Hola, a todos, todas, xa paso de poñer comentarios, e resumir todo nun post, hehe:
Dende logo Poldiño que vidorra te levas aló en Brasil, que envexa (sana). Estou un pouco con Gonzalo de que os teus post teñen unha narracion moi peculiar e enrevesada, será cousa da deformación profesional, hehe. Terei que botarlle un ollo a esa peli que contas, ten moi boa pinta, ten estetica tipo blade runner?
Falando de cine xa aproveito para informaros de que a peli aqui mencionada "Pradolongo" vai a recibir o cuarto premio "Ciudad de San sebastian film comission" en recoñecemento ao reflexo dos valores paisaxísticos, culturais e sociais da comarca de Valdeorras, onde foi rodada. Cada vez picame mais a curiosidade por vela, porque o trailer parecíame tan soso, inda que xa sei que un non se pode fiar dos trailers haha.
Outra cousa interesante e que Santiago de compostela acollerá no 2010 un dos congresos de literatura infantil máis importantes do mundo: o congreso internacional de IBBY (International Board on Books for Young People) onde se da o premio máis prestixioso de literatura infantil e xuvenil equivalente ao premio Nobel, o premio "Hans christian Andersen". Este premio concedese a un escritor e a un ilustrador polo conxunto da súa carreira. Como referencia, unha das primeiras escritoras en recibilo foi Astrid lindgren (pipi calzaslargas) ou Günter Grass(premio nobel de literatura) que sorprendentemente levou o premio andersen no 2005 como ilustrador! (Non entendo moi ben isto, porque inda que as ilustracions que fixo para un libro de andersen estan ben, este premio suponse que é para toda unha carreira, para unha contribucion duradeira á literatura infantil e xuvenil, e non para unha obra concreta... ???)
Premios aparte, o congreso tratará ese ano dun tema moi interesante "A forza das minorías" que se enfocara dende diferentes ángulos:a literatura infantil e xuvenil como unha minoría no conxunto da literatura;a situacion das LIX en linguas minoritarias e minorizadas e a súa contribución á normalización desas linguas ;os lectores con minusvalías e necesidades especiais; o acesso á literatura polos nenos sen infancia; a problemática do xénero na LIX e os valores de pluralidade e tolerancia na literatura. En fin que ao que lle interese xa sabe.
E cambiando de tema, atentos señores físicos!!! un señor famoso e importante no mundo científico como Stephen hawking vai a dar unha conferencia o venres 26 de setembro presentando o seu ultimo libro. Tamén recibirÁ I premio fonseca o sábado.Ainda que seguro que xa o sabiades, non se vos escapa unha! Cando lle comentei isto fai tempo a Diego, acordeime de que lle regalara varios libros de Stephen (para los amigos) e que podería ir alí e que lle botase uns bos autógrafos hahahaha! Decateime pronto que o pobre o único que lle podería botar son uns bos escupitajos, a non ser que na sua super silla computerizada teña unha máquina para estampar firmas. Preguntome como será unha conferencia dada por este home? Será lenta? alguen fala por el e o tipo está so de corpo presente? haberá preguntas finais que terán contestacions que se demorarán eternamente?
Bueno, pois iso e todo de novas por hoxe raparigos. Unha aperta.
PD: por moito que me concentre non consigo ver a bailarina danzando do revés, inda que se me poño cabeza abaixo...
quinta-feira, 18 de setembro de 2008
Cousas varias: cine, literatura e física...
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Mi madrinha Martita! Menuda fedelha! Isto é o que se di um furancám de ideas...hehehehe!!! Probe Stephem...um "escupitajo"...manda truco!!
Por certo, em galego escreve-se Ola ou Olá, sem h. Nom te enfurrunhes Martita, é que já cho vim umhas poucas vezes e assim de passo metia-me um pouco contigo. hehehe!!
Sí, non me enfurruño! Xa me din conta fai tempo, inda empecei a incorporar ese Ola recentemente, pero a veces escapaseme o outro...Sempre foi así Ola sen H?
Pois nom cho sei! Em galego de verdade sempre foi sem H, no de mintira...como fluctua tanto!! hehehehe!!
Si que tes excitadas as neuronas. A miña perde o tempo pensando no que ten que facer e non fai, pero non está pola labor de culturizarse. Comformome con tratar de faer algo de deporte... a ver si o "corpore sano" tira algo da neurona. Ghonzalo molouche a foto!!. Nin posando sairias mellor.
Post a Comment