Bueno, o melhor quere escrever alguem pero non me poido conter!!!!!
- Vou. Dixem. Pero de onde raios sacou você esse coitado coelhinho?
- O destiño, non hai dúvida!.
O coello estaba algo queimado, a cociña nunca fora a especialidade de D. Anselmo.
- Pensei que morreras, ya sabes, os Monteira...
- ...Furada (interrumpiu). Iso é auga pasada. (dun mordisco meteu no papo media perna de coello)
- Pero... quedaches soio, con eses depravados, como te salvaches?
- D. Aquilino.
- D. Aquilino?
- Si, o Boticario, lémbraste del?.
- Si, pero, que facía no cemiterio a esas horas da noite?
- Pois seica a muller lle enfermou(dixo falando ca boca chea), xa sabes, levaba anos sen sair da casa, tíñalle medo a xente, iso non é bó para o corpo, Aquilino fíxolle unha mediciña para calmarlle a dor pero trabucouse ca dose e bueno...que desgracia. O pobre home, por medo a rematalos seus días no calabozo, envolveuna nunha alfombra e levóuna no cabaló pola noite até o cemiterio para metela no panteón familiar. A xente non a botaría en falta, de feito xa se olvidaran dela.
- Pobre home, e vaia susto deveu levar!
- O susto o levaron os Monteira Furada, vérono sair do panteón e creeron ver un morto. Eu non comprendía por que fuxían até que din media volta. Vin a silueta de Don Aquilino saindo do panteón cos brazos en alto e chorando dunha maneira pantasmagórica. Coñecino de seguido pola súa coxeira, xa sabes, naceu cunha perna máis pequena ca outra.
-Si, ten un camiñar ben gracioso.
Anselmo tirou os osos relamidos do coello ás brasas da foguera, e clavóume a mirada.
- Xacobe...
- Si?
- Atoparemos a Giana.
Fin do primeiro capítulo.
Bueno, penso que a historia precisa de estructura, cecáis poida seguir noutra linea de tempo ou noutro escenario ou eu que sei!! :)
segunda-feira, 29 de setembro de 2008
CADAVER EXQUISITO V
Posted by Anônimo at 23:42
Labels: Cadaver Exquisito
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
0 Comments:
Post a Comment