sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Rosa Díez: "Non nos interesa a identidade dos galegos"

Si, si ,si....umha identidade imposta polos fanáticos integristas....

A última vez que estivem em Galiza, todo o mundo levava burkas, mandava aos seus filhos a estudar esa nova clase de madrasas chamadas galescoas (ganháns, caralho!), todos os rótulos estavam em galego, TV só em galego, nem um jornal em espanhol, se che oiam umha palavra em castelhano um pailano-talibam che cortava as mans. Nim falar tenho dos avogados, juices etc, todo em galego. Que morrinha me dá o idioma de Cervantes, em LaCurunha, El Firrol, El Vigo, La Compuestela y en el PuenteVedra já apenas se escoita. Dior mior, que horror, que desfeita fixo o BNG em só dous anos. Hai um ambiente irrespiravel. Todo o mundo sabe que o galego é umha merda pinchada num pau inventada por uns indivious com palestinas e pelo ghichoso, que inventam palavros para comfundir ao pueblo gallego. O castellano está a punto de DESAPARECER el LA GALICIA!!! Sancho Panza! Acercadme la lanza, que alla voy!!!!!!!

Gracias a Deus que venhem os cidadáns democráticos, nada fascistas, e super-chachi-culturalistas a nos liberar de tanta opressom integrista. HAGASE LA LUZ e mala chispa confunda aos identitários (galegos, claro, nom aos espanhois, isso nom é nacionalismo, isso é ser normal, é ser tolerante)

http://www.vieiros.com/nova/68824/rosa-diez-non-nos-interesa-a-identidade-dos-galegos
-------------------------


Rosa Díez: "Non nos interesa a identidade dos galegos"

A presidenta de Unión, Progreso y Democracia asegura que o seu partido impedirá que o BNG acabe gobernando en Galiza.

O obxectivo que se marca UPyD para os vindeiros comicios electorais é impedir que o BNG sexa determinante no goberno. Rosa Díez fixo estas declaracións en Santiago de Compostela, onde confirmou a intención da súa formación de presentarse ás eleccións parlamentarias.

"Non nos interesa a identidade dos galegos, como tampouco aos galegos lles importa esa identidade", dixo a presidenta de UPyD, quen se amosou preocupada pola situación que se vive en Galiza. Na súa opinión actualmente estamos nunha situación de "regresión" porque o goberno está máis preocupado pola identidade que polo progreso. En concreto tivo palabras para o nacionalismo galego, fronte ao que contrapuxo a súa formación que "defende o Estado", e tamén para os demais partidos galegos, "influídos por ese galeguismo que non interesa a ninguén".

Entre os problemas de Galiza aos que é necesario atopar solución citou o fracaso escolar de un de cada tres estudantes, as dificultades para estudar en castelán ou as fronteiras que se levantan pola cuestión lingüística. Díez defendeu, así, a necesidade de garantir que os pais escollan a lingua para educar os seus fillos e acusou as políticas de normalización lingüística de pretender excluír o castelán do espazo público.

1 Comment:

Gonzalo Amorin said...

Mala chispa a coma!!!!!!!!!!!! Me cago na f....de p.... essa!! Puto noxo me dam!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!