quinta-feira, 7 de julho de 2011

Poderia ser o começo de umha novela. Nom é?!

Rouban o Códice Calixtino, un libro de incalculable valor, da Catedral de Santiago
Expertos da policía investigan o caso, que provocou conmoción nos responsables da basílica


Pode ser o roubo do século. Un dos libros máis importantes do mundo acaba de desaparecer do Arquivo da Catedral. O Códice Calixtino, un documento históri­co de incalculable valor, foi roubado na basílica compostela­na. A Policía de toda España está xa advertida e busca desespera­damente ó autor ou autores deste roubo de alcance internacional.
A súa falta descubriuse o martes ás oito e media da tarde. Nese momento, responsables do Arquivo da Catedral informa­ronlle ó deán, José María Díaz, de que o Códice Calixtino non estaba no seu sitio habitual. Nese pri­mer momento de desconcerto todos se puxeron inmediatamen­te rebuscar no resto de ins­tancias, para ver se estaba noutro lugar. Ao redor das 22.00 horas, cando quedou confirmado que o valiosísimo texto non aparecía en ningún lugar, avisaron á Poli­cía, que inmediatamente se per­soou na Catedral.
Os axentes da Sección Cen­tífica estiveron tomando todo tipo de mostras e datos no lu­gar do roubo, buscando pegadas, revisando os discos duros das gravacións das cámaras de seguridade e rexistrando todo o lugar ata as doce da noite. Miráronse detidamente as entradas e saídas de persoas, con ditas cámaras, e onte pola mañá novamente os espe­cialistas da Policía Nacional re­gresaron á Catedral e pasaron varias horas analizando mil e uns datos sobre o terreo.
A conmoción era tremenda entre o restrinxidísimo círculo de persoas que coñecían o no­ticia. De feito, onte pola maña­na o propio deán reuniuse co Cabildo da Catedral e lles in­formou persoalmente do roubo, e fíxoo tamén co arcebispo, monseñor Julián Barrio.
Os especialistas cren que o autor ou autores do roubo son per­sonas que, evidentemente, saben o que vale esta xoia bibliográfica coñecida en todo o mundo. Sa­ben o valor que pode ter no mercado negro. Sospéitase, xa que logo, que debería tratarse dunha banda organizada que inclu­so podería actuar por encargo dalgún coleccionista caprichoso e sen ningún tipo de escrúpulos.
En todo caso, a preocupación no Cabildo e no Arcebispado é tremenda, como pode ima­xinarse, e todos eles están deas­concertados e afundidos pola perda do Códice Calixtino.

A primeira pregunta que xorde tras coñecerse o roubo fai referencia ás medidas de seguridade que tiña un libro desta importan­cia. Fontes del Cabildo apuntan que o roubo puido producirse o domingo por la tarde. A realidade é que nos últimos anos, desde que José María Díaz é deán da Catedral, melloraron sensi­blemente estes sistemas de segu­ridade. De feito, considerábanse idóneos para protexer un docu­mento deste tipo. Sen embargo é certo que non están ó nivel do que un pode atoparse nun gran banco ou nunha xoiería de alta seguridade. O orixinal en­contrábase no Arquivo da Ca­tedral, nunha cámara blindada, mentres que existe ademais unha réplica exacta, coa que traba­jan todos os especialistas acre­ditados para tal fin, que tamén poden ver os visitantes do Mu­seo da Catedral.
Na zona do Arquivo onde estaba gardado existe un siste­ma de alarmas e contraincendios, instalado todo iso na etapa do actual deán. Pero a realidade é que non rexistra todos os move­mentos nas distintas estan­zas. Ademais, hai cinco cámaras de seguridade situadas noutras tantas esquinas, pero ningunha delas, lamentablemente, enfo­caban ó propio Códice Calixtino. As investigacións exten­déronse xa por toda España.

5 Comments:

Marta said...

Pois escoitei hoxe a noticia e a verdade é o primeiro que pensei é que igual tiña que ser un roubo dende dentro. A cámara acorazada como se abriu? Non estaba reventada senon daríanse conta antes de que houbo un roubo, vamos foron uns megasuperprofesionais!!! Descifrar claves, pasar desapercibidos...etc, etc. De pelicula!!! A ver se se saben mais datos...

O'Chini said...

Eramos poucos e pariu a avôa. A mim isto parece-me gravisimo. Seguramente o Feijo da P. popular até o celebra.

Por certo, como é possivel que um dos maiores tesouros da cultura galega nom se puidera visitar? Convinha te-lo no esquecemento popular, ao igual que os reis galegos que tamem repousam na catedral? Feijos da P!!!!!!!!!

Marta said...

Xa sei que é grave pero por un lado parece de coña. Parece ser que o Dean que esta ao cargo do arquivo e da ditosa camara acorazada ten de 80 anos para arriba, ata se baralla que unha das copias das chaves quedou colgada da cerradura, juas, juas...Con semellantes chochos ao cargo dunha reliquia que se espera? :P E seguindo co ton humorístico ata propoño un cadaver exquisito para o que queira escribir un microrelato de como puido acontecer semellante cousa. ;P

π said...

A verdade é que o feito préstase a multitude de teorías conspiranoicas: 5 cámaras de vixiancia que apuntan a 'ningures', unha caixa forte de fai máis de 80 anos ca chave posta... Alguén 'de dentro' se fixo de ouro. O que está claro é que foi un roubo por encargo, 'untaron' a alguén de dentro, entraron, roubaron e sairon a pracer.

O'Chini said...

Hehehe!! Me da a mim que se untaram a um dos tres eses que se passavam as chaves nom fazia falta tirar moi alto.

Hoje vinha no Xornal.com umha anécdota do tipo que fixo o faxsimil (um fotógrafo), conta como foi deixado SÓ na cámara fazendo o trabalho... e logo de terminar tivo que ir buscando aos das chaves polas diferentes estáncias da catedral, chamando aqui ou alá... Ou de como um historiador hai 40 anos fixera anotacions A BOLI!! no codice, ou pegava as follas com celo!!! Ai ai ai...

Ghalisia canibal!!!!!!