelias, apuntome o blog da Zona vella, Yes I can. Por certo espero que non nos entre a rabia a todos con tanto can, i can, e sobretodo a desilusión, porque aunque o can deu un gran paso adiante, ladrou cando moitos xa non contaban con que chegase a ladrar nunca, o mundo non mudou de repente, e o camiño, coma sempre será longo, e atoparanse moitos "osos trampa" no camiño.

Por certo, desculpade se no escribo moe ben galego, sería unha longa historia para os que non me coñecen. Outro dia, facemos unha disertacion sobre a "fala" e vos conto.

Saudos dende Tenerife, nova morada

Apertas

sexta-feira, 14 de novembro de 2008

Un deses momentos de autopromoción

Só pra que vexades, o marabilloso agasallo en forma de peinado co que o departamento de perruquería da TVG me sorprendeu o pasado luns, polo meu aniversario...

http://www.agalega.info/videos/?emi=4879&corte=2008-11-10&hora=12:53:28&canle=tvg1


en fin... Apertas!

Uma vez eu teve uma ilusão e não soube que fazer...

Aqui vos deixo unha cancion do disco en directo de Julieta Venegas coa brasileira Marisa Monte.
A ver se vos gusta mais que o Roi Xordo eee...hihi... :-) a min encantoume.

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Roi Casal

Aqui vos deixo algo que vim em Vieiros,
a música galega vai ganhando espaços. A ver que vos parece.



Esta que segue, já mola máis

Noite de San Xoan
Ninfa das frescas Augas

Ver a notícia original em Vieiros.

...Rémi Gaillard, que fenómeno!!!

Isto si que é fazer desporto!! Menuda retranca mais do País pra seres gavacho. Eu esmendrelho!!!

Todo um fenómeno este tipo:

- Olímpico:
http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=7ppfz0KiUwwLjkBtV

http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=4rQGBEAVlsCHHhhXC

- Surfista:
http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=10EPiv5QgrxJQkx82

- Marchoso:
http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=3ZusZylGLuM9vgVXe

http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=u7kymvzJUkkNbgZyc

- Menuda panda:
http://www.nimportequi.com/video_popupDM.php?s=dm&v=2lZ5nApArCQdelvil

terça-feira, 11 de novembro de 2008

OS RESENTIDOS - Rockin' chair

Um video bem curioso dos resentidos que nom conhecia e que me parez caralhudo, a ver que vos parez.

http://fr.youtube.com/watch?v=dtG5zqbDNXA

Aniversario dum Zangalho!!!!

Alguem cumpleu ontem 32 aninhos!!!
Parabens pois!!!

Senhor Edu, como lhe vai home!?)

segunda-feira, 10 de novembro de 2008

Txomin!!!!

Boas a tod@s.

Este é um post especial. E para chamar a atençom de Txomin.
Conto-vos a historia, brevemente:
atopei-me com ele fará duas semanas no Skype... Comentei-lhe que como era que nom entrava no blog nem a dizer "ola", e me dixo que nom lhe funcionara... Caghonamar...assi que tentamos arranja-lo naquel intre. E como o home ia em barco. (que vos conte ele mesmo por qué!! :) ), havia ma conexom. Entom deixamo-lo para outra vez, pero o tipo estava escéptico... Assi que agora, se podedes deixade-lhe todos comentários provocadores para que se registre dumha vez, e bote umhas linhas com nós.
Enviarei-lhe uns cantos correios as suas multiples contas com links a este post.

Entre todos podemos traer a Txomin! YES WE CAN!!!
Assi que... abre-se a veda.

MINGO!!!!

Parez que o cadaver morreu...!!!

Pois ainda que soe paradóxico, assim o parez. Que passou com todo aquel entusiasmo inicial? O último cadaver apenas tivo um só comentário. Umha de duas ou foi mui mau ou já ninguém se pareu le-lo. Mágoa! Agora toca-che a ti Chainis, o resto que? Ánimo!

domingo, 9 de novembro de 2008

Outra de gatos...




Hai gatos listos, pero outros....

MONO SUICIDA MUI PAVERO!!

sexta-feira, 7 de novembro de 2008

Cavalos cantantes

Hai tempo que alguem me enviara isto....
http://www.clickpix.de/horses.htm
Está conheiro, sobre todo para os músicos...

quarta-feira, 5 de novembro de 2008

Sentido do humor...(?)

Bom, hai de todo no mundo. Estara comparando em serio?



Tenho que admitir que tem certa gracia...

Obama arrasa

Ganhou!!!!!!!!!!!!!!!

terça-feira, 4 de novembro de 2008

Yes, they can

Obama esta em Hyde Park, aqui, na no barrio da universidade. Depois havera umha gram festa em Grand Park, se ganhasse....

Hoje os conductores do metro saudam polos altofalantes em cada parada e dim "God bless you. And don't forget to vote"... ou "Relax, have a coffe, and go to vote".

Palpa-se no ambiente. Algo historico pode acontecer, milhor, deve.
A gente leva dias votando anticipadamente, aguardando 4,5,6 horas em colas dos colegios electorais, (o sistema de voto e bem arcaico e lento, por certo...)

Bom, mais eu estou convecido de que si, eles podem.

E os que apoiam a Barack Hussein Obama II


Aqui vai umha pequenissima mostra...
A lista é larguíssima...nom hai orde....a verdade é que me cansei...pero vamos, ve-se a diferéncia, nom?

Directores:







E umha interminável lista de actores....










e sigue.. e sigue...

segunda-feira, 3 de novembro de 2008

Estos de gas natural que coña teñen...

Joder encantanme estos anuncios, cada vez que os vexo pola tele pártome, será que me sinto superidentificada co fulano e coa situacion hahaha...

Sinto darvos a chapa porque igual estades fartos de velos na tele(asi que pasade). En realidade os poño para os de Chicagou, que igual non os viron...Se todos os anuncios foran así, seguramente non faríamos tanto zapping...



A min quizais me fai mas coña este...

Alguns que apoian a McCain

Sempre é bom saber quem apoia a quem... Aquí vam alguns dos que apoiarom públicamente a McCain... Interesante...





E por último....




Marylin Manson



Esperanza Aquirre

Corpo á terra!

Propuesta al Pentágono: Comenzar una guerra a gran escala para salvar la economía de EEUU


- Coñecemento algún tedes? Algo escoitaron os nosos enviados? Inquedanza sinto na Forza...