sábado, 27 de fevereiro de 2010

That day was a good day

Un día coma hoxe, concretamente o 27 de Febreiro do 2006, a miña vida daría unha "reviravolta" que me levaría ó outro lado do Atlántico. A pesares de estar lonxe da minha terra,familia, amigos...foi unha experiencia da que nunca me esquecerei e que me trae gratos recordos en cada momento.
Aquí deixo unha "pequena homenaxe" a esa cidade de contrastes; de praias de agua doce vixiadas por maxestuosos arrañaceos, de cafés de Starbucks, de grandes nevadas no inverno e unha sofocante calor no verán, de paseos en bicicleta entre os arrañeceos e as praias, de barbacoas ó atardecer cos amigos, de compras pola Av State e Belmont, de espectaculares musicais como "Wicked",de saídas nocturnas polo barrio Gay e polo estadio dos Cups,de infinitas viaxes polo Loop no tren elevado, de longos partidos de volley en North Beach, de chicken wings picantes na Hancock Tower, de concertos de música clásica no impresionante Millenium Park, perto da "Faba", de cuadas patinando sobre xeo no barrio da universidade, Hyde Park,de paseos en barco polo lago Michigan, da xuventude vibrando con Obama...



Ós que estivechedes por alí de visita, xa sabedes do que falo ;).
Por certo, este video foi feito na Av Michigan, para despedirse da popularísima Oprah Winfrey.

6 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Entom que Maria! Achas de menos aquilo, eh? Eu tamém guardo umha grata lembrança da minha estança ali com vós. Um bico.

O'Chini said...

shnif, shnif...

E tamem hai que lembrar a comida-lijo, a hora e quarto de trajecto ao trabalho (e outra á volta!!!), o frio polar, a neve de 10 dias que nom é branca senom gris-merda, as 16 horas de viagem para ver a família, a mala óstia dos conductores de autobus, as noticias quase diarias de tiroteios...

Hehe...nom ho!! Estou por tocar os colhons...eu tamem o boto de menos um pouquinho. Témo-las passado boas Maria e eu!. É umha cidade caralhuda para botar um tempinho, sem dúvida!! Sobre todo o verám, espectacular em verdade. Eu ás cousas positivas engadiria o espíritu aberto e emprendedor da gente, sem medo.

Ei Gon, logo pasache-lo bem, nom si!? Hehe...mira que me fixo graça que te chamasse a atençom o tamanho do papel higiénico!!! Ei! E lembras quando estavamos ceando um dia no típico garito americano de mesas fixas e asentos de sky e vimos passar umha processom bem larga de ciclistas em bolas???? hahaha...que surrealista fóra!!!

crisbodelon said...

Ai a nostalxia, morriña do pasado! É curioso o paradóxico do ser humano!
Ás veces un ten ansiedade por rematar unha época, por acadar un obxetivo, por estar nun lugar, ou con unha persoa, pero cando logra o que quere, dase de conta que aquela época de transición non tiña estado tan mal, e que foi productiva e interesante, e incluso a extrana!
Eu xa che dicía, Mari, desfruta do momento que xa o botarás en falta, hehe!
É estupendo que o sabor de boca que deixara sexa bo, que imprimise unha pegada, porque no fondo a vida consiste nun conxunto de experiencias, non hai máis!
E de todo isto pódese extraer que hai que vivir o presente sen ansiedade, desfrutar do percorrido sexa cal sexa a meta.
Forte aperta ós dous e a desfrutar xuntos desta nova aventura!

O'Pablo said...

eiii que aquí o melancólico sempre resulto ser eu.A verdá e que sí tantos chicles yankies como traías, e agora solo entran na casa follas de bacallau portugués....:)

O'Chini said...

heheheheheh!!!!! Os chicles davam.lhe um cheiro agradável á maleta...em cámbio o bacalhau.... E toalhas nom levamos porque é mentira que estejam mais baratas!!! hehehehehehe....

PD: Nho!!!!! Cris!!!!! La Aparesida!!! Apareses e desapareses como o Ghuadiana!!! A ver quando te das um garbeo por Lisboa, mulher, que Maria e eu te botamos de menos!!!

Maria said...

Grazas Gon! pero xa sabes, tes que repetir...pero esta vez aquí, en Lisboa, que tamén se vive moi ben.A ver cando te animas!!!!
Hei Cris!! que ben saber de ti!concordo co que dis ( e que sempre mo repetías cando nos atopabamos;)Espero que algún día nos veñas a facer unha visitiña, que dende Madrid logo chegas oh!!
He,he,he...Pabliño...non te preocupes, que de seguro que aquí atopo chicles con sabor a bacallau da Noruega que é o mellor!!
Bicos a Tod@s!!