sábado, 13 de fevereiro de 2010

Eu quedo parvo...

Eu quedo parvo, cando vexo un alcalde que se dí galego, manifestarse en contra da fusión de duas Caixas galegas e preferir a absorción por outra Caixa non galega.Quedo parvo cando vexo 10.000 galegos manifestarse na rúa contra o seu propio pobo.¿Tan manipulables somos?.Quedo parvo cando vexo que o Xacobeo non se promociona adecuadamente.¿Pero ninguén se da conta da importancia dun centro de peregrinación?,¿Que non hai cartos?, que llos quiten a Galiña azul, que cambiar cada cartel nada máis iniciar a lexislatura valeu 20.000 euros.Quedo parvo cando para promocionar o Xacobeo se chama a David Meca (non teño nada persoal contra él) mentras que David Cal(ouro olímpico galego) ten que ir a entrenar a Asturias.
Eu quedo parvo cando vexo un decreto do galego que non lle dá preferencia a lingua propia.Quedo parvo cando Baltar celebra o ascenso endogámico do seu fillo con unha efusividade tan pronunciada,¿Tantas gañas teñen de solucionar o paro en Galicia?
¿Ainda existen os caciques?, estou hasta arriba das boinas e dos birretes.Quedo parvo cando a Voz de Galicia tira pedras día si e día tamén contra a Cidade da cultura santiaguesa.¿Existen tantos localismos?.¿A donde vamos así?.¿A donde nos levan?.Eu quedo parvo...

2 Comments:

O'Chini said...

Nom forom 10.000, forom 300.000 (é dizer, TODO Vigo e mais concelhos vizinhos!) Que o dixo Caballero, hohoho...como se lhe foi a pinza...!! :P

Pois tens razom Pablo... A Ghalisia canibal é-che o que tem. O da cidade da Cultura foi umha cagada no seu momento, havia cousas mais importantes que fazer com toda esa porrada de milhons!!! Pero umha vez que está construida digo eu que haverá que dar-lhe um usso o mais rentável e digno possivel, claro!!! Que a vamos a deixar agora que se pudra!?

Os da Voz de Galicia, que ninguem se enganhe... hoje levantam a bandeira do antilocalismo porque lhes convem, pero som os mais localistas de Galicia. O seu protegido nom é nem mais nem menos que o P.Vazques, emabaixador em La Roma, de quem aprendem todos os localistas.

Antonte saiu Losada pedindo todas as sedes da futura fussom galega para A Corunha... menuda forma de tentar convencer...meu deus...nom sei que dixerom os da voz, pero suponho que nada...

Sobre o idioma e resto de cousas...ai....uma canto a ghalisia hei....

Gonzalo Amorin said...

Entom, caro Pablo, que aguardavas de estes especímenes? Algo diferente de todo o que nos espanta? Eu, sinceramente, nom! Som o peor do peor, uns acomplexados governando um povo acomplexado.