Ai vem Xynthia. O melhor será ficar na casinha, tomando umhas galhetas com colacao quentiiinhos e escoitando a chuiva e o vento pola fiestra.... Por aqui nom pegará tam forte, pero seguro que algo cae. Andade pola sombra, eh!?
sábado, 27 de fevereiro de 2010
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
13 Comments:
Desexade-me sorte... eu manhá vou trabalhar!! Vai ser gorda! Haverá que andar com pés de chumbo.
Ai ai!!! Eu já pensara em que os bombeiros iam ter um dia movido!! Sorte companheiro!!
Tam metendo muito medo pola tele e polos jornais. Tal vez é para curar-se em saude e que nom digam que nom avisarom, tal vez em verdade é peor que outras.... Já contarás.
PD:Trabalhades todos ou tocou-che?
Que a Cintia vos sexa leve, europeos!, eu lin que se trataba da "tormenta perfecta", e fíxome graza o termo. Seguro que na rede o explican, pero... que pereza tropical perfecta para buscar o significado. Abrazos sulamericanos!
Pois ten mala pinta a cousa... o de "tormenta perfecta" é unha chafallada das habituais dos medios de comunicación (penso eu)...
A cousa é que os modelos que predin estas cousas teñen moita incerteza para fenómenos coma estes que teñen uns ciclos de vida moi curtos.
O escenario máis probable (que o centro da borrasca cruce de Pontevedra a Ribadeo, aprox) deixará ventos de moito carallo (nalgúns puntos ata refachos de ventos furacanados), con certa probabilidade hai un escenario aínda peor, que é que a borrasca pase polo norte e non entre en terra (perde menos enerxía por rozamento, entre outras cousas) e aí os ventos poderían ser o armaggedon... o escenario máis favorábel para todo quisqui (pero pouco probábel a estas horas) é que o centro da borrasca tocase terra entre Lisboa e Porto... así deixaría de afondarse e non daría tantos problemas...
Con todo e aínda que pareza incríbel, a estas horas, co coñecemento actual das ciencias atmosféricas é case que imposíbel afinar exactamente que o que vai pasar finalmente...
Fagan as súas apostas!
Vaia! Pois obrigado a todos polos ánimos! Manha entro de reforço, seremos uns oito no parque, quando normalmente somos três. De novo obrigado caro Duarte polas tuas sabidas explicaçóns. Caro Poldo cure-se dessa pereça tropical. Saudos para todos!
Polo de agora esta todo bastante tranquiliño por aqui...xa vos direi pola tarde a ver que tal...
Ánimo Gon!!
Aquí o día esta tranquiliño, aínda que desexaría que o temporal entrase por Portugal para que chegase por Galiza sen folgos.
Coidadevos tod@s!!
Como veja por aqui o temporal malho-o a óstias! Com Galiza que nom se meta, cobarde!! Fistrorl!!! Harl!!!!!
Por aqui agora hai vento, sem chuiva... Como vai por ai? Cambio!!
PD: Poldansio!! Numha semana passo por São Paulo, caminho de Argentina ainda que nom creo que me dé tempo a sair do aeroporto...
Pois por aqui non pasou nada de nada, houbo sobre as 4-5 da tarde un par de rafagas de vento por onde eu vivo, pero nada que non pasara en dias anteriores. Parece que entraba polo sur e chegaría aqui sobre as 7 da tarde, son as 9 e todo moi tranquiliño...ata me vou ir tomar un café que xa estou farta de estar na casa :(
Pois cousa boa que nom passara nada por Compostela!!!
Em Vigo a cousa polo visto foi gorda. Morreu umha senhora. No norte de Portugal tamem bateu forte, e matou a um rapazinho de 9 anos ao caer-lhe umha arvore...
Seria boa umha grande dose de divulgaçom, como a que tam bem dá o companheiro Edu, para fazer comprender que a metereologia nom pode predizer os acontecementos coa exactitude que a gente imagina. Existe a sensaçom dum determinismo total quando um vé o tempo pola tele.
E se ao final nom passara nada em ningures, melhor falsa alarma, que alarma ningumha! Digo eu!!
Esperamos noticias do bombeiro. Cámbio e corto.
O bombeiro debe de estar choiando, que nin polo feisbuk se asomou...agardo que nada grave...
Pois aqui estou! Goder!! Desde as 16h até as 23h sem parar, e isso que eramos 8 no parque. De todo: árbores, telhados, fachadas, etc. Agora que já passou o temporal es reforços já podemos voltar para casa. Eu ainda estou no parque lambendo-me as feridas, em breve para casinha durmir. Saudos para todos e obrigado polos ánimos!
E eu que me estava perguntando agora mesmo por que em França os efeitos foram tam fortes, e vai e sae o senhor Edu falando da maré ciclónica...hehe:) Que bom ver-te companheiro!!!
Que é que é isso pois?
Post a Comment