Video curtinho e clarinho. Irrefutável, diria eu.
sábado, 25 de fevereiro de 2012
Irrefutável, ou?
Posted by
O'Chini
at
14:51
0
comments
domingo, 22 de janeiro de 2012
Ponte ao meu lado, ao nosso lado
O grupo Vozes da Rádio e a cantante Guadi Galego juntáram-se para gravar "Ponte ao meu lado", umha cançom para reivindicar de novo o património inmaterial galego-português
Posted by
O'Chini
at
14:10
0
comments
quarta-feira, 28 de abril de 2010
História duma fraude: O espanhol na Galiza.
Muito interessante relato deste novo colaborador de Vieiros. Já se sabe que quem nom fala a sua língua acaba nom falando nengumha. Em Vieiros por Arturo de Nieves Gutiérrez de Rubalcava. Uma gélida jeira do Janeiro de 1949 na aldeia de Trás-Murães, paróquia da Capelada, na Galiza mais Atlântica, quando nela nascera José Ferreira.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
00:07
3
comments
Labels: Cultura, Língua, literatura, Política
sexta-feira, 9 de abril de 2010
'Pradolongo', primeiro filme galego que chega ao circuito portugués de cine comercial.
Pois vejo nisto umha forma excelente de achergar-nos ao país irmám. Chainis e Maria se nom a mirastes... ao cinema a fazer país! É um filme sinxelo pero com muito jeito, com um muito bo tratamento da língua.
A película de Ignacio Vilar estrearase a vindeira semana en Braga, posteriormente percorrerá outras cidades lusas. A película poderá verse na versión orixinal en lingua galega.
Por vez primeira unha película feita en Galiza e na nosa lingua chegará ao gran público portugués. As salas Cinemax de Braga (Centro Comercial Bragashopping) proxectarán dende o vindeiro sábado 17 de abril o film 'Pradolongo', do director Ignacio Vilar. Posteriormente, a película vai poderse ver en cines comerciais doutras cidades do país veciño, entre elas na propia Lisboa.
A estrea non deixa de ser un fito importante na historia do noso cine, xa que nunca unha película rodada en galego tiña sido exhibida nos circuitos comerciais lusos. O propio Ignacio Vilar salienta o feito de que os espectadores van poder ver o filme no idioma propio de Galiza, ou máis ben como matiza con humor en “galego de Valdeorras”.
A estrea vén acompañada dun esforzo por parte dos directores e dos actores por achegarlle a obra ao gran público. Para iso, Ignacio Vilar, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto teñen previsto achegarse até o outro lado da Raia para promocionar o filme en actos organizados por institutos e asociacións das diferentes cidades. En Braga, os actos contarán co apoio da Universidade do Minho, do Centro de Estudos Galegos, Bragashopping e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
18:38
1
comments
sábado, 27 de fevereiro de 2010
As mortes superaron os nacementos en máis de seis mil persoas.
Pois aqui tedes um dado que vem a confirmar outro dos aspeitos suicidas do nosso povo. Por se vos interessa saber, a finais da Idade Meia os galegos eramos um de cada quatro habitantes da península Ibérica (ou mais, já nom me lembro bem), que vos parez? A ver quem me dá umha explicaçom do motivo disto? Temos novo concursaço!! Manda caralho! Segundo datos do INE, Galiza tivo os datos máis negativos de crecemento vexetativo do Estado Español.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
01:37
1
comments
sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010
O asturianismo reacciona contra Ferrín.
É mui triste ver como em Astúrias entendem o vencelho com o galego dum jeito tam semelhante ao que na Galiza se tem com o português. Pois nom é tam dificil de entende-lo! Nom crê Sr. Ferrín? Isolacionismo cara o sul e reintegracionismo cara o leste! Vaia patranha!
Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha entrevista publicada hai uns días, pedía a oficialidade da lingua asturiana no territorio da Comunidade Autónoma veciña, exceptuando a comarca do Eo-Navia -que fai parte do Principado- para a que o novo presidente da RAG reclamou a oficialidade do galego.
"Persoalmente, dáme rabia que o asturleonés sexa cooficial en Miranda do Douro e recoñecido pola República Portuguesa, e o asturiano non o sexa en Asturias plenamente", dixo. Porén, engadiu, "o occidente de Asturias é outra cousa, e ten que ter un tratamento especial, e nós apoiamos as normas do galego de Asturias do Eo-Navia".
A Academia da Llingua Asturiana pronúnciase As declaracións non sentaron ben en diversos sectores asturianistas. O xornal La Nueva España (LNE) encargouse de lles dar ampla cobertura durante estes últimos días. Por exemplo, esta cuarta feira, reproduce as palabras do "catedrático e académico da Llingua Asturiana para o Navia-Eo, José Antonio Fernández Vior", que din "acusou a Galiza de 'usar o Navia-Eo como cortina de fume cando teñen problemas lingüísticos no seu propio territorio'".
Ferrín, na citada entrevista, comentara neste senso estar "desexando que este conflito desapareza". "Eu son moi amigo de escritores asturianos e de persoas que defenden o asturiano, polo que este tema está como envelenado", lamentábase, e declarábase "un grande amigo da lingua asturiana".
Para Vior, no entanto -e en palabras de LNE-, "as inxerencias desde Galiza neste territorio son periódicas e atenden a determinados momentos". "É unha apreciación, mais no verán nunca sae nada disto, sae no inverno, que igual a xente anda máis aburrida ou cando teñen eles algún problema", declarou o catedrático de 87 anos.
Oficialmente, a Academia da Llingua Asturiana pronunciouse a través da súa presidenta, Ana Cano: "A Academia nunca renunciará á asturianidade de todos os concellos de Asturias e está en contra de que se intente galeguizar o Occidente". Porén, precisou que o problema de fondo é outro: "Se o asturiano e o galego-asturiano fosen linguas oficiais non pasaría isto".
Posición do goberno de Asturias A directora xeral de Política Lingüística do Principado, Consuelo Vega, asegurou ao respecto que "o goberno asturiano recoñece a especificidade do galego-asturiano, a fala como se denomina popularmente, como unha realidade lingüística diferente do asturiano". "Este recoñecemento é xurídico e se traslada aos ámbitos administrativos, educativos ou culturais", engadiu.
Por outra banda, Vega considerou que a petición de Ferrín sobre a oficialidade do asturiano "é tan respectábel como a de calquera outro cidadán mais non ten lexitimidade xa que o territorio asturiano só lles compete aos asturianos".
Izquierda Unida de Asturias e Unidá Nacionalista Asturiana Tamén desde a política asturiana houbo reaccións. Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) -que conseguiu o 0,7% dos votos nas pasadas autonómicas- emitiu unha nota de prensa que recolleu La Nueva España na súa edición deste martes:
"As institucións asturianas teñen competencias exclusivas sobre a política lingüística en toda Asturies, tamén na zona máis occidental, e que a normativización corresponde legalmente á Academia da Llingua Asturiana, polo que non ten sentido reabrir artificialmente debates superados pola realidade xurídica e social, nin discursos expansionistas que xa deberían formar parte do pasado".
Outros que se pronunciaron foron Izquierda Unida de Asturias, que sinalaron que o Eo-Navia é "unha zona de indubidábel identidade asturiana". "Até hai pouco a política lingüística galega era a envexa dos asturianos falantes; de continuar os planes de Feijoo, Ferrín terá problemas máis graves que ocuparse do Occidente de Asturias".
Tres concellos do Eo-Navia Tamén na edición do martes, LNE titula: "Os alcaldes fan oídos xordos á pretensión da Academia Galega". Segundo o rotativo asturiano, o alcalde de Castropol, José Ángel Pérez (PSOE), apreciou que se trata dun tema "demasiado manido" e "non ten importancia porque é unha inxerencia que o único que lle vai reportar (a Ferrín) é que o coñezan como escritor".
"Non hai lugar para a polémica, nós sentímonos asturianos, mais convivimos día a día cos galegos. Coido que o importante é a visión integradora e o enriquecemento cultural que isto produce", sinalou a alcaldesa de Santiso de Abres, Goretti Quintana (PP), que considerou un erro utilizar o nome de galego-asturiano, xa que "habería que darlle prioridade ao asturiano, para que fose por diante e se nos identificase rapidamente coa rexión á que pertencemos". Por último, LNE cita o alcalde de Santalla de Ozcos, Antonio Riveras (IU), que afirmou que os veciños do Eo-Navia "teñen o seu propio idioma e non precisan que veña a Real Academia Galega, porque o único que pode facer é o que fixo co galego que é transformalo".
A opinións filolóxica desde Asturias O xornal completa a ampla cobertura realizada a partir das manifestacións de Méndez Ferrín recollendo a opinión do "filólogo e escritor, Xosé Miguel Suárez"; do "profesor de Lengua e escritor en fala, Ignacio Vares; e do "presidente da asociaciónXeira, Xabiel G. Menéndez". Os dous primeiros participaron na elaboración das Normas Ortográficas do Galego-Asturiano editadas pola Secretaría Lingüística do Navia-Eo. Suárez explica que desde un punto de vista filolóxico "o que se fala no Navia-Eo é galego-portugués, mais outra cousa é o plano sociopolítico, identitario ou como se lle queira chamar. Iso explica que en Galiza non se usen as normas do portugués e que en Asturias non se queira usar a normativa do galego".
Vares explica: "Non se pode negar que compartimos rasgos con Galiza, mais tamén é certo que o galego non é unitario porque non é igual o que se fala nas Rías Baixas ca o que se fala en Ribadeo. A unidade márcaa unha decisión política". "Que non pretendan dicir que por fenómenos lingüísticos isto é galego. Creo que se Galiza chegara até o Navia non teriamos que renunciar ás diferencias, mais non é así, e por iso aquí non hai vontade de renunciar a estas características propias".
Por último, o presidente de Xeira asegura que "a riqueza de publicacións no Navia-Eo é debida á grande identidade da poboación cunha variedade lingüística diferenciada do galego". Menéndez considera que a zona eo-naviega é "moi apetecíbel" xa que conta "cunha nómina moi importante de escritores cunha calidade literaria e editorial asombrosa, que xa quixeran moitas zonas cunha lingua máis forte". Xeira coincide con Ferrín en que a solución ("a estas inxerencias de Galicia", di LNE) é que se declaren oficiais tanto o galego-asturiano como o asturiano.
Conclusión de LNE "Así as cousas no Occidente todo o mundo parece ter claro que o galego-asturiano ou fala é unha lingua máis de Asturias en boca de falantes que se consideran e son asturianos", conclúe LNE ao respecto de toda a 'polémica' nunha das súas informacións elaboradas nestes últimos días.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
00:32
1
comments
quinta-feira, 11 de fevereiro de 2010
O jogo institucional da língua.
Nom deixedes de ler este artigo, nom deixará indeferente mesmo a isolacionistas isolacioneiros!
Em O Xornal, por Celso Álvarez Cáccamo.
>> “Agora ben, o galego xa non é o portugués, e iso ocorre dende finais da Idade Media. Calquera reintegracionismo é un forzamento da Historia, e como dicía Tony Negri calquera forzamento da realidade é terrorístico.” (Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da RAG, em entrevista no Xornal, 6/2/2010, edição digital)
Nunca antes, com excepção da polémica de 1986 sobre o dever de conhecer o galego eliminado da Lei de Normalización Lingüística (LNL), foi tão claro o processo que dei em chamar por primeira vez, há agora 20 anos, a institucionalização do galego. Por institucionalização não quis nem quero dizer uma difusão “normalização”, mas a redução da língua a um objeto de tratamento jurídico, e o seu submetimento à dinâmica institucional, reflexo da política. Num contexto de verdadeira crise sociolinguística (crise de usos e de transmissão), o debate atual sobre as Bases para o decreto de plurilingüismo no ensino (em diante, Bases) manifesta transparentemente esta institucionalização totémica, com curiosas ramificações discursivas. Por uma parte, o rejeitamento geral ao texto das Bases em si parece grande: as posições da RAG e do Consello da Cultura Galega (CCG) questionam-no como tal documento. Mas, por outra, parece que Feijóo está a ganhar a batalha do enquadramento do “consenso”, vocábulo profusamente repetido nos textos também institucionais da RAG e do CCG. Isto é preocupante, pois reforça a ideia de que não havia “consenso” com o Decreto do bipartido ainda vigorado. E, por último, tanto o texto da R. A. Galega quanto o do C. C. Galego apoiam-se repetidamente no mesmo argumentário sobre a importância crucial de a aprendizagem do castelhano ficar bem garantida.
Tanta contradição não é tal, e não admira, pois lembremos o singular enquadramento legislativo deste debate: Trata-se de derrogar um Decreto de uso do 50% de galego no ensino que nunca se chegou a aplicar plenamente provando se era aberrante, no quadro duma Constitución Española que obriga a conhecer o espanhol, duma LNL profundamente preocupada com a aprendizagem do espanhol “em igualdade de condições” que o galego, e em referência a um Plan Xeral de Normalización (sic) da Lingua Galega que é apenas um “guia orientativo” (Anxo Lorenzo dixit) para garantir que, quem quiser, possa “vivir en galego”. É isto “normalización” (do galego), ou contemplamos sorridentes o sequestro do vocábulo? Não se vê tal preocupação, na legislação, pola capacitação social efetiva do conjunto da cidadania na chamada (e juridicamente declarada) “lingua propia”.
O debate, além, alimenta-se duma falsa aplicação da representatividade ao mundo do saber técnico e da política linguística. Nem a RAG nem o CCG são instituições representativas, como é em teoria um Parlamento. O seu respetivo grau de reconhecimento jurídico não evita que os procedimentos de seleção dos seus membros sejam, simplesmente, como os de qualquer outra entidade: por nomeações ou por propostas entre os seus membros. Por sinal do escoramento das suas posições, a RAG e o CCG apelam a um “consenso” em matéria de língua que nem no seu próprio seio aplicam, pois a visão de que o galego seja uma língua (um objeto estrutural, social e comunicativo) diferente do português nem é nem pode ser “oficial”. É oficial que a nossa língua é oficial, mas não que não seja a mesma que se fala alhures. Se a RAG e o CCG fossem representativos, reproduziria-se no seu seio o debate social sobre esta questão (como se faz, em maior ou menor medida, no mundo académico e inteletual, em instituições cívicas, no associacionismo de base e nos meios de comunicação). O facto é que absolutamente nenhum membro de ambas entidades sustém publicamente a tese de que galego e português são a mesma língua (como fazem membros de entidades cívicas como a Mesa pola Normalización Lingüística, da Associaçom Galega da Língua, da Associação Cultural Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, de associações pedagógicas, das várias plataformas criadas recentemente, etc., etc.), e tal unanimidade não é casual, mas indica uma sujeição ao quadro jurídico de España que impõe a regionalização das “lenguas españolas”. O equivalente, no mundo das ciências, é que os proponentes da Teoria de Cordas tivessem colonizado unanimemente um Conselho de Física porque o governo dava esta teoria como a única verdadeira, e então que o governo desse essa teoria por verdadeira porque era unânime no Conselho de Física. Esta perversa retroalimentação chama-se o “efeito da teoria”, e está documentada, até com o fenómeno Al-Qaeda.
Fruto duma colonização semelhante da RAG e do CCG, os seus ditames respetivos incidem na tese da estrangeirização da língua própria. Aludem em ocasiões à possibilidade de “o portugués” ser ensinado dentro do Terço Estrangeiro, como língua “útil” mas “estranxeira”, renunciando assim, nas aras da lealdade institucional, a toda uma formação filológica que lhes ensinou a unidade da língua galego-portuguesa. Mas um setor "terrorista" da sociedade e da cultura, no que me incluo, não podemos admitir a consideração de uma variedade da língua própria como “estrangeira”, pois constitui um ataque contra outras variedades e incide numa falaciosa segmentação da língua que reduz o seu valor e o seu potencial de transmissão e de capacitação da cidadania. Ainda mais, por higiene, a etiquetagem de “estrangeira” deveria ser erradicada de quaisquer outras línguas do ensino, ou bem, por coerência, deveria ser aplicada a todas as que não são juridicamente a “lingua propia” (por exemplo, o español).
Mas a lógica do “consenso” é uma arma de dobre gume. Quando a forja do “consenso” galeguista (há anos chamou-se “concordia normativa”) requer a prévia aceptação acrítica do dogma da independência do galego como língua, então não se pode criticar que para o outro lado, o españolismo, o “consenso” requira a aceptação prévia do dogma do galego como “lengua (regional) española”, determinada juridicamente como tal, e portanto sempre subordinada ao castelhano. E nessas estamos, na mesma lógica do dogma: não a do diálogo razoável sobre a superação da crise sociolinguística e a lenta construção da hegemonia social do galego (por exemplo, por amável imersão linguística no ensino, como na Catalunha), mas a da exibição do poder institucional numa dinâmica que reduz a língua a objeto de troca e de percentagens. E –lamento ser de novo um advogado de ofício do diabo– por este caminho pode ganhar o tandem Feijóo-Lorenzo. Poderá perder no relativo à manufatura precisa dumas Bases do Decreto ideologicamente rejeitáveis e tecnicamente lamentáveis, de verdadeira vergonha. Mas, em política, muito mais importante do que o efeito duma legislação que amiúde fica em águas de bacalhau é impor um enquadramento das questões que possibilite a perpetuação no poder ou a comodidade no cargo. Nem sempre se vota ou se ganha um cargo por tudo quanto se diz ou se deixa de dizer (por exemplo, por chamar ou deixar de chamar um setor cultural “terrorista”), mas por complexas afiliações simbólicas. Quisera errar, mas, ou os interlocutores legitimados neste jogo (entidades, “persoeiros” a quem convidam a palestrarem e a publicarem) dão uma valente viragem contra a regionalização do objeto Língua (na direção da unidade linguística galego-portuguesa), ou na Galiza temos língua real para dous telejornais e Feijóos e Lorenzos para mil primaveras mais.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
02:05
3
comments
segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010
Queremos Galego bota a andar a Iniciativa Lexislativa Popular.
Tal e como xa anunciara na súa propia fundación, Queremos Galego presentou este luns no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que exixe que se “garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración e co ensino”. Unha comisión formada por dez persoas de diferentes entidades e colectivos adheridos á plataforma presentaron o escrito que marca o inicio da recollida das 15 mil sinaturas necesarias.
Ábrese agora o prazo para que a ILP sexa admitida a trámite ou non, decisión que se tomará nun mes. “O que procuramos é alicerzar os nosos dereitos lingüísticos”, subliñou Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma, ao tempo que insistiu en que “non vai contra ninguén”.
Na Administración e no ensino
A proposta diríxese en exclusiva a dous ámbitos que Queremos Galego considera fundamentais: a Administración e o ensino. No primeiro destes apartados, o colectivo rebélase contra as mudanzas introducidas polo Goberno na Lei de Función Pública e piden “que se cumpra co mandato estatutario de promover os dereitos lingüísticos” (Artigo 5 do Estatuto de Autonomía).
Xa no eido do ensino, Callón fixo referencia ademais de ao Estatuto, á Carta Europea de Linguas e o Plan Xeral de Normalización, que “garanten a presenza nuclear da lingua galega no sistema educativo”.
Votantes do PP
“Facemos un chamamento para que se sume a esta iniciativa toda a cidadanía”, dixo Callón, “mais especialmente os votantes do PP, aqueles votantes defraudados con esta política galegófoba e de auto-odio e con esta práctica de desmantelamento da oficialidade da nosa lingua”.
Finalmente, lembrou que, tal e como xa dixo o anterior presidente da Real Academia Galega, Xosé Manuel Barreiro, e o seu actual dirxiente, Méndez Ferrín, “non houbo aínda nin a primeira medida do Goberno a prol do noso idioma”.
Entre os participantes do acto, ademais de Carlos Callón, estiveron a catedrática de Comunicación Audiovisual e membro da Real Academia Galega, Margarita Ledo; o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao; a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi; o voceiro de Queremos Galego, Fran Rei; ou o humorista Xosé Lois González, O Carrabouxo.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
21:37
2
comments
segunda-feira, 1 de fevereiro de 2010
O novo decreto estará en febreiro e cun reparto ao 50% entre galego e castelán
Segundo explicou nunha entrevista a Europa Press, “se deixará claro” que, mentres non se poida impartir o terzo das materias nun idioma estranxeiro ao que aspira o Goberno galego, haberá “unha repartición igualitaria ao 50% entre galego e castelán de materias e horas semanais”, aparte das materias de lingua. En todo caso, Anxo Lorenzo reafirmouse en que “os principios que están detrás” do modelo proposto “non se van cambiar”, malia recoñecer que “hai críticas practicamente por todo”.
Lorenzo tamén recoñeceu que aínda están analizando “como canalizar” a consulta aos pais para que elixan o idioma no que queren que se impartan as materias aos seus fillos, e que a docencia en inglés será “un proceso gradual, progresivo e incluso voluntario”. Aínda que dixo que no próximo curso escolar xa estará plenamente vixente o novo decreto, falou de aplicar “moratorias” en certas cuestións, como os libros de texto.
“posicións radicais”
Ao seu xuízo, “fóra das posicións máis radicais, que nestes momentos derivaríanse da CIG por unha banda e de Galicia Bilingüe por outra, no resto hai aspectos de crítica construtiva” que están “vendo como atender”.
Pero, con respecto á postura dos grupos políticos di que non hai “ningún tipo de interese” no BNG por pactar “nada que teña que ver coa lingua”, e ve o PSdeG na mesma estratexia “de tentar sacar réditos políticos”. Sobre a postura do PP durante a campaña das autonómicas, e se empregou de forma electoralista esta cuestión, Lorenzo limitouse a dicir: “Prefiro mirar cara ao futuro, o pasado é pasado. Eu non estaba aquí nese momento”.
Tamén xustificou a necesidade de cambiar o decreto actual, aprobado polo bipartito, porque “aspectos da política que hai catro anos pensabamos que se poderían pór en práctica, á vista do debate que se está producindo na sociedade galega, son absolutamente inviables”. Ademais, proclamou que “o galego xa non sobrevive, senón que vive” e advertiu de que “non se pode fiar” a lingua só a ensinanza.
Equipos de Normalización
Pola súa banda, a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) informou onte de que enviou unha carta a Lorenzo na que lle reprocha a “involución manifesta” nesta materia da lingua e reclámalle “a retirada” das bases do decreto do plurilingüismo e “o mantemento” do texto en vigor.
Así mesmo, denuncian a redución de premios e axudas para os ENDL e a “actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo [Roberto Varela, titular de Cultura]”.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
01:11
1
comments
domingo, 31 de janeiro de 2010
O bilingüismo en gales. O impulso lingüístico salva ao galés da extinción, que se daba por segura.
Apenas mil quilómetros en avión separan Galicia e Gales, países que comparten moito: unha poboación similar, 2,8 fronte a 3 millóns; unha paisaxe accidentada e costeiro, e unha lingua propia. Pero en materia de idiomas as similitudes terminan aí. Mentres o galego segue perdendo falantes, o galés experimenta un renacemento que o afasta dunha extinción tida por inevitable desde mediados do século pasado. En 1991 tiña 508.100 falantes, o 18,7% da poboación; no 2001 xa contaba 582.400 e no 2004 alcanzou os 611.000, máis do 20% da poboación.
O punto de inflexión simbolizouno a Acta do Idioma Galés, aprobada polo Parlamento de Londres en 1993, que equiparou esa lingua co inglés nas instancias públicas. No Reino Unido os cambios gustan lentos, e só a finais do ano pasado o Parlamento cedeu as competencias en materia lingüística á Cynulliad Cenedlaethol Cymru, a Asemblea Nacional de Galés, formada en 1998.
O alicerce sobre o que se levanta a recuperación do galés é a educación. Nos setenta púxose en marcha a Mudiad Ysgolion Meithri, Asociación de Garderías Galesas. Hoxe conta con mil centros dedicados a facilitar a inmersión no galés dos menores de cinco anos. En 403 desas garderías permítese que os pais acompañen aos seus fillos á aula, onde tamén aprenden o idioma. O Goberno vasco inspirouse nese modelo para crear a súa rede de ikastolas.
Desde 1990 os nenos de entre 5 e 14 anos, incluídos os chegados doutras zonas do Reino Unido, deben aprender galés nas escolas polo menos como segundo idioma. A obrigatoriedade ampliouse ata os 16 anos en 1999.
Liberdade curricular
O sistema educativo británico concede autonomía aos centros, que contratan directamente ao persoal e adaptan o currículo obrigatorio dentro dunha marxe razoable. Esa liberdade traduciuse nunha tupida rede de inmersión lingüística. O número de centros de educación secundaria que dan máis da metade da materia en galés aumentou de 42 en 1990 a 55 no ano 2008. Nese tempo os alumnos que asisten a elas creceron de 26.058 a 41.916, cerca do 20% do total. Nos restantes 170 centros máis da metade da materia dáse en inglés, aínda que dependendo do centro a lingua vernácula adoita empregarse en máis materias que a súa. En primaria a presenza do galés é aínda maior. En 1990 había 417 escolas con 45.358 alumnos que usaban o galés en máis da metade das materias. Esas cifras aumentaran a 464 centros e 54.895 alumnos, o 23% do total, no 2008. O inglés segue sendo a lingua principal noutros 938 centros.
Segundo a Asemblea da Lingua Galesa, dependente do Goberno, cerca do 41% dos nenos de 5 a 15 anos poden falar galés, un 13% máis que en 1991. A porcentaxe cae ao 37,5% entre os 5 e os 19 anos. A pesar de todo, a porcentaxe de menores de 11 anos cun galés fluído baixa. Os lingüistas atribúeno en parte á chegada de inmigrantes ao norte e o oeste, tradicionais bastións do idioma. O Goberno de coalición entre laboristas e nacionalistas está convencido de que o número de falantes seguirá crecendo.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
21:42
1
comments
segunda-feira, 18 de janeiro de 2010
A RAG resposta.
Análise da Real Academia Galega
das Bases para o decreto do plurilingüismo
no ensino non universitario de Galicia
16 de xaneiro de 2010
O pasado 30.12.2009 a Real Academia Galega recibiu do Goberno Galego o
documento titulado Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non
universitario de Galicia (no sucesivo Bases). Trala correspondente análise e
deliberación esta Institución declara o seguinte:
15. CONCLUSIÓNS FINAIS
15.1. É certo que o actual goberno levou no seu programa electoral a derrogación do Decreto
124/2007 pero nestas Bases non só non se xustifica suficientemente a necesidade xurídica nin
pedagóxica de tal derrogación senón que os puntos fortes do proxecto de Decreto parecen de
legalidade dubidosa; outros artigos introducirían nos Centros malestar, sufrimento ou desorde
e iso é o contrario do que debe perseguir calquera ordenamento xurídico; outros son tan
dificilmente aplicables que previsiblemente impedirían iniciar a implantación deste Decreto
en setembro de 2010; e o 33% de linguas estranxeiras precisará quizais varias lexislaturas. O
camiño debe ser outro. A Real Academia Galega xa pediu no 2002 unha actualización da Lei
de Normalización Lingüística para axeitala ás realidades novas nas que hoxe vive a lingua e
para incorporarlle a doutrina do Tribunal Constitucional posterior a 1983 e mailos
compromisos asinados por España na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias 11 .
Estas Bases póñenlle ao galego un límite no 33%: iso non é o centro de gravidade nin corrixe
a histórica desigualdade co castelán de que fala a Tribunal Constitucional. Polo tanto non
procede darlles o Prace desta Academia.
15.2. A Academia aproba, en cambio, que, sendo Bases, se abra un diálogo franco con
vontade de concordia definitiva, porque a sociedade está cansa da duración das discordias
lingüísticas e de que toda melloría do enfermo pareza perigosa. Tódalas forzas políticas
deberían facer un esforzo de pacificación e construír un diálogo sobre bases que garantan a
plena normalización do galego e a plena competencia oral e escrita ao final de cada ciclo nas
dúas (ou tres) linguas. É cuestión de vontade política. ¿Sobre qué bases concordar? Cando se
perden de vista dúas persoas que camiñaban xuntas, o mellor é sempre volver ao último punto
no que estiveron xuntas. Se se di que o Decreto vixente rompeu o consenso, vólvase ao último
punto no que houbo concordia: a tarde do 21.9.2004 na aprobación unánime do Plan Xeral de
Normalización da Lingua Galega. Non hai razón para ir máis atrás, porque sería renegar
daquel día e daquel histórico consenso.
15.3. Para este consenso, ende ben, Galicia ten unha base moi ampla no feito de que aquí
ninguén está a pensar en prescindir do castelán. Aínda que a historia da implantación do
castelán en Galicia teña páxinas amargas, quen fala galego percibe o castelán como un
valor engadido e non ve problema ningún en que haxa familias que o teñen como lingua
materna e viceversa. Iso non causa disenso na rúa 12 . Do que se trata é de impedir a
11 Por certo, o citado ditame 366/2007 do Consello Consultivo de Galicia faille ao Goberno Galego observacións coincidentes na
súa longa Consideración Cuarta. 12 Unha das cousas máis características da Galicia cordial é a existencia de infinitas conversas bilingües nas que un interlocutor fala
o galego e o outro o castelán, sendo ambos falantes pasivos sen problema.
11.suplantación definitiva. Trátase de que a lingua galega experimente a recuperación que gañou
no uso milenario, no labor cultural e nos Parlamentos. Moita xente e moi heteroxénea percibe
que este perigo existe porque, dende hai un ano, vén recibindo mensaxes de que o galego na
súa recuperación sobrepasou os seus lindeiros e ten que recuar: iso toca unha fibra sensible e
mobiliza masas. É posible que esa non sexa a intención dos mensaxeiros pero
indiscutiblemente emitíronse mensaxes nesa dirección e estas Bases, propoñendo pasar de
polo menos un 50% a un 33%, confirman aquel temor. Moitos falantes que nada teñen que
ver con organización ningunha, pero que aman a lingua galega, levan xa un ano asistindo a
este episodio de tensión crecente coa mesma tristura con que asisten a un incendio forestal
que avanza incontrolado sen que dean chegado os bombeiros. A tensión lingüística é unha
crise de medrío, coma as dos nenos, pero pode non ser inocua para a convivencia que todos
buscamos e o Goberno Galego debe tomar a iniciativa da pacificación. Máis urxente cá
aprobación destas Bases é realizar xestos que rebaixen a tensión e que chamen ao
consenso: un consenso sincero e estable para o que esta Academia suxire como peñor a posta
en marcha da Oferta positiva, a Oferta Informativa e a Cortesía que o Plan Xeral deseñou
somo símbolo do novo clima que propón para as relacións lingüísticas en Galicia (PXNL.
Presentación; 23 13 ).
15.4. A lingua galega ten puntos débiles pero tamén ten puntos fortes. Un destes puntos fortes
é que se percibe como a lingua propia de Galicia, como un elemento de identidade colectiva.
Galicia entende que é precisamente a lingua (e a cultura ou visión do mundo ou maneira de
ser que ten detrás) a que xustifica a autonomía; entende que estradas, hospitais e televisións
tamén se poden planificar e xestionar dende Madrid; pero que aquí hai algo moi específico
que fai máis racional unha xestión autónoma en conexión con Madrid e con Bruxelas e coa
ONU. Esta conciencia de que a Xunta de Galicia se sustenta neste feito diferencial ten
dúas consecuencias: primeira, que a Xunta de Galicia non ostenta en Galicia por delegación
un poder foráneo, senón que é un Goberno galego; e, segunda, que os galegos esperan que o
seu Goberno sexa o primeiro e inequívoco defensor da lingua galega. Por iso se asombra e
mobiliza cando percibe xestos que, polo menos, parecen ir en dirección contraria.
15.5. Cómpre reiterar unha vez máis que sería erróneo encerrar todos os problemas da lingua
no ámbito reducido do ensino, e, aínda máis, do ensino non universitario. A realidade vital
da lingua galega non só é multisectorial; en realidade é circular: as opinións paternas e
maternas sobre a mellor lingua para os fillos dependen do comportamento lingüístico que eles
observan na universidade, na empresa, no comercio, nas notarías, na igrexa, nos cines, nos
medios de comunicación etc.; e todos estes sectores realiméntanse das opinións que observan
nos proxenitores. Por esa razón o Plan de Normalización é Xeral, multisectorial. Na
reactivación do Plan Xeral e na transversalidade da Política Lingüística, que hoxe
parece reducida, está o futuro da pacificación lingüística.
---
13 Modernidade e cortesía son os elementos básicos do novo clima que o PNL propón para as relacións lingüísticas en Galicia. E
estes dous elementos concrétanse nun xesto que debe empezar a marcar o estilo destas relacións: a Oferta positiva, a Oferta
informativa e mais a Cortesía.
Oferta positiva. Consiste na adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a persoa que representa a Administración ou
a empresa, e o cidadán ou o cliente. Fronte ao hoxe habitual (co descoñecido en castelán), quen atende o cliente ou o cidadán inicia
o contacto en lingua galega e mantense nela mentres o interlocutor non amose indicios de que prefire comunicarse noutra lingua. A
Oferta positiva desinhibe o galego do interlocutor, permítelle saír da ocultación, facilita que a conversa poida continuar nesa lingua,
se o cidadán ou o cliente o desexa, e elimina de raíz a barreira rutineira pola que un cliente ou un cidadán lle oculta o seu galego a
todo aquel que aparece revestido de máis poder (administrativo ou comercial) ou autoridade. No caso de relacións administrativas,
implica que todo tipo de formularios, instancias e documentación que teña que cubrir o demandante dun servizo se lle ofrezan de
partida en galego.
Oferta informativa. Consiste en informar da validez, legalidade e mesmo conveniencia de redactar en galego un documento, no
momento de iniciar calquera trámite oficial ou comercial. É a forma que adopta a Oferta positiva no caso dos notarios, avogados e
procuradores e de calquera persoa representante dun poder público. É un dos obxectivos básicos deste PNL.
Cortesía. Tanto a Oferta positiva coma a Oferta informativa son fundamentais para quen actúe no nome da Administración e sería
de desexar que se estendese no mundo comercial máis formalizado, como expresión de cortesía co cidadán ou co cliente e do
respecto que este merece.
12.Estamos lonxe dunha cooficialidade simétrica entre galego e castelán. Pero estaremos aínda
por baixo do que concede a Constitución, mentres a lingua galega non sexa o centro de
gravidade do modelo bilingüe e estea asegurado o respecto e fomento do uso da lingua
propia e cooficial desta Comunidade Autónoma para corrixir positivamente unha
situación histórica de desigualdade co castelán. O obxectivo de reducir o galego ao 33% do
uso escolar non parece ir na dirección que sinala o Tribunal Constitucional. Coma noutras
ocasións, Galicia está perdendo un tempo histórico e esta perda a ninguén beneficia e a todos
empobrece. A Real Academia Galega peta na porta do Goberno e do Parlamento de Galicia,
lugar natural das grandes concordias sociais, para que busquen e tezan con arte e xenerosidade
un consenso unánime e definitivo sobre a lingua, sinal de identidade que xustifica a existencia
da nosa autonomía. Somos unha comunidade aberta e respectuosa pero debemos saber que sen
lingua galega non hai Galicia. É necesario un consenso sobre o respecto dos dereitos que a
todos os cidadáns concede a lei, falemos a lingua que falemos, sobre o compromiso de
liberar a lingua galega das pexas que a constrinxen; e de retirala para sempre da
confrontación política. A lingua é de todos e por iso a concordia é posible. É desexable. É
necesaria.
13
Posted by
Gonzalo Amorin
at
19:48
1
comments
sexta-feira, 15 de janeiro de 2010
Um gram artigo, com valor desde Portugal.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
00:36
2
comments
quarta-feira, 13 de janeiro de 2010
Patético, dramático e ridículo.
O proxecto de decreto contra o galego non hai por onde collelo, simplemente non ten pase. É unha rancia e vil desfeita, tanto dende unha perspectiva legal como de sentido común: así, é lóxico que ao cabo dunha semaniña de nada xa estea plenamente contrarrestado por expertos e xente do común, en masa. Sacáronlle as cores, coma quen di. De aí que unha nova análise particular dificilmente dea en achegar nada novo, pois os puntos do decreto, francamente, non dan máis de si; son perlas para o teatro do absurdo e para de contar. Porén, é certo que cómpre agardar por senllos ditames da Academia e do Consello da Cultura, que deben ser claros e contundentes. Os puntos do infame predecretazo de Feijóo, Vázquez, Lorenzo e compañía de ridículos son exemplos de mesquindade que cun chisquiño de sorte nun futuro serán obxecto de estudo nas facultades deste país e doutros. Gardaranse se cadra no mesmo cartafol dos discursos de Hitler, dos reclamos de liberdade armamentística da Asociación Nacional do Rifle dos Estados Unidos e folio contra folio cos panfletos franquistas que animaban a ser patriota e falar a lingua dos patriotas e a profesar, por certo, a relixión da nación española, que «es y será perpetuamente católica, apostólica, romana, única verdadera». Tal cal figura nesa Constitución de 1812 que Feijóo, o estraño homiño de mediana idade, di admirar profundamente. No canto de seguir polo camiño de lle sacar as vergoñas e incoherencias ao decreto, vexamos que din del os que xa opinaron con argumentos e cabeciña, algo que dende logo escasea na caverna de paxes do señor Yoprotesto, la voz de la calle... pobres esperpentos millanastrayanos. E fagámolo telegraficamente ―mais cunha ligazón ao texto íntegro, pois os xornais dixitais permiten estes e outros malabares (faise premendo nos respectivos números)―, para que a lectura non perda dinamismo:
Posted by
Gonzalo Amorin
at
18:12
2
comments
domingo, 3 de janeiro de 2010
O idealismo mantém-nos vivos
Gostei deste arigo... sem mais, aqui vo-lo deixo. Tam só um comentário: os acomodatícios talvez levem vidas mais farturentas, pero som sem dúvida os idealistas e cús inquietos -de calquera ideologia- os que movem e cambian o mundo. Nom credes?
O sacrificio persoal da galeguidade, por X. A. Pérez Lema
Son recorrentes na escea mediática galega as opinións que acusan a nosa literatura, creación musical, cinema ou artes escénicas de sobrevivir por mor das subvencións. Segundo estas opinións, os nosos escritores, músicos e creadores tentarían construír un espazo que lles garantise determinadas rendas para, deste xeito, non ter que competir no grande mercado español onde serían –disque– irrelevantes.
Non hai tal. O Goberno do Estado mantén un Ministerio de Cultura e un Instituto Cervantes para subvencionar case exclusivamente os produtos literarios e culturais en castelán. Mercedes Peón ou Susana Seivane están inéditas nas canles españolas de TV, mentres que a TVG programou abondo a Manolo Escobar e María del Monte.
Os nosos literatos asumen un durísimo labor alén da propia creación: construír e viabilizar un sistema literario galego. Xa que logo, os nosos creadores asumen un compromiso de País e mancan as vizosas posibilidades de suceso profesional que terían de se instalar no sistema literario español. Cal non sería o de Manuel Rivas, Suso de Toro ou Xavier Alcalá de escribir en castelán? De seguro que Ferrín tería xa acadado o Nobel.
Que dicir da política! Bóveda foi asasinado xudicialmente e Castelao houbo de se exiliar, confiscados os seus bens. Beiras, Camilo Nogueira, Paco Rodríguez, Barreiro ou Mariñas terían desenvolvido, de pertencer ao PP ou PSOE, cómodas carreiras políticas, mesmo ministeriais.
Pola contra, as súas foron carreiras do salmón, contra corrente, sometidos a un acoso ambiental implacábel que mesmo usou do bulo, desprestixio persoal ou acusación falsa para obter os seus obxectivos.
E a persecución é tanto mais renarte canto máis se achega o galeguismo a unha praxe transformadora e viábel. Velaí a recente campaña de derrubo político e linchamento persoal sofrida por Anxo Quintana.
Na empresa temos os exemplos do sacrificio de Peinador, Ricardo G. Pastor ou o xornal Galicia de Paz Andrade. Na Igrexa os de Monseñor Araúxo e o teólogo Torres Queiruga, que en calquera país normal sería bispo.
Pechen os ollos e pensen que sería deste País sen a achega intelectual, cultural, empresarial e política do galeguismo. Unha rexión do Noroeste español triste e empobrecida? De seguro que un ermo cultural e empresarial.
http://www.xornal.com/opinions/2010/01/02/Opinion/sacrificio-persoal-da-galeguidade/2010010222391600174.html
Posted by
O'Chini
at
13:45
1
comments
Labels: arte, Cultura, Língua, literatura, Política
sexta-feira, 25 de dezembro de 2009
O APALPADOR.
O sociólogo do nacionalismo Michael Billig, no seu imprescindível Nacionalismo Banal explicava, vai já para três lustros, que o mundo em que vivemos está marcado ideologicamente polo nacionalismo dos grandes estados. Na formação dos estados-nação modernos Billig fala dum processo metonímico segundo o qual uma parte do mosaico cultural existente no território a nacionalizar passa a ser identificada com o todo nacional; o mecanismo capaz de operar este processo denomina-se “primeira sintaxe de hegemonia” e é observável e analisável empiricamente. Fazer finca-pé nesta ideia seria redundar numa realidade bem conhecida por todos e todas nós –como sabemos e sofremos, no estado-nação espanhol a língua de Castela transformou-se em verdadeira língua nacional espanhola; no estado-nação francês, a língua da burguesia parisiense do s. XVIII derivou em língua nacional francesa. E assim seguido... E não só com as línguas, mas também com as culturas e tradições nacionais–.Porém, a análise de Billig não fica aí, senão que se prolonga até identificar um segundo movimento no mecanismo da sintaxe de hegemonia. Se o primeiro tinha a ver com o processo metonímico acontecido na configuração dos estados-nação modernos, o segundo foca-se na articulação da relação entre esses estados-nação. E esta é uma relação marcada polo domínio EUA, claro. Billig analisa os discursos da “nova ordem mundial”, iniciados com Bush pai no início da década dos 1990 e re-produzidos sem descanso, e cada vez com maior intensidade, até hoje mesmo. Não só polos governantes EUA –Obama incluído–, mas interiorizados e espalhados polos líderes do sistema-mundo de estados-nação. Ula metonímia neste segundo movimento? Se no começo uma parte da território a nacionalizar (auto)atribui-se o direito de falar polo todo nacional, agora é uma nação –os EUA– quem fala polo conjunto dos estados-nação existentes, apelando à universalidade. Assim, os EUA apresentam-se não só como patrão moral e de conduta, senão também como democracia exemplar, a imitar por qualquer estado-nação com aspirações de reconhecimento na comunidade internacional; e isto continua a ser assim após todos os Guantánamos e escândalos imagináveis e por imaginar. Um papel que há anos pôde jogar França e depois, quiçá, Inglaterra, e que no futuro jogará também provavelmente China, India e –aviso para navegantes– Brasil. Recorrendo discursivamente ao bem universal, defendem-se realmente os interesses particulares dos EUA. Velai o segundo movimento na sintaxe de hegemonia, da que a monumental trapalhada discursiva com a que se “vendeu” a guerra do Iraque constitui um exemplo perfeito.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
23:14
0
comments
MAIS APALPADOR.
Esta figura mítica da tradiçom do Natal galego está com certeza relacionada com figuras semelhantes, sobreviventes noutros locais da cornija Cantábrica, como o “Esteru” cántabro ou o “Olentzero” basco, razom que dá para suspeitar tratar-se dumha figura de origem comum que tivo umha extensom bem maior no passado, tendo ficado relegada posteriormente — como tantas outras cousas — aos redutos mais afastados e inacessíveis da nossa geografia.Hoje, por fortuna, o Apalpador torna a visitar todas as casas de todos os nenos e nenas onde é chamado.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
22:53
5
comments
Labels: Cultura
