Hei Gonçalo! si que comeza forte a historia! que ben escrita! dame a sensación de que precisa un flash-back para comprender como e porqué chegou ese home ata ahí pero non me atrevo... así que aportarei algo a iste intre se tensión. (correxíde os erros e castelanismos, ok?)
Un lóstrego iluminou o cuarto e nese intre a sombra semellou pálida coma un esquelete. A porta pechóuse dun golpe, e sentín un tremor por todo o corpo coma se pasara a mesma morte diante dos meus ollos. A fora zoaba o vento e batía as contras das xanelas mentres as árbores do xardín revirávanse endemoniadas enchendo de follas o pazo. Unha vez máis non fixera caso do mestre Anselmo, quen xa me advirtira que cas cousas do outro mundo nunca hai que traballar soio.
O mellor era liscar e canto antes. Din media volta, e comencei a correr polos pasillos, o chan de madeira carcomida parecía querer derrubarse baixo os meus pes, o pazo era un auténtico laberinto, xa non me lembraba da saida, atravesei a cociña e un lóstrego partiu os cristais das xanelas convertíndoos en pequenos anacos resvaladizos e centelleantes. Estaba perto, non había dúvida, xa escoitába o tembleque do motor do meu coche que deixara aceso por se había que fuxir. Adentreime noutro pasillo que estaba cheio de portas batentes polo vento, no fondo albiscávase o que puidera ser a saida. Somentes tiña que votar unha última carreira e deixar atrás esas portas endemoniadas. Co corazón nun puño collín forzas e comencei a correr. As portas batían más e máis forte e cada vez veía máis perto a saida, de súpeto a silueta dun home interpúxose no meu camiño e ca velocidade que levaba xa era tarde para non turrar con él. A colisión foi boa, fumos dando rolos polo chan partindo a porta da saida e caendo escaleiras abaixo até quedar os dous mallados xusto diante do meu coche. Era D. Anselmo!
Bueno... espero que non jodera o conto XD XD
D. Anselmo e un mestre que sabe de todo e góstalle facer de investigador, forense, medium e sobre todo axudar ó protagonista, ah! i está meio tolo. Pode ser un bo recurso!.
sábado, 27 de setembro de 2008
CADAVER EXQUISITO II
Posted by Anônimo at 16:57
Labels: Cadaver Exquisito
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Pois nom está mal, si senhor! Vejo que a cousa começa bem. A ver quantos de nós se animam. Noraboa Oscar! A seguir dando-lhe á caneta!
Hahaha, Oscar eu debin de ler a tua continuación cando inda estaba recén saida do forno e sen correccions. De feito non ocupaba tanto e o profesor chamabase Pardiñas hahaha. Creo que prefiro a Anselmo. Apertas
Post a Comment