domingo, 28 de novembro de 2010

Última hora: As eleccións en Cataluña

1 CIU Gana as eleccións sen conseguir a maioría . 59 escanos frente a 48 do ano 2006¿Con quen pactará?.

2 O PSOE baixa de 37 a 31 escanos.(Efecto ZP)

3 O PP pasa a ser a terceira forza política en Cataluña ,de 14 a 19 escaños (con unha candidata xenófoba, en tempos de crise estes discursos calan moi ben na xente e o PP e experto en aproveitar a conxuntura).

4 Batacazo de ERC ( de 21 a 9 escaños).Determinadas políticas ainda que sexan boas non resultan eficaces se que nas leva a cabo e unha persoaxe esperpéntica(Carod).

5 Os partidos minoritarios máis ou menos seguen a mesma linea que en 2006.

Conclusión:Os cataláns en tempos de crise torcen para dereita pero non para o PP que en Cataluña (afortunadamente) seguirá a ter unha posición irrelevante.Por outra banda o proxecto Zapatero está acabado e esto afectalle tamén as CC.AA donde goberna o Psoe.

sábado, 27 de novembro de 2010

Marcha can d'ahí !!!

segunda-feira, 22 de novembro de 2010

A memoria da lingua

20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.

As Candongas do Quirombo.
Agosto - Outubro 2010
Galiza

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

domingo, 21 de novembro de 2010

Mais inculteces...pa mondarse!

¡Barre dentro, Xosé Castro! (Asuntos Propios)



A la "conferencia discopub" con Xosé Castro (Asuntos Propios)



Salimos de 'deudas' lingüísticas con Xosé Castro (Asuntos Propios)

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Umha notícia que nom é notícia

Estou a ver o canal de TVE 24 horas. Um dos canais internacionais de TVE....

Estam co programa "tenemos una pregunta para usted"..."Sr Artur Mas", produzido por television española.

Leva respostando todo o tempo em catalam. Assi mesmo, o público pergunta em catalam e castelam, diria que a maioria em catalam, pero repartido. Com normalidade. TVE puxo um traductor em off, como se fai com outras moitas línguas do mundo.

Mentres, Galiza, que conta tamem com língua própria, pero que alem disso é idioma internacional travestido, segue a debatir se ensinar aos nenos matemáticas em galego merma as suas capacidades de aprendizagem, se devemos fazer os actos públicos em castelam "para que entiendam los de fuera", etc.

terça-feira, 9 de novembro de 2010

''Os humoristas temos que rachar cos tabús da Monarquía e da Igrexa''




Kiko da Silva (Vigo, 1979) tivo claro dende sempre que se quería adicar a facer banda deseñada. A carreira de Belas Artes decepcionouno por atoparse cun mundo ''máis baleiro do que pensaba''. Foi a aposta polos seus propios proxectos o que conseguiu enchelo. BD Banda deulle aos autores galegos a posibilidade de publicar as súas creacións e, máis tarde, a de ser remunerados por elas. No 2007, a revista Retranca xurdiu cando ''ninguén daba un duro por ela'' e acaba de vivir un dos seus episodios máis ''surrealistas'' co 'secuestro' do número 28 por parte da imprenta pola súa sátira sobre a visita do Papa.

Pregunta: Vostede é licenciado en Belas Artes, pero algunha vez témoslle oído renegar desta formación. Que lle faltou nesta carreira?

Resposta: A carreira o que me deixou claro é que o mundo da arte non me interesaba o máis mínimo e que estaba máis baleiro do que eu pensaba. Está todo moi centrado nas modas, nos cartos e, sobre todo, no circuito que xa está montado ao redor do que se chama arte con maiúscula, no que os creadores, a verdade, teñen moi pouca marxe para maniobrar. Hai unha tendencia dos críticos a decidir o que é arte e o que non e iso tirábame bastante para atrás.

P: Vostede di que a BD é a novena arte. Que lles diría aos que a menosprezan?

R: Aí hai un debate moi longo e eu quedeime cuns vídeos que se chamaban 'Radio Cómic: el noveno arte' que estaban feitos no País Vasco. Despois creo que tanto eu como toda a miña xeración decidimos empezar a chamalo así. A min a verdade é que me dá igual que sexa noveno, quinto, cuarto... O que teño clarisimo e que é unha arte que é tan válida para expresar coma calquera outra. Aínda con poucos anos de vida, ten unha gran versatilidade e unhas posibilidades que aínda están sen explorar. Foi un crítico francés quen o plantexou, o da novena arte, agarda un momentiño (consulta o seu ordenador)... Francis Lacassin.

P: Falando de franceses, varios autores galos influiron en vostede.

R: Sí, sí, sen lugar a dúbida. Para os que nos criamos lendo certo tipo de cómics como Tintín, Astérix e Obélix ou Blueberry é moi dífícil que non nos inflúan. Tiñan unha forza que eu, por exemplo, non atopaba nas historias dos tebeos de superheroes. Que si, que están moi ben debuxados, pero lembrábanme máis a telenovelas que a historietas. Nos cómics europeos hai moitas variedades e moitos xéneros distintos cubertos e a verdade e que atpoei mas interés en ler banda deseñada aí que no cómic americano. Despois, curiosamente, e aínda que igual non se ve visualmente pero si a nivel narrativo, influíume moito o manga.

P: Hai quen pensa que o cómic é literatura de serie B...

R: Para min é literatura, literatura gráfica, pero literatura ao fin e ao cabo. De serie B? Mira, a min mólanme as pelis de serie B, entón non o podo considerar ningún tipo de expresión artística negativa. Creo que todo o que teña detrás unha intención comunicativa ten que ser respetado. Outra cousa é que che guste máis ou que che guste menos, pero últimamente, por exemplo, o que si que non atopo é no mundo da arte en comparación co número de obras que si atopas noutros eidos como na ilustración, na banda deseñada ou no cinema Dáse prioridade ao que debería ser o traballo do crítico, é dicir, á análise da obra e non á obra en si, ao que quere contar. Case o artista de hoxendía e máis un analista da súa propia obra que un creador da mesma.

Artista polifacético
P: Ilustrador, viñetista, editor... Desfruta máis dalgunha faceta ou da igual sempre que estea ligado á banda deseñada?

R: Home, eu nacín para facer banda deseñada. Téñoo claro e creo que é unha arte que ten moito por dar e dá moita liberdade á hora de traballar, probablemente, porque non está metida nun circuito de marchantes, deses nos que se moven tantos cartos e no que realmente hai máis postureo que traballo en si. O cómic é algo moi persoal do autor co lector e iso nótase despois á hora de ver obras. Realmente hai unha comunicación moitísimo máis forte nun cadro cando está nun museo. Non chegas da mesma maneira ao espectador e na banda deseñada iso conséguese porque realmente a persoa acaba trasladándose a un mundo que doutra maneira non poderías atopar. Cando vas a un cinema estás rodeado de xente e hai un montón de persoas. Non estás na túa intimidade. Cando estás lendo unha banda deseñada si que estás na túa intimidade persoal e podes disfrutar desa historia que che está contando un autor dunha maneira moito máis intima.

P: Traballa como ilustrador de La Voz... Para ilustrar en prensa que parte é o debuxo e que parte a análise da realidade?

R: No traballo de prensa o importante é ter unha boa idea. Que estea mellor ou peor debuxada xa ten menos importancia. Ninguén che vai dicir que o debuxo dunha viñeta é malo, pero si che din que o chiste é malo se non fai graza. O fundamental é ter moi claro o guión da viñeta, obsesióname atopar unha idea suficientemente clara para plasmar a noticia. Á hora de debuxar son bastante rápido e non teño maior problema.

P: Nótaselle a un viñetista a súa ideoloxía política ou os debuxos cínguense á liña editorial do medio no que traballe?

R: Un cando está facendo unha viñeta ten que saber para que medio está traballando. Non é o mesmo facela para Retranca ou para El Jueves que para A Nosa Terra ou Xornal. O seu público é distinto. É polo mesmo que un fotógrafo non lle mandaría a mesma foto a Interviú que a El País. Iso si, todos temos unha posición ideolóxica na vida, sexa política ou non, desde o momento en que comezamos a tomar decisións. Non se pode facer humor sen ideoloxía, exactamente igual que non se pode facer xornalismo sen ideoloxía.

Proxectos pioneiros
P: Non tivo medo á hora de embarcarse en proxectos cuxa viabilidade xeraba dúbidas. Que importancia tivo en Galicia o nacemento de BD Banda?

R: Iso é un tema que o debe contestar mellor un crítico ou un estudoso da Banda Deseñada. Eu só sei cal foi o leit motiv que me levou a creala. Estaba estudando e en Galicia non había ningún tipo de publicación, nin fanzines, e era necesario ensinar a cantidade de grandes autores que había na nosa terra e que non tiñamos onde publicar. O que pasou foi que BD Banda empezou como un catálogo de autores galegos e acabou medrando e converténdose nunha asociación cultural que despois xa editaba libros e ben, a día de hoxe, aínda non sei a onde vai chegar. Eu tiña presente ao Frente Comisario, que coñecía de oídas porque era moi novo cando empezaron a traballar en Ourense, e tanto eu como Cano Paz tiñamos claro que había que rexurdir aquela sensación de grupo galego, de xente que faciamos cousas.

P: Co paso de fanzine á profesionalización da publicación, había medo de perder liberdade creativa polo beneficio económico?

R: O de gañar cartos era algo xa utópico. O tema da profesionalización foi porque vimos que BD Banda chegara a un punto que xa non podía crecer máis como fanzine. Conseguíramos o feito histórico de que unha publicación feita en galego e por galegos acadara o premio en Barcelona ao mellor fanzine e decidimos que aquela etapa xa estaba superada e pechada. A maior parte da xente que colaboraba connosco xa non se podían chamar amateurs. Había que dar o seguinte paso. Non se trataba tanto de que nós gañásemos pasta como de que os colaboradores empezasen a gañar pasta, aínda que fose pouca.

P: Máis ou menos ao tempo que se profesionaliza BD Banda nace Retranca e xa leva funcionando tres anos. Agardaban que se asentara deste xeito?

R: O tema é que ninguén daba un duro por nós. A xente pensaba que tiñamos unha macrosubvención detrás ou algo así, porque cada vez que se intentaba facer unha publicación humorística en Galicia non chegaban a bo porto ou dependían demasiado de diñeiro público. Eu tiña claro que había oco e optamos por facelo dunha maneira seria, coas contas claras, facendo un estudo de mercado, vendo posibilidades de distribución e publicación para que fora viable. Custou moitísimo.

R: Incluso, ao principio, tivemos problemas cos quiosqueiros, que non querían a publicación por estar en galego. Daban por sentado que non se ía vender, pero demostramos que non só íamos ter un número un. Había xente que non se quería suscribir porque pensaban que nos íamos ir ao tallo e lles teriamos que devolver a subvención! Estou moi contento cos lectores. Sen subvención públicas o único ingreso que temos é a publicidade. E ben se sabe como está agora mesmo. Levamos tres anos porque á xente realmente lle gusta Retranca, e que nos merque nos quioscos é fundamental. Se non non chegariamos ao número 28.

P: Ata que punto se inspiraron en El Jueves?

R: A experiencia de El Jueves é fundamental. Eu levaba traballando desde o ano 1993 coa xente da revista e sabía perfectamente como se montaba. Quería coller partes que nos gustaban de El Jueves, pero tamén diferenciarnos, con seccións máis literarias, por exemplo, e mesturar un pouco a actualidade política coa sociedade galega.

P: En lugar de aniversarios Retranca celebra cabodanos e ten a Santa Compaña como icona. Parece haber unha deriva cara ao humor negro...

R: É que o humor negro é moi galego. Sempre estamos a voltas coa morte! Queriamos que a iconografía da revista se recoñecese fácilmente, desde fóra incluso, cun montón de tópicos galegos que estaban sen explotar. Case foi moi obvio. O lema 'Lerasnos de morto se non nos les de vivo' fai referencia a San Andrés de Teixido, A Santa Compaña é a mascota, e o de celebrar cabodanos foi un pouco por broma, porque todo o mundo daba por morta á revista. E xa decidimos soterrala e celebrar o funeral, que nos parecía moito máis divertido que celebrar o aniversario.

Un estraño secuestro
P: A revista vén de vivir un dos seus episodios máis estraños co secuestro da Imprenta Jiménez Godoy pola sátira sobre o Papa. Como viviron isto?

R: A situación é tan surrealista que non sabemos moi ben como definila. Persoalmente creo que a imprenta cometeu un erro moi grande, sobre todo, porque publicaron unha historia moi pouco católica (refírese á revista Scifiwordl, na que sae en portada unha monxa bicando unha pistola) e vese que a xustificación moral que defendía a empresa non rexe por igual para todos os clientes.

P: Pensan que puido ser algo persoal?

R: Penso que se este número saíra cando non viñera o Papa, pois igual non tiñamos este problema. Eu creo que ten que haber algo de presións por aí, porque en números anteriores xa sacamos temas falando da pederastia na Igrexa ou un especial dicindo que hai que foder máis porque baixa a natalidade en Galicia e nunca pasou nada sendo impreso pola mesma xente. Por iso resulta tan estraño que xurda isto a unha semana da chegada do Papa.

P: A El Jueves foi un xuíz quen lle secuestrou unha portada sobre a Monarquía. Son este e a Igrexa os sectores máis delicados á hora de facer humor?

R: Son tabús que temos que comezar a rachar os humoristas, pero eu creo que non hai nada que non sexa 'chisteable'. Podemos rirnos de nós mesmos e, incluso, de calquera relixión. Dinnos que non nos metemos cos islamistas, pois que traian a un islamista pagándolle tres millóns de euros e xa verán como facemos unha portada! Non podemos vivir nunha sociedade democrática e ter unha serie de estamentos intocables. E faime graza cando nos comparan. O noso non é un secuestro, eu póñoo entrecomillado. Non nos queren dar algo que é noso. Un secuestro xurídico só o pode facer un xuíz ou un Estado, por iso é tan ridícula esta situación.

P: É máis ben un roubo?

R: É un perxuizo empresarial no que a imprenta amosa moi pouca profesionalidade, porque eles non son os editores desta publicación para decidir os contidos nin se merece ou non estar na rúa. Son meros impresores. De tódolos xeitos, paréceme gracioso cando me falan da comparación con El Jueves. Aí é onde se ve que hai distintos niveis. Aos cataláns é a Casa Real quen lle pega o toque e a nós é un señor de Murcia! E que temos menos glamour ata niso!

P: Pero máis posibilidades de gañar unha batalla legal que contra a Casa Real...

R: A cousa está enriba da mesa e teremos que consultalo cos avogados. Pero claro, se de súpeto isto fai que vendamos tres veces máis, non sei que lle imos poder pedir a un xuíz. Se esta campaña nos axuda, que oxalá sexa así, pois benvida sexa. Se non chegamos a tempo e perdemos cartos, teremos que tomar medidas. O que si que hai é xente que pensa que esta é unha campaña publicitaria ideada por min... Se é verdade, dígolle ás grandes multinacionais que me contraten xa! É que sei facer o mesmo que Leonardo Di Caprio en Origen, meterme na cabeza de impresores de Murcia e facerlles que tomen decisións absurdas e delirantes.

A cuestión lingüística
P: A revista viviu outra polémica cando un membro do PP cualificou de obscena unha viñeta sobre a lingua. Sente que ás veces queren coaccionar a súa liberdade de expresión?

R: Non, porque el mesmo se descualificou. Comezou a falar de que aquelo era unha publicación subvencionada e dunha relación coa Xunta inexistente. Hai políticos que pensan que só se pode sacar unha publicación en galego se hai cartos públicos detrás e con iso xa, para min, dixo moito. Efectivamente, era unha historieta pornográfica, pero é que estaba lendo Retranca e non unha revista infantil. É como se non te queres poñer do fígado oíndo dicir burradas á dereita e te pos a ver Intereconomía! Un ten que saber que tipo de medio de comunicación está consumindo.

P: Cal é o posicionamento lingüístico de Retranca?

R: Tanto en BD Banda como en Retranca temos moi claro o noso posicionamento. Non é unha cuestión de liberdade, senón de principios. Somos galegos e queremos que se publique en galego. Que fagamos algunha publicación en castelán para o resto do Estado é unha cuestión de mercado pura e dura. Nós estamos pola defensa do galego, e falándoche xa como Kiko da Silva paréceme brutal o que se está facendo cara a nosa lingua e a nosa cultura. E como xeración que nos toca defendela non podemos quedar quedos. Hai que pegar o golpe na mesa e evitar que o ataque acade o seu cometido, que é facer un fondo dano á cultura galega.

P: E entre os políticos galegos, hai boa materia prima para facer Retranca?

R: Si, si. E haina en tódolos partidos. Temos políticos interesantes para sacarlle moita punta a nivel humorístico. Pero é que parte do traballo dos políticos é ser caricaturizados e o que non o saiba equivocouse de profesión. De feito, Fraga, que aguantou no poder moitísimo tempo, coleccionaba as caricaturas, as boas e as malas. Sabía moi ben onde estaba e que iso formaba parte da súa profesión. O que penso é que neste momento faltan políticos con sentido do humor en Galicia e é algo fundamental para adicarse a ela.

P: Presumen de ser autosuficientes. Cre que os produtos que reciben subvención pública están desprestixiados?

R: O problema é que se a recibimos nos capan e nos deixan con menos liberdade que se non a temos. Entón preferimos andar máis xustos e ter toda a liberdade do mundo que recibir x cartos e estar debaixo dunha espada de Damocles. No entanto, creo que as subvencións son boas para certo tipo de produtos, pero outros son perxudicados por recibir cartos dun determinado grupo, dá igual que sexa da esquerda ou da dereita. É negativo cando fas crítica política e social. Non debería haber toques para suavizar certo tipo de críticas, pero por desgraza sucede. Retranca non tería sentido se tivera cartos públicos detrás porque o 80% do que facemos nunca sairía publicado.

http://www.galiciae.com/nova/66774.html

segunda-feira, 8 de novembro de 2010

Una reflexión a Papa pasado

XL Barreiro Rivas
Artigo de Opiniom, domingo 7 de Novembro.


Esta última semana no hice otra cosa que ensalzar la peregrinación pontificia, defender la actuación de la Xunta, y dar sentido democrático a los gastos generados por la seguridad y el protocolo del Estado. La visita me pareció importante como ciudadano y como cristiano, aunque cumplo mucho mejor con mis deberes y convicciones políticas que con mis obligaciones y creencias religiosas. Pero ahora, a «Papa pasado», quiero hacer algunas críticas, por si pueden servir para cuando peregrine Benedicto XVII.

La peregrinación del Papa hubiese calado mucho más si, en lugar de la parafernalia montada para que la gente lo saludase en la carretera y pudiese asistir a la misa, se hubiese optado por dejar libre y expedita la plaza del Obradoiro, y se hubiese celebrado la eucaristía en la propia catedral. Dentro del templo -porque apenas cambiaría nada si fuesen dos mil, y no seis mil, los privilegiados asistentes al acto-, o en la gran escalinata del Obradoiro -donde los marinos cantaron la Salve - con un sencillo altar como el que usan en Roma. Porque al final la pantalla de TVG le ganó el pulso al altar, mientras la basílica, con sus cuatro plazas, podría haberse convertido en la iglesia más grande del mundo.

Esta solución mejoraría la estética de los actos y su retransmisión, ahorraría miles de euros correspondientes al altar y a la iluminación y sonorización de la plaza, y daría más sentido pastoral a la visita. Y nada hubiese impedido que el Papa saliese a la escalinata a rezar el Ángelus y a impartir la bendición. Las críticas y los costes se hubiesen rebajado a la mitad, la espiritualidad y la belleza de los actos se hubiese multiplicado por mucho, y el espectáculo de confusión entre lo político y lo religioso hubiese mejorado de forma significativa. La catedral, que acogió un solo acto, pudo acoger tres -una misa, una recepción a los enfermos y una alocución a los políticos e intelectuales cristianos, por ejemplo-, y el contacto del Papa con el pueblo hubiese mejorado notablemente.

El otro error fue gastar tanto esfuerzo y tanta seguridad en convertir el trayecto de Lavacolla a Santiago -puro monte y clima desabrido- en un camino de honra, en vez trazar el recorrido del papamóvil dentro de la ciudad. Los compostelanos y los peregrinos lo hubiesen agradecido mucho, la gente podría esperar en las calles tomando un café y bien atendida, y la televisión se habría recreado en bellísimas perspectivas. La diferencia sería abismal, aunque la opción que yo propongo hubiese obligado a bloquear -como se hizo en Barcelona- quince manzanas de casas, que en Compostela equivalen a toda la ciudad.

¿Qué por qué no lo dije antes? Porque, aunque tienen mi móvil, nadie me lo preguntó.

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/11/08/0003_8835449.htm

domingo, 7 de novembro de 2010

Ignorância e Poder.

Em http://www.mundogaliza.com/index.php?option=com_content&view=article&id=9955:ignorancia-e-poder&catid=109:jose-manuel-barbosa&Itemid=2440


A história do ser humano é uma constante luta contra o desconhecimento na procura do saber e da ciência, o que converte a ignorância no elemento negativo a vencer mais importante de todos. O conhecimento e o saber dão poder, mas quem tem conhecimento e está à contra do poder político converte-se num herege, num apóstata e num subversivo. O autêntico poder sempre está na sombra e à vista estão pessoas na maioria das vezes medíocres e pusilânimes que mais do que nada estão para cobrir um vazio necessário e passar o tempo histórico que há que exprimir ao vulgo, mas quando realmente a lucidez e o poder se aliam é quando a história dá personagens que são autênticos pontos de referência para a humanidade; no entanto, aqui do que vou falar é de todo o contrário; vou falar da ignorância com poder, que é o mais comum e o que está mais presente no dia a dia, como no caso do primeiro presidente do Panamá, Amador Guerrero quem organizou um acto político de importância internacional o dia que o Canal de Panamá se abriu ao trânsito marítimo.

O Senhor Guerrero convidou todas as delegações das armadas europeias à apertura do Canal em 1914, mas comprovou como alguns países não assistiam nem deixaram nada dito no que diz respeito da sua assistência, como foi o caso da Confederação Helvética. Incomodado, o Senhor Guerrero, e ofendido porque nenhum barco da Suíça tivera assistido a tão importante inauguração, deu ordem aos seus ministros para prepararem com toda a formalidade, uma declaração de guerra contra tão impertinente país. A final e não sem pouco esforço, conseguiram fazer-lhe entender que a Suíça não tinha frota, e muito menos militar.

Outro caso absurdo de ignorância com poder foi o do primeiro delegado dos EEUU (não podia ser de qualquer outro país!) no Conselho de Segurança da Organização das Nações Unidas, Warren Austin, quem em 1948, quando se estabeleceu o novo Estado de Israel, a tensão política chegou a tal ponto que acabou em uma guerra aberta entre os hebreus e os palestinianos. O Senhor Austin pediu publicamente desde a ONU aos dous países que arranjassem o conflito “como bons cristãos”.

Lembro também o caso que aconteceu em 1890 na Abissínia. O Negus, quer dizer, o monarca do país, Menelik II, teve conhecimento da invenção da cadeira eléctrica três anos antes por Harold Brown, um empregado da empresa que era gerida polo famoso Thomas Alba Edison. O macabro invento chegou ao conhecimento do Menelik que pensou que aquilo ia ser um autêntico símbolo do seu poder naquele pobre país, mas não se deu conta, nem sabia o bom do homem, que aquele instrumento de morte funcionava com electricidade, cousa que na Abissínia dos finais do século XIX ainda nem se sabia o que era. O Negus comprovou como aquela cadeira virava totalmente inútil para aos seus fins quando teve a oportunidade de tê-la presente. Por fim e para sair do assunto com certa elegância decidiu utilizá-la como trono.

Vem-me à memória mais outro episódio não menos engraçado, e é que nos anos anteriores à primeira guerra mundial, o Sultão da Turquia Mehmet V deu ordem de capturar um grupo de mercadores austrohúngaros que penetraram no país legalmente para favorecerem as revoluções no Império Otomano comunicando com total liberdade e impunidade pelo país mensagens em clave para subverter o ordem político estabelecido. Quando o governo autrohúngaro por meio dos seus legados investigou o assunto, descobriu que os pobres mercadores vendiam bicicletas cujas dínamos eram capazes de realizarem um alto número de revoluções por minuto e as mensagens secretas não eram mais do que fórmulas químicas de farmácia para curarem pequenas feridas da pele.

Pois bem, tudo o que acabamos de contar parece próprio de épocas obscuras nas que as culturas e as civilizações estavam ainda com os cueiros postos, mas é que o que vos vou contar agora aconteceu na Galiza “autoanémica” -como é que diria o nosso José Manuel Beiras-, do século XXI e é a notícia saída no jornal “La Región” de Ourense o passado dia 20 de Janeiro de 2006 na página 23. Nesse pequeninho artigo situado na margem da folha diz-se-nos que uma organização chamada FUNDEU (Fundación del Español Urgente) acentua o apelido FEIJÓO no primeiro “O” segundo a sua análise diária do uso da língua espanhola nos meios de comunicação e faz uma advertência de que o segundo apelido do político dos Peares do PP Alberte Nunes Feijó (Alberto Nuñez Feijóo) leva “tilde” -como se lhe chama em castelhano ao acento gráfico-. As razões são fundamentalmente de uso por parte da sua família pelo que anima a respeitar a grafia escolhida por eles.

A nossa opinião é que a palavra “Feijó” é uma palavra galego-portuguesa, não castelhana, e que nós grafaríamos com um só “O” e com “J” proveniente da forma greco-latina PHASEOLU que teria por significado o mesmo do que Feijão de cujas formas é variante; seria o nome vulgar e extensivo que se lhe dá a umas plantas da família das leguminosas, com espécies, variedades e formas muito cultivadas e apreçadas na alimentação. Tem por sinónimo Fava e o seu correspondente castelhano seria “Frijol”, termo muito utilizado em alguns lugares de América.

Não sei se essa fundação linguística defensora do idioma espanhol tem qualquer publicação onde nos aconselhar a utilização de formas tão espanholas como “Guáxinton” para a capital dos Estados Unidos; Yan Yaques Custó para o conhecido oceanografo francês; Roberto Xúman e Güilian Xespir para o famoso músico germano e para o literato inglês; Margarita Zaxer para a ex-primeira ministra britânica (ou Margarita Colmenero!! Que também poderia ser) ou Fransuá Miteján para o também ex-presidente francês. O que sim sabemos com segurança é que o Senhor Feijó não protestou nem contestou à Fundeu, mas nós desde a nossa modéstia, reivindicaríamos, desde o respeito à opção pró-castelhanista do chefe do PP galego e presidente da “Xunta de Galicia” a forma ALBERTO NÚÑEZ FRIJOL, para sermos justos e exactos e ajudarmos à coerência ideológica de tão preclaro e digno personagem.

José Manuel Barbosa

Membro de Número de AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa)

Diretor Administrativo do IGEC (Instituto Galego de Estudos Celtas)

Sócio da AGAL

Integrante do Clube dos Poetas Vivos.

sábado, 6 de novembro de 2010

Retranca conseguiu-no!!

Retranca conseguiu chegar aos kisokes ontem, a pesar dos pesares. Assim o Papa puido desfrutar (ainda que alguns nom o quixeram) da liberdade de prensa, e das diferentes opinions.


http://revistaretranca.blogspot.com/2010/11/habemus-retranca-xa-estamos-nos.html


No blogue de retranca, tamben informam de publicacions que a imprenta nom se negou a imprimir.... em fim aluncinante:
http://revistaretranca.blogspot.com/2010/11/o-papa-rodeado-de-pasta-non-monxas.html

Pero bom, que se auntoflagelem porque nom conseguirom retrasar a saida da revista, justinho a tempo!! Ala!! Poir ai!!

Como tocar as pelotas de jeito profissional em política

Um deputado do PP rasga papeis de forma ruidosa ao pé de Mónica Oltra (INICIATIVA-COMPROMÍS) mentras esta intervem numha comissom do parlamento valencião. Mais umha exibiçom de política chulesca na Comunidade Valenciana.

sexta-feira, 5 de novembro de 2010

Caminho a-Teu




Manifestaçom contra visita de Ratzinger remata em cargas policiais

Em http://galizalivre.org/?q=noticia/05.11.2010/manifesta-om-contra-visita-de-ratzinger-remata-em-cargas-policiais

Centos de pessoas dérom-se cita hoje na Alameda de Compostela na manifestaçom convocada contra a visita do papa Bento XVI à capital galega. A marcha foi impedida por numerosos efectivos da polícia espanhola, que despregárom um amplo dispositivo em Porta Faxeira e na Praça do Toural. A gente mantivo-se concentrada desde as 20h30 até as 21h30 aproximadamente, baixo as palavras de ordem "Visita papal, estado policial", "As cruzes vam com as porras" ou "Ratzinger nom te esperamos". O manifesto afinal da concentraçom, lido por um membro de Crentes Galegos, foi acolhido com grandes aplausos.

Quando a concentraçom estava a disolver-se, com numerosos grupos de gente abandonando a Alameda, produziu-se umha carga policial sem mediar qualquer incidente de por médio, fugindo a gente cara a Praça de Maçarelos e pola Senra arriba. Nestes momentos ainda nom se sabe qual é o número de feridos. Perto da Praça da Galiza, num beco sem saída, três policiais sinalárom para um repórter de Galiza Contrainfo, dizendo-lhe que "já estavas avisado", para a continuaçom golpeá-lo nas pernas e na vídeo-cámara. Nesses momentos um companheiro de outro meio acudiu a ajudá-lo, sendo ameaçado também.

Na Praça do Pam, onde se achava um dos ecráns gigantes colocados polo Jacobeu, houvo numerosos distúrbios, disparando os policiais bolas de borracha. Nesses momentos também houvo cargas em Porta do Caminho, subindo várias carrinhas por Casas Reais. Sobre as 22h00 um grupo numeroso de manifestantes voltou reunir-se na Porta do Caminho, onde cinco carrinhas rodeárom os acessos. Um grupo de manifestantes curtou a rua de Sam Pedro cruzando vários contentores. Um grupo de polícias de choque dirigiu-se entom ao popular Bar 'As Duas', golpeando a porta até que as proprietárias se vírom obrigadas a baixar as reixas. Em Porta do Caminho continuavam as palavras de ordem de "Fora as forças de ocupaçom" e "Visita papal, estado policial", juntando-se numerosos transeuntes aos protestos em vista do descontrolo total da polícia espanhola. As numerosas carrinhas estacionadas na rua rematárom por provocar problemas de circulaçom, sendo um condutor mesmo ameaçado por um agente antidistúrbios, golpeando-lhe o automóvel com a porra. Ao pouco produziu-se umha nova carga, golpeando o jovem R.S.I. na cabeça produzindo-lhe umha brecha da que está a ser atendido nestes momentos [ver a imagem das companheiras de Galiza Contrainfo]. Quatro mulheres e dous homens fôrom retidos durante vários minutos para serem identificados, enquanto a rua de Sam Pedro voltava a ser cortada pola acçom de pequenos grupos. Os agentes, que se negárom a identificar e levavam o número de placa oculto, rematárom por deixarem em liberdade as seis pessoas detidas, levando ilegalmente a documentaçom dumha delas. Pouco antes de chegar a ambuláncia os policiais marchárom nas carrinhas entre os assobios da gente, e berros de "marchade para Espanha!".

Incidentes pola manhá na Zona Velha: "o me hablas en español o te llevo a comisaría"

Durante o meio-dia de hoje, de 12 a 14 horas, a AMI de Compostela manifestou-se pola zona velha, portando várias pessoas lemas como "A vossa moralidade contra a nossa liberdade", "Ratzinger = Nazi" ou "Viva Galiza Ceive e Laica". Ao entrarem na Praça da Quintá um grupo de agentes da polícia espanhola identificou-nos entre ameaças: "te voy a partir la cara por listillo", dixo-lhe a um dos jovens. Durante a identificaçom umha moça deu-lhe o número do bilhete de identidade em galego, recebendo como resposta um "o me hablas en español o te llevo a comisaría". A moça, ao repetir em galego o seu número de B.I., viu como o agente visivelmente enfurecido, lhe atirou o caderno no que tinha apontado o número ao chao, entre berros de "a mi me hablas en español que estoy en mi país". Dous viandantes que ficárom a observar o incidente fôrom identificados também, e retidos o mesmo tempo que os independentistas. Um jornalista do El País que estava a fotografar o acontecido também foi fotografado. Depois disto proibírom-lhe a entrada no Obradoiro. Segundo um dos jovens da AMI, está é "umha mostra mais da repressom estatal à mocidade independentista, acentuada pola visita do Chefe de Estado do Vaticano".


Os inmigrantes som as causas de todos os problemas!!!

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

La SGAE cierra puticlub porque la gente va allí «a descargar»

puticlub precintado


En cumplimiento de la llamada Ley Sinde -más infame entre los internautas que las cadenas de mails con amenaza de matanza de gatitos-, efectivos policiales han clausurado el prostíbulo «Los Perineos», situado en el kilómetro 56 de la carretera que une los municipios de Villañordosa de Cuesquetes y Prados del Orco. La clausura se llevó a cabo por orden de la SGAE, con la mediación de la Comisión de Propiedad Intelectual. «No puede ser que la gente se dedique a descargar con tanto alborozo y con total impunidad. Hay que poner fin a esta situación», arguyen fuentes de la SGAE.

La policía cerró el puticlub en plena madrugada y detuvo a todos los presentes en el establecimiento. Fuencislo O. G. T., vecino de la zona y cliente habitual de «Los Perineos», fue forzado a abandonar el local, del que tuvo que salir inmovilizado por dos agentes policiales, con las manos esposadas a la espalda, la chorra fuera y el peinado de tejadillo dantescamente alborotado. «¡Descargar no es un crimen! ¡Nos da mucha alegría a la gente!», exclamaba Fuencislo a su salida de la casa de lenocinio, sin dejar de forcejear con los agentes y con un goterón viscoso penduleándole desde la punta de la picha.

Chari, una de las meretrices más veteranas del local, experta en echar polvos conejeros a gran velocidad y apodada Rapid-Chari por ello, declaró a la prensa: «No pueden ponerle puertas al campo. Este tipo de descargas son como las que hacíamos cuando íbamos al instituto, entre amigos, por compartir y por probar. Es sólo que el progreso ha hecho que ahora podamos llegar a más gente, es decir, desde que arreglaron la carretera intercomarcal y la asfaltaron como Dios manda nos llegan muchos más camioneros.»

Torrenciana Peláez, alcahueta bisexual a la que llaman la bi Torren, no dudó en aportar su opinión: «¿Cambiar el modelo de negocio? Pues claro que hay que cambiar el modelo de negocio. Yo antes trabajaba de pescadera pero con esto del puterío saco mucho más. Digo.»

http://www.eljueves.es/2010/11/03/sgae_cierra_puticlub_porque_alli_gente_descargar.html

La Xunta, receptiva a dar a Piqué las ayudas que negó a Ryanair

Depois do abraço de Iberdrola, outro capítulo de Mr. Feijoo e a sua carreira hacia Madrid...

El presidente de Vueling, Josep Piqué, anunció ayer que la aerolínea recuperará, en la temporada estival de 2011, las líneas aéreas entre Santiago y Zúrich y entre A Coruña y Ámsterdam –eliminadas este fin de semana– pero no retomará la ruta entre Vigo y Bruselas, que no considera rentable. Además, aseguró que estudiará cubrir las conexiones que elimine Ryanair en enero, dado que la Xunta se mostró ayer receptiva a negociar con la compañía de Piqué las ayudas que negó a la irlandesa.

Seguir lendo:

http://www.xornal.com/artigo/2010/11/02/galicia/xunta-receptiva-dar-pique-ayudas-nego-ryanair/2010110223592700571.html

terça-feira, 2 de novembro de 2010

Y las patatas? - En el aire, pues!!

Una empresa vasca produce patatas de siembra en el aire, sin tierra

La producción se realiza mediante el novedoso sistema llamado aeroponía, gracias al que se obtienen unos 20 tubérculos por planta en lugar de los tres o cuatro que se consiguen tradicionalmente.

Newco, sociedad para la Transferencia de Tecnología en Patata, en colaboración con el Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario, Neiker-Tecnalia, está llevando a cabo un proyecto para la producción de patatas de siembra en el aire, sin necesidad de tierra. La producción se realiza mediante un novedoso sistema conocido como aeroponía. Esta técnica consigue aumentar la productividad, ya que se pueden obtener unos 20 tubérculos por planta en lugar de los tres o cuatro que se consiguen por los métodos convencionales.

Asimismo, el sistema evita la incidencia de las enfermedades que existen en el suelo y supone un gran ahorro de agua y fertilizantes, según han destacado los promotores del proyecto. Se trata de la primera experiencia en España de producción a gran escala de la primera generación de patata de siembra mediante el sistema aeropónico.

El sistema de cultivo aeropónico para la producción de la primera generación de patata de siembra se desarrolla en invernaderos y consiste, básicamente, en mantener las raíces de la planta al aire y en condiciones de total oscuridad.

En concreto, para que la planta y los tubérculos puedan desarrollarse se aplican nutrientes en las raíces mediante un sistema de nebulización, que pulveriza de forma periódica agua enriquecida con nutrientes. El hecho de que los tubérculos se desarrollen al aire, permite una gran aireación de las raíces, y que no estén afectados por los patógenos existentes en la tierra, por lo que se aumenta "considerablemente" la producción por planta. Este incremento abarata sustancialmente el precio del tubérculo.

Asimismo, han destacado que la novedosa forma de cultivo permite reducir "considerablemente" la cantidad de agua y fertilizantes necesaria para la producción. Además, la aeroponía permite aportar, de forma precisa, la cantidad de ambos elementos que necesita la planta en cada fase de su desarrollo, con lo que se consigue una producción más sostenible desde el punto de vista medioambiental.


http://www.eitb.com/noticias/sociedad/detalle/532944/una-empresa-vasca-produce-patatas-siembra-aire-tierra/

Nai aos dez anos

Una niña de 10 años ha dado a luz en Jeréz de la Frontera


Vejamos.... se a filha e descendentes a seguir seguem a este ritmo... a rapasa pode chegar a ser bisvoa aos 40 anos!!! E tataravoa aos 50!! E bistataravoa aos 60!!! E.... Deus!!!