Bombeiros en Melbourne, Austrália, conducem atraves dum caminho inundado, com água quase tam alta como o camióm. Manda narices!!
segunda-feira, 6 de agosto de 2012
segunda-feira, 31 de maio de 2010
Crónica de umha desgraça.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
19:33
7
comments
Labels: Bombeiros
quarta-feira, 28 de abril de 2010
Video campanha contra accidentes de tráfico.
Uma das maiores empresas de marketing do mundo, resolveu passar uma mensagem para todos, através de um vídeo criado pela TAC (Transport Accident Commission) e que teve um efeito drastico no Reino Unido.
Depois desta mensagem, 40% da população de Inglaterra, deixaram de usar drogas e se alcoolizar pelo menos nas datas comemorativas
Posted by
Gonzalo Amorin
at
18:35
1
comments
Labels: Bombeiros
domingo, 31 de janeiro de 2010
Bombeiros da Galiza polo mundo adiante.
http://www.youtube.com/watch?v=NjXJRC-4GyM Itália.
http://www.youtube.com/watch?v=Std7JgRJw8g Rússia.
http://tv1.rtp.pt/noticias/?headline=20&visual=9&tm=&t=Bombeiros-e-paramedicos-espanhois-colidem-com-a-policia.rtp&article=314891 Portugal.
http://www.youtube.com/watch?v=4vTopvdDgvk Alemanha.
http://www.ftd.de/lifestyle/:vermischtes-polizei-gegen-feuerwehr/50067588.html Alemanha.
http://news.sky.com/skynews/Home/video/Spanish-Firefighters-Clash-With-Police-During-Anti-Privatisation-Protest/Video/201001415538710?lid=VIDEO_2177931_Spanish Grande Bretanha.
http://www.rai.tv/dl/RaiTV/programmi/media/ContentItem-6e35b72f-0810-4984-95c0-533d1882166b.html?p=0 Itália.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
21:45
1
comments
Labels: Bombeiros
sábado, 30 de janeiro de 2010
BOMBEIROS VS POLIS.
Mirade nesta web, melhores imagens e melhor tratamento da noticia. A ver se me topades polo medio. Isto nom é mais que o começo. NOM À PRIVATIZAÇOM DO SERVIÇO GALEGO DE URGÊNCIAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!
http://www.antena3noticias.com/PortalA3N/sociedad/Policias-bomberos-acaban-golpes-durante-una-manifestacion/9819574
Posted by
Gonzalo Amorin
at
00:07
6
comments
Labels: Bombeiros
sexta-feira, 29 de janeiro de 2010
Começa a luita!!!! Lume!!!!!!!!!!!!!!
Olhade que tratamento mais professional da telegaita sobre a mobilizaçom. Enterastes-vos do motivo da manifestaçom e das nossas reinvidicaçóns? Vergonhento!!!!!!!!!!!
Posted by
Gonzalo Amorin
at
17:47
4
comments
Labels: Bombeiros
terça-feira, 8 de dezembro de 2009
Concurso fotográfico emergências 2009.


Posted by
Gonzalo Amorin
at
16:59
4
comments
Labels: Bombeiros
quinta-feira, 17 de setembro de 2009
Video Bombeiros...
Ao pe do video aparecen uns iconos e neste ultimo icono: flecha mais WWW, aparece o codigo para copiar e pegar na túa web...De todas formas o video carga como o carallo polo menos dende a miña conexión...
Posted by
Marta
at
22:46
2
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias
quarta-feira, 16 de setembro de 2009
O companheiro Araúxo
A nova na que sae está no minuto 22, ide ata ese minuto e dádelle a "play". Se intentades ir pasando pouco a pouco ás veces pérdese a imaxe pero non o son.... E aínda así depende da vossa conexión....Talan, Talan, Talan Dusebayev!!!
Posted by
Danito
at
12:53
1
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias
sexta-feira, 28 de agosto de 2009
COMO OS ANTIGOS BOMBEIROS
Em conmemoraçom dos nossos precursores bombeirís aqui vos deixo esta foto. Aguardo que os comentarios nom saiam muito de tom. hehehe!!!
Posted by
Gonzalo Amorin
at
22:27
4
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros
quarta-feira, 29 de julho de 2009
Nota de prensa dos Bombeiros de Ponte Vedra, começa a luita!
BOMBEIROS COMARCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Tras reunirnos co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o pasado día 6 de febreiro, e logo de presentar as reivindicacións dos bombeiros para a creación dun Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento de xestión pública (directa), a resposta foi negativa por parte da administración, reafirmandose na xestión privada (indirecta) xa existente.
Ante dita postura sobre a xestión do Consorcio Provincial, os bombeiros manifestámonos totalmente en contra, dado que a forma de xestión actual é absolutamente contraproducente para dar un servizo de calidade a poboación. Podemos argumentar este feito cun estudo que os bombeiros elaboramos durante estes cen días de novo goberno, e que lle presentamos na pasada reunión ao Director Xeral de Protección Civil da Xunta de Galiza. Tamén queremos salientar que este tipo de xestión a través de empresas privadas, que defende a Xunta e a Deputación, é único en todo o territorio español. Só o parque de Silleda conta con xestión directa da administración, pero en palabras de Louzán foi un "erro que cometeron no seu día". Ante isto, nós discrepamos, xa que, segundo eles (a administración) este parque é o que conta con mellores dotacións, materiais, número de traballadores e mellores condicións laborais en xeral.
A día de hoxe estase dando unha cobertura aproximada do 60% da poboación provincial (uns 330.000 habitantes), con 84 bombeiros e non 100 como afirman desde a Deputación. Tamén lembrar, que o novo concurso para a concesión do Consorcio provincial non será nos vindeiros meses, xa que tanto Xunta coma Deputación pretenden agardar a que remate a concesión do parque do Porriño en agosto do 2010. Feito que ocorrerá logo de expirar o prazo que se fixou na Lei de Emerxencias do 2007.
Polo tanto, nós, os bombeiros, reclamamos a constitución dun Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento público da Provincia de Pontevedra;
o Para que exista unha cobertura do servizo de extinción de incendios e salvamento no 100% da provincia.
o Para que se poidan mellorar e incrementar os medios humanos e materiais do servizo.
o Para homoxeneizar en todos os ámbitos o servizo que se presta na Provincia.
Por todo isto, os bombeiros non aceptamos de ningunha maneira a xestión privada, polo que nos concentraremos diante da Deputación de Pontevedra ás 10 da mañá este venres 31 de xullo. Comezamos asi un calendario de mobilizacións que levaremos a cabo até que as administracións competentes entendan que o mellor sistema de xestión para os parques de bombeiros é o directo (público).
Posted by
Gonzalo Amorin
at
16:40
1
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias, Política
sábado, 6 de junho de 2009
Rescate no Limia.
Olá a todos e todas!! Ando de novo por aqui. Estivem algo perdido. Em fim aqui vos deixo umhas fotos bem chulas que nos tirarom num curso de salvamento em rios e riados que fixemos em Lobios, cousa bonita! A ver que vos parecem.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
01:10
3
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros
sexta-feira, 21 de novembro de 2008
Incêndio no Porrinho.
As chamas calcinaron completamente o interior do edificio onde se acumalaban toneladas de residuos. Orixinouse sobre as catro e tardouse tres horas en controlalo.
Un incendio destruíu de madrugada por completo o interior dunha nave de reciclaxe de residuos no Porriño. Foi tal a forza e virulencia das chamas, que se expandiron con facilidade a través dos residuos plásticos acumulados, que foi necesario que ademais dos bombeiros da localidade pontevedresa acudisen os doutros tres parques da provincia e un camión desde o norte de Portugal.
A fácil expansión das chamas grazas ás 120 toneladas de residuos que se acumulaban no interior da nave de Xesnatura, do Grupo González Couceiro, obrigaron a mobilizar a efectivos dos parques de bombeiros do Porriño, Vigo, O Morrazo, Ponteareas e Valença que permaneceron traballando máis de tres horas para apagar as chamas.
Os primeiros en chegar foron os bombeiros do Porriño que sobre as cinco da madrugada solicitaron a asistencia de seis bombas #ama de cría\\\ para poder apagar o incendio e estableceron un perímetro ao redor da nave, para que as chamas non saltasen a outras naves. O lume calcinou todo o interior da nave, incluída a maquinaria, e afectou en parte á estrutura do edificio.
Pouco logo das sete da mañá conseguiuse controlar o incendio e aínda que nestes momentos está extinguido permanecen efectivos de bombeiros controlando a zona e refrigerando os cascallos para evitar que se aviven as chamas.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
17:13
4
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias
quarta-feira, 10 de setembro de 2008
O MAIOR INCÊNDIO EM VIGO DESDE HAI 20 ANOS

Posted by
Gonzalo Amorin
at
17:15
8
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias
quinta-feira, 24 de abril de 2008
Cousas de bombeiros.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
00:18
10
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros
quinta-feira, 3 de abril de 2008
Desde o Parque de Bombeiros do Porrinho

Eu continuo com o tema bombeiril. Mirade que escudo mais pátrio temos. Merda, as de cores do lume, que lembram a bandeira dos borbóns, mais tamém a dos Països Cataláns. hehe!!!
Hoje escrevo-vos desde o parque. Tivemos o que se dí um dia completinho. Logo de jantar, um incêndio num alpendre, com gente toleando por todos lados e complicando-nos ainda mais a intervençom, ardeu de caralho cumha boa temperança. Polo serám, apenas duas horas após, um excarceramento dum rapaz que se empotrou contra umha árbore cum Suzuki Vitara, quedou bem atrapadinho de pernas e dum braço, como berrava!! Menos mal que chegarom cedo os sanitários e lhe meterom um bo chute. Suamos a pinga gorda para quita-lo daquel feixe de ferros, pero saiu.
Hei de suponher que a maioria de vos nom tivestes nunca a sorte de salvar a ninguém dumha morte case segura, pois digo-vos que é umha senssaçom única de benestar e satisfaçom. Fai que te sintas melhor persoa, fai-che em definitiva que te replantexes muitas cousas da vida, nas que nunca antes terias tam sequera reparado.
Companheir@s, este oficio que se me deu por escolher é-che umha cousa bem bonita. Hoje durmirei melhor, mas ainda resta toda a noite de guarda. Aguardemos que vaia todo bem e que nom ocorram mais desgraças, por hoje já chegou.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
23:37
2
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros, noticias, Política
segunda-feira, 31 de março de 2008
Dotaçom 4.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
13:30
2
comments
Labels: as nossas cousas, Bombeiros







