terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

Assasinatos que nom som dignos de ser titular

Isto é incrível...e eu que ia ponher um video sobre Chávez e aquilo de "expropiese", que francamente me decepcionou... já volvim mudar de opiniom...a pesar de ser um paiasso mediático e déspota... Sobre aquilo encheram os telediarios, sobre isto....nom tem importancia...!? Puta hipocresia... pu-ta hi-po-cre-si-a.... Fará falta um Evo ou um Chávez em Guatemala para que o seu pais seja titular!?



Novo asasinato en Guatemala dun activista contrario a Unión Fenosa

O sangue volveu correr este martes en Guatemala. Octavio Roblero, dirixente do Frente de Resistencia en Defensa de los Recursos Naturales y Derechos de los Pueblos (FRENA) e líder da loita contra Unión Fenosa-Gas Natural no Municipio de Malacatán (San Marcos) foi asasinado por varios descoñecidos que, desde un vehículo, o cribaron fronte ao seu negocio.

O nome de Roblero figuraba na lista de persoas que, por estar baixo ameaza de morte, interpuxeron un recurso de exhibición persoal, entregado á Presidencia da Corte Suprema de Xustiza de Guatemala, o pasado 20 de xaneiro, como unha medida de protección.

Unha semana antes tamén era asasinada a tiros Evelinda Ramírez, presidenta do Comité do FRENA, cando regresaba da capital do país xunto con tres compañeiros dirixentes. Non era nin a primeira vítima nin, tal e como se confirmou esta semana, sería a última.

Antes que Ramírez e Roblero foi a vida de Víctor Gálvez, outro activista de Malacatán, a que levaron por diante. Precisamente, o grupo de Evelinda Ramírez viña de se reunir durante dous días con diferentes autoridades do Goberno para reclamar o esclarecemento do seu asasinato, a suspensión do estado de sitio decretado en San Marcos e a expulsión de Unión Fenosa do país.

Irregularidades de Unión Fenosa
Fenosa, agora integrada en Gas Natural, está denunciada entre outras cousas por atentar contra os dereitos humanos. O pasado 30 de novembro, máis de medio cento de organizacións e movementos sociais, partidos políticos e sindicatos enviaron unha carta ao presidente do goberno español, ao catalán e aos directivos de Gas Natural, La Caixa e Repsol exixindo responsabilidades.

As irregularidades non fican aí. A Corte de Constitucionalidad guatemalteca determinou en novembro de 2004 que a empresa, a través da súa filial DEOCSA, estaba a realizar cobros indebidos mediante un imposto ilegal, e que debía devolver aos usuarios os importes cobrados, que ascenden a perto de 200 millóns de euros. Porén, a día de hoxe, a empresa española segue a recadar fraudulentamente ese diñeiro.

Ademais, cuestiónase a adquisición irregular da empresa pública de distribución eléctrica por parte de Unión Fenosa. "Desde que en 1998 o Estado privatizou a distribución da enerxía eléctrica entregándollela ás empresas transnacionais españolas Unión Fenosa e Iberdrola, o servizo de electricidade tornouse nun problema que pesa sobre as costas do pobo", sostén o FRENA.

Lonxe de ceder na súa postura -e sen ninguén que lle faga cumprir a lei-, Unión Fenosa respondeu á loita dos movementos sociais con represalias contra a poboación, en ocasións mesmo deixando sen subministro eléctrico as comunidades que protestaron polas altas tarifas, a mala calidade do servizo e os cobros indebidos.

Pablo Ceto (URNG): "Un novo espolio colonial"
E mentres todo isto acontece, sinala o ex deputado indíxena Pablo Ceto, "o actual goberno pon cara de socialdemócrata fronte á comunidade internacional". "Trátase dun novo espolio colonial, neocolonial, neoliberal. Son as empresas multinacionais coa complicidade dos gobernos que están agora cometendo este espolio dos nosos recursos naturais a costa das vidas dos nosos líderes", di.


http://www.vieiros.com/nova/78378/novo-asasinato-en-guatemala-dun-activista-contrario-a-union-fenosa

2 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Vergonzonso caro Chainis!! A mim já me dá o mesmo o populismo de Chavez, todo o demais compensa-o com creces. Este mundo é dos ladróns sem escrúpulos que dis defender o mundo livre... livre da gente que nom pense coma eles. Lamentável! Teis que ler o artigo que colei sobre o capitalismo.

O'Chini said...

Redios caro Gon, hoje diches-lhe bem que nom che dou seguido o ritmo!!! Hehe... quedarom-me dous sem ler, e tenho pendiente o do capitalismo, pero como puxeches que igual era denso, espero para o imprimir e dar-lhe umha volta na cama antes de durmir...ngng...:) Já comentarei!