domingo, 28 de setembro de 2008

cadaver III

Eu vou seguir escarallando esta historia, hahaha, xa empeza a parecerse un pouco a frankenstein con eses estilos narrativos tan distintos!! (pola miña parte chea de castelanismos, tamén)

Pero, ¿que diantres facía el aquí?
Quíxenme erguer de inmediato, pero os 100 kilos do profesor Anselmo aplastábanme o tórax. A súa cara rechoncha estaba a escasos centímetros da miña e o seu alento fedorento abafábame e facíame desmaiar. Era un misterio a dieta que seguía o profesor, pero era como se comese caracois podridos tódolos días. Os seus ollos cravaronse nos meus e centellearon cun brillo especial, case obsceno. A comisura dos seus beizos comezaban a esbozar un húmido sorriso. Unha sensación de arrepío erizou os pelos máis diminutos do meu corpo. Agarreino polos hombros e cunha forza titánica, case sobrehumana, lanceino polos aires a sete metros de distancia.

-¡Axiña! Hai que liscar de aquí.
O profesor , sacudiuse a gabardina e un pouco desconcertado subiuse ao fiat bravo. Antes de que tivese tempo de pechar a porta pisei ben a fondo o acelerador.
-Agarrese ben o peluquín, profesor!

1 Comment:

Anônimo said...

Hei, isto comeza a molar, a verdade e que góstame a descripición que fixeche de D. Anselmo, sobre todo o do peluquín!!!! :)