segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010

Xulgan unha estadounidense por vender "gatiños góticos" con 'piercings'.

Em Vieiros.





A acusación argumenta que "producía dor nos animais co fin de gañar cartos". A defensa alega que "non actuaba de mala fe".

Unha estadounidense do estado de Pennsylvania está a ser xulgada, acusada de "crueldade animal". Holly Crawford, de 35 anos de idade e peiteadora canina de profesión, foi detida na súa casa en decembro de 2008 logo de que a Sociedade para a Prevención da Crueldade Animal (SPCA) fose alertada de que a muller estaba a vender pola internet michos con piercings en orellas e pescozo. A SPCA, que atopou tres gatiños de poucos meses e un exemplar adulto, comprobou que a muller anunciaba os animais nunha web como "gatiños góticos, de cor negra intensa, sen rabo e con piercings", e cobraba por eles arredor de 400 dólares (actualmente, uns 285 euros). No xuízo, que comezou este martes, a acusación argumenta que a acusada producía dor nos animais co fin de gañar cartos, mentres que a defensa alega que "non actuaba de mala fe". A propia Crawford sinalou que usara agullas esterilizadas e que se asegurara de que as feridas cicatrizaban axeitadamente.

3 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Coitados michos!! Pero estam tam chuscos! Disso nada! Coitadinhos!!

O'Chini said...

Aos cães cortam-lhe o rabo e mailas orelhas e a SPCA nom di nada!! Ainda mais, tenho visto cães com o pelo cortado dum jeito ridiculo, quedando ferido para sempre o orgulho do cam!!! SPCA vendidos!!! O SPCA e um sindicato aos serviços políticos dos FGR e o seu lider Zigg!!!

Marta said...

Hai xente taladradiña ..pero se os gatiños non poden levantar a cabeza co peso das fourellas, ay mimá...pobriños...