segunda-feira, 11 de julho de 2011

Noticia impactante (Fake)

Antes de nada vouvos por en antecedentes:

www.elmundotoday.com é un portal de noticias falsas extremadamente orixinais e totalmente irrisorias que está capitaneado dende Catalunya. É máis ca probable que o nome do portal sexa un intento de escarnio cara ó diario El Mundo, tamén coñecido polo seu afán cómico con noticias-'fakes' tales coma a orixe etarra dos atentados do 11-M en Madrid e outras pamplinas de semellante calibre.


Pois ben, despois da lectura duns cantos artigos de ElMundoToday durante a cal non puiden evitar, como mínimo, esbozar un leve sorriso (recomendo tamén a 'noticia' "Una discusión sobre Dostoievski enfrenta a dos bandas de Latin Kings"), procedo a traducir libremente a 'Noticia' que máis me fixo rir de todas as que lin. E cando digo que me fixo rir quero dicir que ría tanto que empecei a toser, chorar, non daba tomado alento e ata pensei que me ía dar algo antes de poder rematar a lectura. Ben, ahí o vai:

"Levaba 40 anos usando mal o bidé"

Antonio Luján asegura sentirse vítima dunha deficiente educación e tamén do egoísmo e individualismo humanos. De profesión pedagogo, descubreu por casualidade "vendo un vídeo no YouTube" que o bidé se soe usar pra limpa-los xenitais, o cu e, de vez en cando, os pés. "Levaba 40 anos usando o bidé pra lava-la cara diariamente... 40 malditos anos!!. Miña muller sabíao, tíñame visto facelo, e calou... Calou pra non violentarme. Por suposto, ela usábao correctamente", laméntase.

Según o señor Luján, o caso trascende a simple anécdota.
"Obviamente, o do bidé é só un síntoma, unha proba de que non me podo fiar nin sequera da miña propia familia!. Se miña muller e os meus cinco fillos calaron ante esta barbarie cotiá, deixando que lavase a cara onde antes eles puxeron os seus xenitais, significa que me atopo totalmente só neste mundo", argumentou desconsolado e desolado o entrevistado.

Antonio acaba de face-las maletas. "Preciso estar un tempo só. Pasarei uns días nunha pensión... Sen bidé, por suposto!!... Non o podería aturar", confesou. A súa familia non entende a súa reacción. Consideran que Antonio está exaxerando ante un simple malentendido. "Pensándoo ben sei que hai moitas outras cousas que deberían compensarme. Son consciente de que hai afecto e respeto na miña casa, pero a nivel emocional síntome coma se os meus seres queridos me tivesen estado refregando por toda a cara as súas partes pudendas. O silencio é complicidade. Se deixas que teu pai meta a cara onde ti méte-lo carallo... ¿Ónde remata a persoa e onde empeza o animal?".

"A experiencia que vivín fíxome ver que non estamos a educar ben ós nenos no tocante á hixiene íntima", recoñece Luján. "Eu asociaba o lavamáns ás mans, o inodoro ás partes íntimas e o bidé á cara. E non me parecía unha tolada tal asociación, pero... Estaba errado. E o pedagogo que levo dentro está especialmente doído ó non me dar conta dalgo tan básico", explica.

A pesares de todo, négase a caer no resentimento. "Afástome coma un animal ferido pra repoñerme. Volverei cos meus cando poida volver miralos á cara, esa mesma cara na que eles, dalgún xeito, se estiveron mexando e cagando durante catro décadas". Di ísto ó mesmo tempo que, usando o garfo, tenta rematar a sopiña de caldo que lle serviron no restaurante onde nos citamos. Move o seu braciño moi rápido, o probe do home, tentando que o líquido chegue á súa boca sen perderse polo camiño e, cando se cansa, come migallas que extrae dun boliño de pan ca culler, coma se estivese a comer un xeado. Aturdido ante o espectáculo, míro ó home con tenrura sen atreverme a dicir nada.

1 Comment:

O'Chini said...

Que bom. O mundo today é brutal. De vez em cando sacam cada umha que é para mexar-se.