quarta-feira, 6 de julho de 2011

Desmontando MeteoGalicia

A historia comeza fai uns meses cando se comezan a oir rumores dos recortes na Xunta e todo eso. Díxosenos desde a Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental (da que depende MeteoGalicia) que nos, en principio, non nos íamos ver afectados e cal é a sorpresa cando a semana pasada botan a 41 persoas desa Secretaría Xeral e das cales 5 son persoal de MeteoGalicia.

http://chuza.gl/story/desmontando-meteogalicia

http://oburatodotesouro.blogaliza.org/?p=956

8 Comments:

Edu P. said...

E, como saberedes xa algún de vós, eu fun un dos despedidos...
A historia é triste de carallo, resulta que nos botan para aforrar, pero resulta que coas persoas que botaron se aforran arredor duns 250.000 euros ao ano, e... atención redobre de tamboril.... por ser un chiringuito con TRAGSA os contribuintes galegos pagámoslle a TRAGSA en beneficios e IVE uns 700.000€ ao ano

É dicir, se en lugar de estar contratado o servizo a través de TRAGSA o pagase directamente a Xunta sen intermediarios se aforraría case o triplo do que aforran botándonos...

Unha tristeza máis, pero xa o comentamos nalgures, estes viñeron coa brigada de demolición e acaban con todo o que leve o nome do país...

Gonzalo Amorin said...

Bem sei da merda das privatizaçóns! Pagar favores, pagar o finanzamento das campanhas com os quartos públicos, dar um serviço de merda (nós os bombeiros)... e que mais dá? Votemos PP. A gente está atrofiada!! Ou é mui filha de ... ou chucharom-lhe-los sesos.

Sinto-o muito caro Duarte!!

Que imos fazer os que nos decatamos, imos deixar que sito siga assim, eu...

Calo!

O'Chini said...

Eu ando flipando com todo isto. Como o Edu anda desaparesio e nos tem a pam e água, (nom sei polo feisbuq), pensava que o seu retiro da TVG era temporal e nom me imaginava este percal

Que cabronazos, que cabronazos. O Feijo de P. popular ese está a desmantelar o pouco pais que tinhamos.

Eu digo que chegou o tempo de actuar. Militar, juntar-se com outros.... Numha associaçom de tal ou qual, num partido, no que seja. Pero já nom chega com ficar sozinho na casa cagando-se em tudo e votando cada 4 anos, frustraçom tras frustraçom. Assi nom imos a ningures.

Hái que loitar inteligentemente, sumando forças.... Hái que militar no que seja, pero haí que fazer algo!! Fazer!!!

Marta said...

É indignante si, pero Gonzalo, para, que vexo as túas intencións bárbaras:P. Inda que a veces dan ganas de "tomar a Bastilla", se non é co apoio da maioría, quedamos como 4 radicais...

O'Chini said...

Edu denunciou. Bem feito!
http://galiciaconfidencial.com/nova/8169.html

Gonzalo Amorin said...

Caro Duarte, estas fazendo o que teis que fazer!! Oxalá contes com muitos apoios. A minha mais sincera noraboa!! Ánimo!!!

O'Chini said...

Segue: http://www.xornal.com/artigo/2011/07/07/galicia/xunta-despide-do-persoal-meteogalicia-teme-mais-recortes/2011070723264601667.html

Por certo, nom vim nada na Coz...

π said...

A forma máis dramática ca que a administración (Xunta) se daría conta do grandísimo e gravísimo erro que está a cometer sería o fallo no sistema de alerta temperá meteorolóxica (temporais, mal estado do mar, ventos,...). Agardemos que Mr. Feijoó non teña que ver mortes provocadas polo devandito fallo para restituir o servizo ó seu completo e eficiente funcionamento.