Iste Post é máis para un blog persoal que un compartido, pero contareino algo diluido.
A movida e que o pasado xoves, George, o meu compañeiro de piso convidoume a ir á súa festa de cumpreanos que ía facer o venres. Dixo que faría unha botellona nun parque perto da praza de touros das “Ventas”, cunha pandilla que ten de gamberretes. A min deume cousa … pero apunteime.
A noite do xoves soñei que estaba na festa rodeado de porreiros e rapazas “Chonis”.
Lémbrome que había unha meniña morena e delgadiña que miraba moito pra min.
Eu non lle din importancia, miraría por casualidade, non tiñamos nada que ver un có outro. Os “gamberretes” encargáronme ir buscar xelo ó bar máis perto. Ela apuntouse pra ir conmigo. Fumos camiñando a escuras polo parque e notei unha química moi forte no ambiente, unha atracción mutua e profunda. Nos sentamos nun banco e falamos de todo coma cando duas medias laranxas se coñecen… moi lindo... pero xusto ahí despertei, eso si, cun soriso de orella a orella pero… foi un sono.
Chegou o día da festa i eu desexaba que estivera a piva do sono alí… pero o chegar ó parque eran todo maromos. Non paraban de berrar e falar sobre o Atletic, uns fumaban porro tras porro e outros chupaban o dedo con MDMA.
Ó final da noite collimos uns taxis e fumos ó centro a buscar uns After-Hours.
Entramos no “13” (zona Opera) After singular pois non hai música, dante uns cascos na entrada e todos escoitan o mesmo. E gracioso sacalos e observar á xente bailando no silencio. Escoitábamos música house a todo volumen. Na parte de atrás había un piano medio roto. Como estaba escarallado souben que non pasaba nada por fozar nel, así que senteime, saquei o casco da orella dereita para escoitalo e comencei a tocar de xeito endemoniado a melodía House que estaba a escoitar todo o mundo.
De súpeto alguén sentouse a miña esquerda i… era ela!! A do sono!! Tiña os ollos máis grandes. Eu non daba crédito. Os dou sorrimos coma se nos recoñecéramos. Comenzou a falarme e a preguntarme sobre o piano e como é posible que pudiera tocar a melodía dos cascos, falamos e falamos, tiña unha amiga lesbiana por alí, a tipa era gorda có pelo curto e cara de mala hostia, levaba unha camiseta que poñía “Aquí mando yo!” que medo!... eu tratei de evitala.
Bueno e falamos e falamos e collimos o metro e parecíamos tontos, non podíamos deixar de mirar o un para o outro. Fun a súa casa, ensinoume a súa colección de CD’s e bailamos mambo coma nutrias marinas toda a noite. Sempre escoitei que é mellor facelo en casa delas por que teñen a neveira chea, é certo pois á mañanciña, despedinme i ela deume un queixo e unhas morcillas XD .
E bueno, eiquí remata a historia, que cousas, a partir de hoxe estarei máis atento, e a ver se sono que me toca a lotería!! :)
domingo, 7 de setembro de 2008
Sonhos e Realidades
Posted by Anônimo at 16:38
Labels: as nossas cousas
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
7 Comments:
Que cousa! Ás veces é surprendente ver como aquilo que ansiamos se fai realidade. Eu nom penso que fose nada sobrenatural nem extranho. Ti, Sr. Oscar, desexava-lo, sonhaches-lo, e logo, polo azar que fose, aconteceu. Suponho que ela nom seria cuspidinha à do sonho, pero seria a que entrava nos teus cánones de beleça, isto é, das tuas apecíveis. Alédo-me por ti. Essas cousas quando passam fan-nos sentir bem felices...nom? hehehe!!! Parabéns. Por certo, sem ánimo de tocar os colhóns, em galego disse "sonho", o sono é só o acto físico de durmir. Riqueças que tem a nossa precissa língua. Cuide-se!!!!
Grazas pola corrección Gonçalo!, isto de non ter con quen falar galego en Madrid fai que cometa erros e burradas!,Bueno, pois iso, a vida he unha festa!!
Sorprendente historia Oscar!! Nom deixes de escreve-las que por aqui somos lectores avidos e asiduos!!!!
Eu estou com Gon e com Scully, ainda que nom deixo de me marabilhar, como Mulder!
O nosso cerebro superior, ( o que esta na cabeza ;)) tamem tem vida propria. Parece ser que e capaz de guardar informacom de jeito autonomo e sem pedir permiso a consciencia. Logo usa-a e libera-a nos sonhos. Ou estando espertos em forma de inspiracom. Ou ideias.... Como um outro ego que vive dentro de nos e as vezes nos mete medos, ou nos da pistas sobre algo que viu e analisou....
PD1: que bom o da neveira!
PD2: que bonito e o mambo bem bailado!! Horl horl!!
Pois o queixo está de puta madre, pero eu quédome co de "tetilla" ;)
Mmmm! Que interesante!! Historia de curta, eh? Puxeronseme os dentes longos... tenho xa ganhas de durmir e sonhar, e que todo poida cumprirse. Dame igual se foi fantastico ou ten unha explicacion psicoloxica, a maxia e iso!
Ai, en Madrid todo e posible!! Que interesantes festas e menudas personaxes se topan por ai! Quero ir a esa sala con cascos! Por certo, a zona de Ventas e zona de cancaneo de gays.
Suponho que ti gustas moito disa cidade, a min encantame!
Aperta e que siga igual de ben!
Tampouco é para tanto! Esta situación sempre acontece entre 4 e 8 horas despois de tomar a pílula azul.
De todos os xeitos, o código debía ter algún pequeno erro ou inestabilidade, pois a moza tiña que ser loira e vestir un curto e axustado vestido vermello...Falarei con Smith para que se encargue do asunto. Estas fendas no sistema poden ser a fonte de futuros e indesexables problemas de seguridade na produción e mesmo orixinar a consciencia das unidades.
XD que bo Uxío, pois cecáis fose un erro do sistema, certo. O malo de Madrid son os Madrileños, pero é unha cidade onde poderías vivir 200 anos que sempre pasan cousas dispares, hai pouco un amigo quedou por internet cun Clube de "seducción" eu fun con él a ver que carallo era iso e o clube era un grupo de Frikis que se adicaban a entrarlle a todas as tías que pasaban pola rúa,. cada vez que conseguían un teléfono chocaban as mans e berraban coma cando no baloncesto meten un triple XD
Post a Comment