Cecáis iste comentario é un pouco amariconado pero ahí vai.
Onte vin unha película ben distinta ó que estou afeito a ver.
Non é unha película de acción nin un tostón romántico.
Tampouco é a típica película de guión Friki que inevitablemente un ten que facer mención.
É unha película cunha historia inusual, moi dura e sensible que dalgunha maneira faina especial.
Imaxinádevos que vosos pais vos tiveron de forma artificial para curar mediante doaciós de médula ósea unha enfermidade terminal dun irmao, e que cando xa tédes dez anos estádes hasta o carallo de doarlle de todo como se fórades unha casa de recambios. Anne demanda ós páis para proclamarse legalmente dona do seu corpo i evitar así unha nova doación, a máis arriscada e devastadora: un ril. Anne sabe que a súa irmá sen ese ril morrerá pero a súa vida tamén conta. Toda a peli se balancea nesta vertixinosa decisión.
Gustoume moito a linguaxe visual "femenina" do director Nick Cassavetes, (que tamén fixo "El Diario de Noa") eu penso que as súas películas están orientadas para mulleres, pola súa forma de contar a historia, os seus personaxes masculinos (sensibles, comprometidos e secundarios), a iluminación onírica que reflexa un mundo idealizado (atardeceres super laranxas, luces moi suaves e con aire morriñento...) e bueno, esa sensación de que o motor que move a historia son impulsos irracionáis do corazón.
En fin, completamente recomendable.
Déixovos que teño que frega-la cociña...
2 Comments:
Otrás Pedrim...
Menudo dilemom! E como te deves sentir se sabes que naciches (em parte) para servir de casa de recámbios...
Haverá que ve-la!
Em calquera casso, o dia de manhã isto já nom será rpblema porque seguro que podemos crecer na casa arbores modificados que dem organos...
Um pessegueiro que dé riles, um cocotero que dé cerebros, um platanero....:P
Vaia Oscar!! Como deixaches abroiar o teu lado feminino... hala!! A limpar a cozinha!!! hehehe!!! Agora em sério, haverá que ve-la, quando menos plantexa um guióm diferente.
Post a Comment