Que medo dan as partícolas e os partícolos! Pero a culpa non é delas, que fan o que lles mandan, as pobriñas!
Seguro que os científicos tolos e endiañados (en diante "os científicolos"), como anceian dominar o mundo mundial, logo de premer o botón de acender amezaran ao Pentágono con que se non lles dan o que desexan non premerán o botón de parar, pero claro, a Casa Branca non negocia con terroristas, así que para salvar a humanidade e aos que viven fóra dos EEUU, enviarán ao Comando G, John Wayne, Van Damme, Steven Seagal, Rambo, aos cazapantasmas e a Gloria Stefan. Xa temos festa con foghetes!
E digo eu, non sería máis doado cortarlles a luz e a auga a eses científicolos?
terça-feira, 2 de setembro de 2008
A fin do mundo por culpa das partícolas dos científicolos!!!
Posted by Oishu at 14:57
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Je, je,podes botarlle un vistazo ao post que puxo chini fai uns meses acerca do mesmo temiña da fin do mundo, en concreto no mes de abril! Saudos...
He he..:)
Acabo de chegar dumha reuniom de cientifícolos para discutir como vam os trabalhos para exclavitude dos humanos.
Em caso de que os micro-buratos negros nom funcionem, atacaremos lançando alicates e tornilhos, e incluso algum livro de física cuántica.
Entre as novas medidas para a nova orde mundial estam a supresiom de todos os programas da TV excepto os documentais. O novo look obrigatorio sera de gafas de pasta com esparadrapo no medio, boligrafos de tres cores no peto da camisa (a cuadros) e umha calculadora cientifícola com fórmulas e raias raras.
O novo humor mundial estará baseado em chistes matemáticos, como "qué é um oso polar? Pois um oso rectangular depois dum cámbio de coordenadas. Hahahahah!!"
Sabíao, sabíao!
Sabía que había unha conspiración mundial!!! Era certo o que me dixo aquel homiño verde que atopei unha noite no medio da estrada a carón do seu vehículo cheo de luces escintilantes de moitas cores.
Agora tócame a ducha fría, a psicoterapia e a medicación; logo sigo contándovos o que me dixo o homiño verde de ollos saltóns
:-p
Verdadeiramente...eu....que queredes que vos diga. Estades malucos, pa!
O home verde ese era um ghuardia sivil, e as luzes de cores, as do coche patrulha. O que tem o licor café, que nom perdoa nem a super-herois.
Pois o 10 de septremmendo, tremamos todos, enchufam o acelerador? Horl!
Venha, umha aposta, se se acaba o mundo, pago-vos umhas canhas, e se nom se acaba, pagadesmas vós!!!
Aqui vos deixo como vai ser a fim do mundo...
Video do dia do fim do mundo
Mola o detalhe das chaves do acelerador...hoho...como se fosse um carro....
Post a Comment